FONDOS EUROPEOS AGRÍCOLAS

Galicia, seguirá defendendo xunto co Ministerio os intereses dos nosos agricultores e gandeiros tal e como vén facendo nos últimos meses e como fixo na negociación do período anterior.

A perda de fondos europeos sería unha mala noticia para Galicia, pero hai que ser cautos xa que aínda se está en plena negociación.
En canto á PAC:
• A Xunta aposta por buscar un equilibrio entre unha PAC común a nivel da Unión Europea e o recoñecemento das peculiaridades de cada territorio. Creouse un grupo multidisciplinar que traballa tamén coa Universidade na elaboración do Plan Estratéxico da PAC da nosa comunidade.

En canto aos fondos FEADER para políticas de desenvolvemento rural:
• a proposta de redución da UE suporía para Galicia pasar dos actuais 889,8 M € Feader a 700 M €, aproximadamente. A maiores, a Comisión Europea propón tamén unha baixada das taxas de confinanciamento, o que suporía un maior esforzo económico para as administracións galega e nacional.

Galicia loitará para que o recorte dos fondos para as políticas de desenvolvemento rural, no período 2021-2027, sexa o menor posible e para que se manteñan as taxas de cofinanciamento dos fondos Feader do período de programación actual 2014-2020.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *