CÓMIC DO CONCELLO DE CULLEREDO SOBRE AS RECOMENDACIÓNS DAS SAÍDAS DOS MENORES DE 14 ANOS A PARTIR DESTE 26 DE ABRIL

O Concello de Culleredo pon á vosa disposición -sobre todo dos máis pequenos- un cómic para que sigan as indicacións sobre as novas saídas dunha maneira lúdica. 

Lembrade seguir as recomendacións en todo momento! 

  • Horario permitido: de 9:00 a 21:00 horas (recoméndase evitar horas puntas)
  • Serán acompañados en todo momento por un adulto responsable, que conviva con eles/as. Poderase saír ata con tres nen@s.
  • Deben respectarse as medidas de distanciamento social con outros nenos e adultos.
  • Permítese correr, xogar e facer exercicio aos nenos e nenas, sempre respectando as medidas de distanciamento social.
  • Poderán saír cos seus propios xoguetes, pero non poderán facer uso de parques nin xogos infantís comúns.
  • Na contorna rural, poderase saír a pasear polo campo, sempre respectando as medidas de distanciamento social.
  • Non poderán saír do fogar nenas, nenos ou adolescentes con síntomas compatibles ca COVID-19, ou que se atopen en corentena.

http://www.culleredo.es/node/7117

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *