PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO NACIONAL OU INTERNACIONAL DURANTE O ANO 2021

Base 1. Liñas xerais

A Deputación da Coruña, no marco das súas competencias, destina importantes recursos á promoción da actividade deportiva na provincia. Con esta convocatoria de subvencións, a área de Deportes da Deputación pretende apoiar a importante actividade de promoción deportiva realizada polos clubs e entidades federadas no ámbito das competicións nacionais e internacionais.

Polo que se refire ao tipo de tramitación, as subvencións da presente convocatoria tramitaranse de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

A tramitación telemática aplicaráselle a todas as fases do procedemento (solicitude, concesión e xustificación) e incluiranse en cada unha delas as notificacións e as comunicacións, os requirimentos de información e documentación e máis os envíos de documentación que fosen necesarios para tramitar os expedientes.

Conforme co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas notificaránselle ás entidades interesadas as resolucións e actos administrativos que lle afecten os seus dereitos e intereses.

A resolución da solicitude de subvención, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, notificarase mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Deputación, á cal se remitirá o texto publicado no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo do cumprimento da normativa vixente en materia de notificacións administrativas.

Base 2. Réxime xurídico

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación da Coruña do 1 de febreiro de 2019, BOP 72, do 15 de abril de 2019.

Regulamento orgánico e Bases de execución do orzamento de 2021 da Deputación da Coruña.

Ordenanza xeral de administración electrónica da Deputación da Coruña do 6 de novembro do 2015, BOP 56 do 23 de marzo de 2016

Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña do 15 de setembro de 2017 , BOP núm.186 do 29 de setembro de 2017.

Base 3. Obxecto

3.1. Obxecto específico do programa FO103C/2021

Este programa vai dirixido aos clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista (no caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2021 (aínda que algún dos outros equipos ou deportistas do club participen en competicións oficiais federadas de ámbito inferior a nacional).

O obxecto deste programa é financiar exclusivamente os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional.

Sólo poderá solicitarse subvención por unha modalidade deportiva e categoría das incluídas no ANEXO deste programa.

A realización do programa de actividades para a que se concede a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade, así como as obrigas fiscais e de Seguridade Social que delas se deriven.

As actividades obxecto deste programa deben realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

3.2. Gastos subvencionables neste programa:

CONTADESCRICIÓN DA CONTA, SEGUNDO O PXCPENL (*)
602Compras doutros aprovisionamentos. Material COVID-19 (máscaras, xel hidroalcohólico, termómetros, probas para a detección)
621Arrendamentos e canons (arrendamento de vehículos, instalacións deportivas e material deportivo)
623Servizos profesionais independentes – contratacións externas (fisioterapeuta, médicos, lavandería, seguridade, probas para detección COVID-19)
624Transportes (utilización de medios de transporte regular para o desenvolvemento da actividade)
625Primas seguros (seguros deportivos e outros relacionados coa actividade deportiva)
629Outros servizos: só aloxamento para o desenvolvemento da actividade
640Soldos e salarios (técnico deportivo, adestrador, fisioterapeuta, preparador físico, monitor deportivo, xestor deportivo)
642Seguridade Social por conta da entidade (técnico deportivo, adestrador, fisioterapeuta, preparador físico, monitor deportivo, xestor deportivo)
649Outros gastos sociais (mutuas)
652Dereitos da arbitraxe
655Cotas a entidades deportivas (licenzas federación)
656Gastos de participación en competicións deportivas federadas (inscricións)

* Resolución do 26/03/2013, do Plan de contabilidade de pequenas e medianas entidades sen fins lucrativos.

Respecto dos gastos de transporte e de aloxamento, terán que estar directamente vinculados coa realización das actividades subvencionadas. Deberá acreditarse esta vinculación na memoria da actividade no trámite da xustificación.

3.3. Gastos excluídos (non subvencionables) neste programa:

– Os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico.

– Os gastos derivados doutras actividades realizadas polo club.

– Os gastos de persoal correspondentes aos xogadores do club.

– Os gastos derivados de viaxes de ocio.

– Os gastos financeiros.

– Os gastos derivados das atencións protocolarias (atencións persoais, comidas protocolarias, gastos en galas ou celebracións).

– Os gastos suntuarios.

3.4. Operacións vinculadas.

No caso de que o solicitante concerte a execución total ou parcial da actividade obxecto da subvención con persoas físicas ou xurídicas vinculadas á entidade, segundo o disposto no artigo 29.7.d) da Lei xeral de subvencións, no momento da solicitude deberá presentar solicitude de autorización e o concepto de gasto será o de Servizos profesionais independentes.

A solicitude de autorización tamén poderá presentarse na fase de alegacións á concesión provisional da subvención.

Considérase que existe vinculación coas persoas físicas e xurídicas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 68.2 do RD 887/2006 polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

Para contratar a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, deben cumprirse os seguintes requisitos:

1. Que se obteña a previa autorización expresa da Deputación.

2. Que o importe subvencionable non exceda do custo incorrido pola entidade vinculada. A acreditación do custo realizarase na xustificación nos mesmos termos establecidos para a acreditación dos gastos do beneficiario.

3. Que a contratación de actividades e servizos con persoas vinculadas non supere o límite máximo do 50 por cen do importe da actividade subvencionada, sumando os importes de todos os contratos con persoas vinculadas.

Base 4. Compatibilidades e exclusións

As subvencións deste programa son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Tamén son compatibles co programa desta Deputación FO103D do presente ano, como excepción ao establecido na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña na que se establece que so poderá concederse unha subvención anual por entidade, (artigo 5.4).

Exclusións específicas do programa FO103C/2021

Non serán subvencionables neste programa:

As actividades culturais, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

As actividades de fomento da actividade física e do deporte, que poidan ser obxecto de subvención a través do programa FO103A/2021.

As actividades de participación en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial, ou autonómico que poidan ser obxecto de subvención a través do programa FO103B/2021.

As actividades ou os gastos incluídos nos grandes eventos deportivos singulares, que poidan ser obxecto de subvención a través do programa FO103D/2021.

Base 5. Entidades solicitantes

Poderán participar nesta convocatoria os clubs deportivos sen fins de lucro, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia da Coruña que cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.

Deberán ter equipos ou deportistas (no caso de deportes individuais) en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional, durante o ano 2021.

Excepcionalmente, os clubs que conten con 5 ou menos deportistas individuais que no ano 2021 compitan a nivel nacional ou internacional, poderán optar por participar nesta convocatoria (incluíndo solo os gastos dos deportistas que compitan no ámbito nacional ou internacional) ou na convocatoria FO103B/2021 (incluíndo solo os gastos dos deportistas que compitan no ámbito inferior a nacional). Deben optar por unha destas convocatorias.

Deberán estar inscritos no Rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia.

Entidades excluídas:

· Persoas ou entidades que foran sancionadas ou condenadas por resolución administrativa ou sentenza firme pola comisión de condutas discriminatorias nos termos dispostos na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, así como no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aprobou o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

· Persoas ou entidades que utilicen na súa actividade linguaxe sexista ou empreguen a imaxe da muller como reclamo ou connotacións de tipo sexual ou denigrante segundo o disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro

Base 6. Requisitos e obrigas das entidades solicitantes

6.1.- Tendo en conta que a tramitación será telemática a entidade deberá dispoñer dun único enderezo de correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as comunicacións.

Excepcionalmente, e de xeito xustificado, poderá modificar este enderezo inicial, sempre e cando lle notifique a circunstancia pertinente á Deputación.

Deberán dispoñer de certificado dixital:

· Quen ocupe a presidencia da entidade ou quen teña delegadas as súas funcións

· Quen ocupe a secretaría da entidade

· Quen exerza as funcións financeiras ou de tesourería

6.2.- Tratándose de asociacións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, reguladora do dereito á asociación, deberán contar cun mínimo de 25 membros.

6.3.- Non estaren incursas nas causas de incompatibilidade ou de incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren as subvencións da administración pública dispostas no art. 13 da LXS.

6.4.- Estaren ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Deputación e coa Tesourería da Seguridade Social.

6.5.- Faceren constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática, de redes sociais ou audiovisual) que fixeran das actividades ou investimentos subvencionados, tamén na súa páxina web.

Calquera comunicación ou publicación das accións desenvolvidas ou calquera información ou materiais de promoción (coma folletos, carteis ou presentacións en formato electrónico) deberán incluír o logotipo da Deputación en lugar que destaque adecuadamente. O anagrama da deputación da Coruña, deberá ter as seguintes características: cor PANTONE 2757C C:100 M:81 Y:00 K:51, e Tipografía aller Regular Bold, Light.

6.6.- Incorporar, con carácter xeral, a transversalidade de xénero a través do emprego dunha linguaxe non sexista e inclusiva, elaborar materiais que fomenten a igualdade, tratar as imaxes con valores de igualdade, presenza equilibrada, diversidade, pluralidade de roles e identidades de xénero.

6.7.- No caso de que algunha das actividades que execute a entidade solicitante implique o contacto habitual con menores, deberá comprobar que o persoal ao seu cargo non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade co disposto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil.

6.8 Utilizaren, con carácter xeral, formas de pagamento a terceiros/as que poidan acreditar mediante documento expedido por unha entidade financeira (transferencia bancaria, tarxeta de crédito, tarxeta de débito, cheque ou talón nominativo, etc) no que quede identificada a persoa ou entidade beneficiaria, o importe e a data de pagamento. Só excepcionalmente poderá utilizarse o pagamento en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa (peaxe de autoestrada, tícket de aparcadoiro etc).

O incumprimento desta disposición, para algún gasto, implicará que este gasto se considere “non subvencionable”, de conformidade cos art. 72.2, 75.2 e 89 do RDLXS e en relación cos art. 31.2 e 37 da LXS, sempre que o dito gasto supere o importe de 150 €.

6.9.- A entidade beneficiaria da subvención provincial deberá pagar os seus gastos xustificativos antes de que transcorra un mes contado a partir da percepción da subvención. No caso contrario, o dito gasto considerarase como non válido para efectos de xustificación da subvención.

6.10.- Someterse, na súa condición de quen subscribe a conta, aos procedementos de control que poidan realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo. Como resultado dos ditos procedementos poderáselles esixir responsabilidade administrativa, consonte co disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e, no seu caso, responsabilidade penal, de conformidade co Código penal.

6.11.- Cumprir os requisitos e as obrigas sinaladas no artigo 5 e 6 da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias

Ademais dos requisitos e obrigas de carácter xeral indicadas, as entidades solicitantes de subvención neste programa terán as seguintes :

6.12.- Poñer o anagrama da Deputación no fondo das roldas de prensa que sexan celebradas pola entidade.

Cando se xogue como local, deberán colocar no seu campo de xogo:

1. Dúas lonas/valos dun mínimo de 3x1m, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación, durante a realización da competición deportiva/actividade, e nun lugar preferente, facendo constar ao seu carón o texto: “Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña”

2. A lo menos un Fly banner cun mínimo de 2,00m, durante a realización do evento, e nun lugar preferente, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación.

3. O anagrama da Deputación nos videomarcadores, no caso de que existan.

O anagrama da deputación da Coruña, deberá ter as seguintes características: cor PANTONE 2757C C:100 M:81 Y:00 K:51, e Tipografía aller Regular Bold, Light.

No caso de que o cor de fondo sexa oscuro (roupa, lonas, etc), a cor de anagrama será branco

– Se o importe da subvención concedida supera os 3.000,00€, terán a obriga de rotular a roupa coa que participan ou asisten á competición nun lugar visible e cunha medida mínima de 12x7cm.

– Se o importe da subvención concedida é de 60.000,00€ ou superior, terán a obriga de entregar á Deputación 50 entradas para cada partido que se celebre no seu campo de xogo (tribuna, ou grada social, ou maratón).

Base 7. Solicitude

7.1 Prazo e presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL)

A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros

Os prazos de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

7.2 Documentación das solicitudes: A documentación da solicitude de subvención deberá vir asinada do seguinte xeito:

No caso das certificacións, pola secretaría co visto e prace da presidencia ou persoa na que delegue.

No caso das declaracións, compromisos e outra documentación, pola presidencia ou persoa que represente a entidade

A documentación que se ha presentar é a seguinte:

7.2.1.- Certificación do acordo de solicitude e do nomeamento da persoa representante para a relación coa Deputación

7.2.2.- Acreditación da delegación da Presidencia ou persoa en quen delegue na que se especifique o alcance desta delegación.

7.2.3.- Declaración de estar legalmente constituída antes de presentar a solicitude, de dispor de estatutos debidamente inscritos no rexistro público correspondente e adaptados á lexislación vixente.

7.2.4.-Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigas e ordenar o pagamento.

7.2.5.- Declaración de non estaren incursas a persoa representante e a entidade nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren subvencións das administracións públicas, segundo o disposto na lexislación de carácter xeral.

7.2.6.- Solicitude de autorización, se procede, en caso de que a persoa solicitante concerte a execución total ou parcial da actividade ou proxecto subvencionado con persoas físicas ou xurídicas vinculadas á entidade.

No caso de que se solicite dita autorización, deberán cumprirse os requisitos establecidos no artigo 29.7.d da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e art. 68 do Regulamento, RD 887/06, do 21 de xullo). Tamén deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

7.2.7.- No caso de que algunha das actividades que execute a entidade solicitante implique o contacto habitual con menores de idade, certificación de que comprobou que o persoal ao seu cargo non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como trata de seres humanos. Igualmente, para o persoal que se incorpore con posterioridade ás actividades subvencionadas, compromiso de facer a comprobación a que se refire este apartado.

Ademais da documentación de carácter xeral indicada, as entidades solicitantes neste programa terán que achegar a seguinte:

· Memoria explicativa da actividade prevista para o ano 2021. O dito documento conterá, como mínimo, os aspectos que deseguido se expoñen:

– Estrutura social do club (órganos de goberno,e número de socios).

– Obxecto da subvención.

– Descrición da competición para a que solicita subvención, especificando as datas e lugares das probas ou partidos e número de participantes.

· Certificación expedida pola federación correspondente, na que consten os seguintes datos do club, referidos ao ano 2021: nº de equipos ou deportistas no caso de deportes individuais en cada ámbito de competición (nacional ou internacional) e a existencia de categorías inferiores.

É obrigatorio utilizar a plantilla de certificado da Deputación dispoñible na plataforma Subtel ou, en caso contrario, o certificado deberá conter todos os datos que figuran na dita plantilla. Non se admitirán as solicitudes que non acheguen a certificación con todos os datos da plantilla da Deputación.

· Declaración do nº de inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos subvencionable.

· Declaración doutras subvencións ou ingresos públicos ou privados solicitados e/ou obtidos para o mesmo obxecto.

· Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

A entidade deberá completar todos os apartados das plantillas da memoria ou dossier, para posibilitar a adecuada valoración das solicitudes. Non se valorarán aqueles aspectos non acreditados ou informados debidamente pola entidade solicitante.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

No caso de que a documentación fose incorrecta ou insuficiente, daráselle un prazo de 10 días para a súa emenda. Pasado este prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento.

Serán rexeitadas automaticamente as solicitudes que conteñan documentos electrónicos que incorporen código malicioso ou dispositivo susceptible de afectar a integridade ou seguridade do sistema, omitan documentos esixidos, non cubran nos cuestionarios telemáticos os campos requiridos como obrigatorios ou cando conteñan incongruencias ou omisións que impidan o seu tratamento.

Base 8. Resolución

A Deputación contribuirá cun importe igual por entidade, segundo a modalidade deportiva e a categoría dos equipos integrantes dos clubs da entidade, de acordo co sinalado no ANEXO deste programa, no que figuran os importes máximos das subvencións que se han solicitar e conceder, que corresponden ao 80% do orzamento de gastos subvencionable.

No caso de que o crédito existente na aplicación orzamentaria destinado á presente convocatoria sexa insuficiente para atender a todas as solicitudes presentadas, estes importes máximos reduciranse proporcionalmente en función das solicitudes presentadas e o crédito dispoñible.

Asemade no caso de que a entidade non acredite a existencia de categorías inferiores, procederase ademais a unha reducción dun 15% no importe que se ha conceder; os créditos resultantes desta reducción repartiranse entre o resto de entidades que si acrediten a existencia das ditas categorías, co límite da cantidade máxima por modalidade deportiva.

Reformulación de solicitudes: Cando o importe da subvención concedida sexa inferior ao importe solicitado, entenderase automaticamente reformulada a solicitude de subvención.

Cambios de obxecto:

Neste programa de subvencións non se admitirán cambios de obxecto.

Base 9. Xustificación e pagamento

9.1.- Prazo de xustificación.

A xustificación poderá presentarse a partir do día seguinte á publicación da resolución de concesión definitiva das subvencións no BOP. O prazo para a xustificación das subvencións rematará o día 31 de marzo de 2022, ás 14:00 horas.

9.2.- Consideracións xerais.

As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos; serán gastos subvencionables os que resulten imputables contablemente a algún dos conceptos fixados no orzamento tomado en consideración no acto da concesión da subvención.

9.2.1.- A cantidade para xustificar será o importe da subvención concedida dividido entre o coeficiente de financiamento fixado na resolución de concesión

No caso de ter outras subvencións, ingresos públicos ou privados para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa subvención da Deputación da Coruña, teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o orzamento subvencionado para xustificar será a suma das subvencións e ingresos.

9.2.2.- O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da actividade ou investimento desenvolvido pola entidade beneficiaria.

9.2.3.- Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

9.3 Documentación xustificativa

A documentación xustificativa deberá vir asinada do seguinte xeito:

– No caso das certificacións, pola secretaría co visto e prace da presidencia ou persoa na que delegue.

– No caso das declaracións, compromisos e outra documentación, pola presidencia ou persoa que represente a entidade

– Nos caso das certificacións de gastos e ingresos, pola presidencia e pola persoa que exerza as funcións financeiras ou de tesourería

A documentación que se ha presentar é a seguinte:

9.3.1.- Memoria xustificativa da realización da actividade subvencionada e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: actividades desenvoltas; temporalización; cuantificación e perfil dos participantes; resultados obtidos.

9.3.2.- Certificación dos gastos realizados. Este documento deberá asinalo conxuntamente a persoa que exerza as funcións financeiras ou de tesourería e a persoa que exerza a representación legal da entidade respectiva.

9.3.3.- No suposto de que a subvención se xustifique con gastos de persoal, indicarase na relación de gastos para cada traballador/a e mes, o importe bruto da nómina e o importe da seguridade social con cargo á entidade.

Neste caso, a entidade deberá achegar a correspondente autorización individual asinada por cada traballador/a con salario subvencionado, para a cesión á Deputación da Coruña dos datos persoais relacionados co seu contrato de traballo.

9.3.4.- Relación detallada de todos os ingresos concedidos por outras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto, con indicación do seu importe e procedencia, así como dos ingresos propios afectados á actividade subvencionada, ou, pola contra, declaración de non ter outros ingresos públicos ou privados para o mesmo obxecto. Este documento deberá asinalo conxuntamente a persoa que exerza as funcións de tesourería e a persoa que exerza a representación legal da entidade respectiva.

9.3.5.- Unha declaración do cumprimento da obriga de facer constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática ou audiovisual) e na páxina web, que fixera das actividades subvencionadas.

9.3.6.- Declaración de non ter pendente de xustificación ningunha cantidade anticipada da Deputación na que xa rematara o prazo para a presentación dos xustificantes.

9.3.7.- A entidade indicará se está ou non exenta do IVE e se está suxeita á regra de rateo a porcentaxe deducible, xa que só poderá terse en conta o cargo co dito imposto cando sexa soportado pola entidade e na porcentaxe que non fora deducible.

Ademais da documentación de carácter xeral indicada, as entidades solicitantes neste programa terán que achegar a seguinte:

9.3.8.- Acreditación do cumprimento de:

– Poñer o anagrama da Deputación no fondo das roldas de prensa que sexan celebradas pola entidade.

– Cando se xogue como local, colocar no seu campo de xogo:

1. Dúas lonas/valos dun mínimo de 3x1m, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación, durante a realización da competición deportiva/actividade, e nun lugar preferente, facendo constar ao seu carón o texto: “Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña”

2. A lo menos un Fly banner dun mínimo de 2,00m, durante a realización do evento, e nun lugar preferente, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación.

3. O anagrama da Deputación nos videomarcadores, no caso de que existan.

Se o importe da subvención concedida supera os 3.000,00€, terán a obriga de rotular a roupa coa que participan ou asisten á competición nun lugar visible e cunha medida mínima de 12x7cm.

Se o importe da subvención concedida é de 60.000,00€ ou superior, ademais:

• Facturas ou documentos equivalentes incluídos na relación clasificada de gastos.

• Xustificación da entrega na Deputación de 50 entradas para cada partido que se celebre no seu campo de xogo (tribuna, ou grada social, ou maratón)

9.4.- Tramitación da xustificación.

Para os efectos de xustificar os gastos e coa finalidade de exceptuar o art. 31.2 da Lei xeral de subvencións, entenderase que o gasto está realizado coa achega da documentación sinalada no apartado anterior.

Á vista da documentación xustificativa presentada e logo dos informes previos da unidade xestora despois da súa fiscalización, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades subvencionados e, se a documentación é correcta, procederase ao pagamento da subvención.

Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención terase en conta o seguinte:

· No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado para xustificar, aboarase a totalidade da subvención.

· No caso de que se xustifique gasto inferior ao 100% e, polo menos, do 50% do orzamento subvencionado para xustificar, aboarase a parte proporcional da subvención.

· No caso de que se xustifique gasto inferior ao 50% do orzamento subvencionado para xustificar, non se considerará cumprida a finalidade básica da subvención, polo que non se aboará cantidade ningunha.

