Cita previa para as bibliotecas de Culleredo

O servizo de biblioteca reanudarase a partir de mañá xa que, ao entrar na Fase 1, pode restablecerse, aínda que dentro das posibilidades que permite a desescalada.

A atención realizarase unicamente mediante cita previa, que se debe concertar por teléfono desde mañá, mércores 13 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto a do Burgo como a de Vilaboa.

A actividade que se permitirá será exclusivamente a de préstamo. Para as devolucións empregarase o buzón exterior, e cada libro que se devolva pasará un protocolo de corentena de 14 días antes de volver a estar dispoñible, dentro das instrucións marcadas polas autoridades sanitarias.

Lembramos o teléfono de ambas instalacións:

Biblioteca do Burgo: 981 66 55 97.

Biblioteca de Vila Melania: 981 65 00 77. 

http://www.culleredo.es/node/7125

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.