Iniciativa do equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do IES Blanco Amor

No IES Eduardo Blanco Amor puxeron en marcha este Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega, unha iniciativa transmedia para a transición da rapazada cara a unha nova normalidade lingüísitica.

O plan está estruturado en catro fases, á maneira da desescalada, e durará ata o final do curso escolar. Cada fase está especialmente deseñada para que os rapaces reflexionen sobre a situación lingüística, descubran a cantidade de cousas que se poden facer en galego e se animen a usalo tanto no ámbito familiar como no das redes sociais.

Todo o proceso vai acompañado de retos, concursos, encontros dixitais e unha chea de recursos de apoio nas redes sociais favoritas da rapazada.

https://drive.google.com/file/d/1zHFJflQ5zIo8–5JQYDg6-EQ0dFFmxJt/view

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *