Sae a licitación a construción dunha senda peonil en Peiro, demanda histórica da veciñanza

A veciñanza de Peiro disporá nos vindeiros meses dunha senda peonil na estrada principal do núcleo, a DP-3109. Trátase dunha demanda histórica dos residentes para mellorar a súa seguridade viaria.

A actuación foi concretada entre a Deputación Provincial da Coruña, titular da vía, atendendo á petición formulada polo Concello de Culleredo. Suporá un investimento de 291.695,03 euros.

O proxecto consistirá na execución dunha senda peonil de formigón entre os PK 6+850 e 7+650 da DP-3109, en ambas marxes da vía provincial, e nas entradas a garaxes e terreos o pavimento substituirase por elementos de adoquín. Tamén está prevista a instalación da sinalización vertical e horizontal, así como das proteccións necesarias.

O Concello amósase disposto a asumir a titularidade deste tramo da vía unha vez finalizados os traballos. Trátase dun treito residencial na meirande parte, polo que o Concello podería adaptar o mantemento a esa realidade.

http://www.culleredo.es/node/7201

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *