O grupo do Partido Popular no Concello de Culleredo, a través da súa portavoz, Izaskun García, censurou hoxe a “falta de transparencia” que existe por parte do Goberno Local no referente á repación da cuberta do parque de Fonteculler.
Os populares lembran que, a día de hoxe, a obra aínda non foi recibida polos técnicos municipais a pesar de que o proxecto está finalizado desde decembro de 2019. “Os veciños de Culleredo levan máis dun ano sen poder gozar do parque que, por outra banda, sufriu danos en setembro do 2020 coa caída de parte da cuberta”, explicou García.
Neste sentido, a portavoz do Partido Popular en Culleredo lembrou que a súa formación reclamou no seu día que o executivo local abrise unha comisión de investigación para esclarecer os motivos polos que recinto seguen cerrado ao público. “No seu día presentamos unha moción no pleno que foi rexeitada e seguimos preguntado en diferentes comisións sen que ninguén do Goberno Local aclare as dúbidas sobre que se está facendo e cales son os prazos para a apartura do parque”, indicou García.
Os populares, que cualifican esta situación de “intolerable”, critican que desde o executivo local non se avance neste asunto e, dixo García, escúdense en que están á espera de informes técnicos para resolver o problema. “Xa pasaron meses suficientes para que este tema estivese solucionado e que os veciños puidesen estar disfruntando dunha infraestrutura que se pagou cos seus impostos”, dixo a popular.
Por ultimo, García urxiu ao Goberno Local a que axilice o proceso e, sobre todo, informe ao resto de forzas políticas de corporación de cal é a situación real na que se atopa o proxecto. “A falta de información o único que xera é incertidume e, o que é máis grave, a sensación de que desde o executivo municipal está a esconderse algunha cousa”, sentenciou a portavoz do Partido Popular.