Feijóo avanza a aprobación nas vindeiras semanas do Plan de recuperación da actividade asistencial

Sinala que contará cunha dotación de 15 M€ e permitirá levar a cabo 230.000 actos asistenciais extraordinarios

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello, a posta en marcha nas vindeiras semanas do Plan de recuperación da actividade asistencial.

Un plan, dixo, que permitirá reforzar o sistema sanitario galego para que, ademais de continuar coa actividade prevista, se recuperen os prazos de realización de probas previos á pandemia.

Sobre este punto, Feijóo destacou que contará cunha dotación de 15 M€ para levar a cabo 230.000 actos asistenciais extraordinarios: máis de 115.000 probas diagnósticas, máis de 92.000 consultas e máis de 19.000 procedementos cirúrxicos.

Finalmente, durante a súa intervención tamén explicou que para esta programación da actividade pendente se empregará o concepto de Hospital único, co obxectivo de optimizar todos os recursos dos que se dispón.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57127/feijoo-avanza-aprobacion-nas-vindeiras-semanas-plan-recuperacion-actividade-asistencial

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *