A Xunta presentará hoxe as súas alegacións, consensuadas cos gobernos de Asturias e Cantabria, ao Estatuto electrointensivo do Goberno por considerar que as medidas que inclúe son insuficientes.
A crítica situación que atravesa a industria electrointensiva ten a súa orixe na ausencia absoluta dunha política enerxética por parte do Goberno central.
Ante este contexto, Galicia avogou pola unidade de acción:
• reuníndose tanto coas industrias electrointensivas galegas como cos traballadores de Alcoa San Cibrao para coñecer a súa posición sobre a proposta de Estatuto.
• e mantendo un contacto permanente con Asturias e Cantabria.
As tres comunidades recollen medidas efectivas que rebaixan o prezo eléctrico ata os 35-40 €/MWh e, polo tanto, para que a nosa industria poida competir en igualdade de condicións co resto de Europa.
• solicitan a inclusión do consumidor hiperelectrointensivo
• unha política fiscal que grave con menos impostos a enerxía que consomen estas empresas e estableza contías como as que había antes no ámbito do CO2 e no eido da ininterrompebilidade.
Agardamos que o Goberno teña en conta as nosas alegacións e deixe de xogar coas electrointensivas galegas e os seus 5.000 traballadores.