No caso de que o equipo/deportista individual cambie de ámbito no ano natural en curso, poderanse ter en conta os gastos estructurais necesarios para continuar coa competición. Non se terán en conta a estos efectos, os gastos comprendidos nos seguintes conceptos contables: 624, 629, 649, 652, 655, 656.

No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de 10 días para a súa emenda; pasado o dito prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento, ditándose resolución de perda do dereito ao cobro.

A Deputación da Coruña poderá requirir da entidade beneficiaria a documentación que estime pertinente para os efectos de comprobar o cumprimento da finalidade da subvención.

No caso de non atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que teña xustificado o cumprimento das condicións da subvención, advertirase á entidade beneficiaria de que non se procederá ao pagamento se no prazo dun mes non xustifica ter regularizada a súa situación tributaria ou social, e declararase a perda do dereito á subvención outorgada.

9.5.- Prazo de pagamento.- O pagamento terá que realizarse no prazo máximo de dous meses desde que a entidade local beneficiaria presentara completamente a documentación xustificativa. No caso de que non se cumpla este prazo, a Deputación aboará de oficio os xuros de mora que correspondan.

Base 10. Incumprimentos e sancións

O procedemento sancionador está regulado no Capítulo VI da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación da Coruña.

Base 11. Publicidade das subvencións concedidas

A Deputación Provincial da Coruña publicará as subvencións concedidas na Base de Datos Nacional de Subvenciones.

A Deputación contará co Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios a que se refire a disposición adicional sexta da Lei de subvencións de Galicia e facilitará á comunidade autónoma a información a que se refire o apartado 3 do artigo 16 da devandita norma.

Base 12. Protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Deputación da Coruña coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obriga legal.

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para facilitar o exercicio dos dereitos, a Deputación pon ao seu dispor un modelo de solicitude (https://www.dacoruna.gal/documentacion/impresos-oficiais)

Disposición adicional primeira

En ningún caso a presente convocatoria xerará dereito a favor das entidades solicitantes mentres non se dean as condicións orzamentarias, procedementais e xurídicas de aplicación.

Disposición adicional segunda.

A participación na convocatoria supón a aceptación destas bases reguladoras.

ANEXO

MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: ATLETISMO: DIVISIÓN DE HONRA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BALONCESTO ACB E 1ª DIVISIÓN FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)100.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BALONCESTO ADAPTADO DIVISIÓN DE HONOR Y 1º DIVISION
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)40.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA BALONCESTO: LEB-ORO E 2ª DIVISIÓN FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)90.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BALONMAN: 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BEISBOL : 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)7.600,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: CARRETERA: ÉLITE E SUB 23
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)12.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: DUATLÓN: LIGA NACIONAL 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL 2ª B E 2ª DIVISIÓN FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)41.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL: DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL 3ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA: 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)60.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA: 2ª DIVISIÓN MASCULINA E FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)30.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA 2ª B MASCULINA E FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)15.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA: DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: HALTEROFILIA: DIVISIÓN DE HONRA E ABSOLUTA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)13.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: HOCKEY OK LIGA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)100.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: HOCKEY OK LIGA PLATA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: KAYAC POLO: 1ª DIVISIÓN ABSOLUTA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: RUGBY: DIVISIÓN DE HONRA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)13.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: TENIS DE MESA: LIGA NACIONAL SUPER DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)9.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: TRAÍÑAS: LIGA ACT (MASCULINO E FEMININO)
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)8.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: TRIATLÓN: LIGA NACIONAL 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: VOLEIBOL: SUPER LIGA 1
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)20.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: VOLEIBOL: SUPER LIGA 2
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)15.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: DEPORTES NAÚTICOS (PIRAGÜISMO, REMO, VELA) QUE PARTICIPEN ENCOMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)11,000.00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: DEPORTES NAÚTICOS (PIRAGÜISMO, REMO, VELA) QUE PARTICIPEN ENCOMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO INTERNACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)13.000,00 €
OUTRAS MODALIDADES DEPORTIVAS E CATEGORÍAS CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS (NO CASO DE DEPORTESINDIVIDUAIS) QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO INTERNACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)9.000,00 €
OUTRAS MODALIDADES DEPORTIVAS E CATEGORÍAS CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS (NO CASO DE DEPORTESINDIVIDUAIS) QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)7.000,00 €

Os importes a conceder, no caso de que a entidade non acredite a existencia de categorías inferiores, terán ademais unha redución do 15%.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/01/11/2021_0000000088.html

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.