Educación recoñece o traballo de 30 centros cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na FP

O obxectivo é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros de ensino, empresas e outras entidades

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional, cos que se recoñece o traballo de 30 centros. O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000 euros, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na formación profesional, e o fomento do emprendemento.

O departamento educativo da Xunta aposta por transformar os ciclos en ensinanzas que se adapten ao contorno produtivo e ao novo modelo económico baseado no coñecemento como forza impulsora. Deste xeito estase a camiñar cara a un sistema de formación profesional máis áxil, flexible e eficiente, estreitamente vinculado ás demandas formativas da poboación e ao impulso de valores como a creatividade, a innovación e o traballo en equipo, así como á estimulación do espírito emprendedor.

A convocatoria segue as directrices marcadas pola Estratexia Europa 2020, que incorpora como obxectivo o impulso dunha formación profesional que propicie novas experiencias nos campos da innovación, da calidade, da creatividade e do emprendemento.

Modalidade A

Os proxectos puideron presentarse a dúas modalidades. A primeira delas, de Innovación tecnolóxica ou científica, está dirixida ás iniciativas que teñan como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica que redunde na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos e que estean orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, estes proxectos deben ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:
 

ConcelloCentro educativoProxecto
CulleredoIES Universidade LaboralSMARTspringwater: Fonte de auga intelixente
CulleredoIES Universidade LaboralClimatización eficiente con enerxías renovábeis de axuda persoal – CE2 RAP
FerrolCIFP FerrolterraBENenBICI
FerrolCIFP FerrolterraAdaptación de motor de gasolina a hidróxeno
Santiago de CompostelaCIFP Politécnico de SantiagoXemelgo dixital na educación 4.0
Santiago de CompostelaIES San ClementeContedores intelixentes
A CoruñaCIFP SomesoModelización dun vehículo-concepto con suspensión auto-balanceable
PontedeumeIES Fraga do EumeCafé 5.0
RianxoIES Félix MurielDiversidApp: unha App de xestión doméstica e promoción da autonomía persoal para persoas con diversidade funcional
LugoCIFP Politécnico de LugoIndustria 4.0: Aplicación da realidade aumentada no mantemento industrial
LugoCIFP As MercedesEfficiency energy dron
LugoCIFP As MercedesAdaptación de brazo mecánico a fresadora
OurenseCIFP A FarixaSistema de monitorización e alertas para instalacións térmicas
VilamarínIES de VilamarínO rexurdir das landras
A EstradaIES Plurilingüe Antón Losada DiéguezEco Urban furniture for schools
PontevedraIES MonteceloAproveitamento da enerxía cinética residual dos vehículos
PonteareasCIFP A GranxaProxecto Fénix: Mellora enerxética da valorización dos produtos agroecolóxicos da horta familiar.
VigoIES Politécnico de VigoAeroxerador doméstico de alto rendemento
VigoCIFP Manuel AntonioProdución biolóxica e sostible de afumados galegos
Vilagarcía de ArousaIES Fermín Bouza BreyPrototipo de máquina de control de calidade e selección de froita
VigoCIFP Valentín Paz AndradeComparativa de equipos de CO2 para cámaras comerciais de conxelación
VigoIES Ricardo MellaTelerrobot con realidade virtual
PontevedraCIFP Carlos OrozaElaboración de pans saudables empregando sales baixas en sodio

Modalidade B

A segunda modalidade, de Innovación Didáctica, céntrase nas iniciativas que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Estarán orientadas á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais deben ser doadamente trasladables a outros centros onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:

ConcelloCentro educativoProxecto
CarballoIES Monte Nemeemeæi – Espazo multisensorial de experiencias e artes escénicas inclusivas
CeeIES Fernando BlancoPlataforma de conectividade coa manobra K2
CulleredoIES Universidade LaboralAula SITMUGA: Aula didáctica de simulación de turbinas de gas
FerrolCIFP FerrolterraMordaza de precisión controlada mediante hidráulica proporcional.
RibeiraCIFP CorosoDeseño dun modelo a escala de unidade de tratamento de Ar (UTA) de baixo custo
Santiago de CompostelaCIFP Politécnico de SantiagoMedición do tempo de reverberación
A CoruñaCIFP Ánxel Casal – Monte AltoOír para vivir 4.0
FeneIES de FeneA realidade aumentada aplicada na tecnoloxía hidráulica
LugoCIFP As MercedesFabricación avión aluminio a escala con estrutura real
LugoCIFP As MercedesMaqueta funcional de tren de aterraxe con panel de control
ViveiroIES María SarmientoEco vehículo
Monforte de LemosIES A PinguelaPerruca e postizos, elaboración e mantemento
OurenseCIFP A Carballeira-Marcos ValcárcelMétodos analíticos de control medioambiental
VigoIES Politécnico de VigoDeseño e aplicacións dos robots cartesianos: CNC de corte por plasma e paletizador industria 4.0
PonteareasIES Pedra da AugaEficiencia enerxética en procesos electroneumáticos
PonteareasIES Pedra da AugaInstalación fotovoltaica para autoconsumo sen excedentes en vivenda monitorizada vía web
VigoCIFP Valentín Paz AndradeDeseño, planificación e transformación dun container nun centro sanitario móbil autosuficiente enerxeticamente
VigoCIFP Valentín Paz AndradeImplantación dun robot cartesiano e dous robots antropomórficos a unha inxectora de plásticos
MarínIES Chan do MonteFerramentas de márketing dixital utilizadas polas empresas. Adaptación as actividades de aula
PontevedraCIFP Carlos OrozaA mesa do Oroza

Criterios de valoración

Entre os criterios para escoller os proxectos premiados valoráronse, en especial, aqueles nos que se fomenta a colaboración do profesorado e do alumnado de formación profesional con empresas e institucións do seu contorno, e con outros centros educativos; así como os que fomentan a aparición de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas que sexan susceptibles de pórse en marcha na Rede galega de viveiros de empresa.

Tamén se tivo en conta que impliquen unha mellora na calidade da formación e na empregabilidade e a inserción laboral do alumnado, o nivel de impacto do proxecto no contorno produtivo desde o punto de vista tecnolóxico e ambiental ou o grao de transferencia e resposta a un reto empresarial.

Así mesmo deuse prioridade ás iniciativas que favorezan o acceso da muller aos perfís relacionados con profesións STEAM e actividades industriais, así como o acceso dos homes a sectores que contan con escasa representación masculina.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49539/educacion-reconece-traballo-30-centros-cos-premios-para-desenvolvemento-proxectos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *