Subvenciones Xunta 2019

  • Secretaría xeral da Igualdade
    • Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2018 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e os requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras. Debe tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
  • Instituto Galego da Vivenda e Solo (VI400A)
    • As persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan determinados requisitos.
  • Instituto Galego de Vivenda e Solo (VI408H)
    • No ámbito da área de rehabilitación e renovación urbana (ARI) dos Camiños de Santiago, poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria: a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. b) As agrupacións de persoas propietarias. c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións desta convocatoria: – As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito. – As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
  • Instituto Galego de Vivienda e Solo (VI482C)
    • Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as vítimas de violencia de xénero, segundo o previsto no artigo 2 das bases reguladoras, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das citadas bases.
  • Dirección Xeral de Comercio e Consumo (CO300D)
    • As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que cumpran  os  requisitos da Orde.
  • Dirección Xeral de Enerxía e Minas (IN315A)
    • Entidades sen ánimo de lucro cuxo obxecto ou actividades estean relacionadas coa minaría. As ditas entidades non deberán exercer unha actividade económica ofrecendo bens ou servizos nun mercado determinado, salvo que dispoñan de contabilidade separada para as actividades económicas e as subvencionadas. En todo caso, serán admitidas como entidades sen ánimo de lucro as universidades, con ensinanzas universitarias e/ou apoio á investigación en ámbitos do coñecemento relacionados coa minaría, e os colexios profesionais dos enxeñeiros de minas, enxeñeiros técnicos de minas e xeólogos. As persoas beneficiarias deberán desenvolver actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Dirección Xeral de Enerxía e Minas (TR341Q)
    • As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria. 2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos: a) Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses. b) Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración realizada. c) Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada inferior a 30.000 euros. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF.
  • Axencia de Turismo de Galicia
    • Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2019/20.
  • Fondo galego de garantía Agraria
    • Poderán solicitar a axuda as persoas físicas ou xurídicas que exerzan a actividade de produción e/ou comercialización dos produtos subvencionables sinalados no anexo I da resolución, cuxas empresas ou establecementos estean dados de alta no correspondente rexistro sanitario oficial, Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (RXSEAA) ou Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos (Regasa), que figuren na listaxe do FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria) de participantes aceptados para distribuíren froita e leite escolar, curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia, e que reúnan os requisitos establecidos na resolución.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *