Obras de urxencia na liña de alta tensión entre Acea de Ama e Vilaboa

O Concello de Culleredo informa de que Unión Fenosa comezou unhas obras con carácter de urxencia no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa. Os traballos responden á avaría producida nesa liña, que conecta as subestacións de Sabón e San Marcos. O servizo non se ve afectado porque cada subestación, segundo explica a empresa, funciona con dúas liñas. Pero ao estar está estropeada, quedaron as subestacións sen a liña de respaldo. Unha avería na outra liña afectaría ao servizo en Culleredo, Oleiros e Sada. Por iso Unión Fenosa acomete con urxencia os traballos. Consisten na susbtitución completa da liña soterrada entre Acea de Ama e Vilaboa, de máis dun quilómetro de lonxitude. As obras implican o corte da avenida de Vilaboa, na semirrotonda, dado que é necesario abrir a calzada. Aproveitouse esta semana polo pouco tráfico existente.

http://www.culleredo.es/node/7110

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.