A Xunta blinda o sistema educativo galego cun investimento de 162 M€ para atender as necesidades xeradas polo contexto covid

O conselleiro explicou que a meirande parte do esforzo orzamentario, en concreto preto de 94 M€, destínanse a recursos humanos, o que inclúe o reforzo de 2.300 novos profesores

A dotación e mellora de equipamento de adaptación ao escenario covid absorbe unha contía de 43,5 M€, mentres que á atención e reforzo de servizos destínanse 25 M€

O equipamento dixital necesario para superar a fenda dixital e garantir a igualdade no ensino é outro dos piares de actuación do Goberno autonómico, ao que dedica un total de 9,4 millóns de euros

A Consellería vai transferir “de xeito inmediato” ás universidades os 3M€ de fondos propios para facer fronte aos gastos extraordinarios de inicio de curso

Román Rodríguez asume o compromiso de exercer todas as súas competencias “na defensa dos intereses do alumnado galego”

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a investir un total de 162 millóns de euros no sistema educativo galego co fin de atender as necesidades derivadas do contexto covid nos centros durante este exercicio. Trátase dun importante esforzo orzamentario da sociedade galega que –segundo explicou o conselleiro Román Rodríguez no Parlamento– concéntranse sobre todo no reforzo do profesorado, na dotación de recursos tecnolóxicos, no reforzo das medidas de seguridade e hixiene nos centros e no apoio dos servizos complementarios.

Así, a meirande parte do esforzo orzamentario absórbea a dotación de recursos humanos, con case 94 millóns de euros que inclúe a contratación de máis profesorado; seguido da dotación de equipamentos necesarios no escenario covid (como a dotación tecnolóxica, a instalación de elementos de seguridade e a realización de obras, entre outros) ao que se destinan 43,5 millóns de euros; e a atención e reforzo de servizos como o comedor escolar ou a limpeza entre outros, cun orzamento de 25 millóns de euros.

Na súa comparecencia a petición propia ante o Pleno parlamentario, Román Rodríguez deu conta de todas as medidas implementadas polo seu departamento para atender o “reto” de iniciar a actividade lectiva presencial coa máxima “normalidade dentro da excepcionalidade dun curso atípico”, e que pasa pola dotación dos recursos materiais e humanos necesarios.

Precisamente para garantir o ensino presencial en todas as etapas educativas, o Executivo autonómico executou a contratación de 2.300 profesores a maiores para este curso, o que supón un incremento do cadro de persoal docente ante a covid do 7,6% con respecto á plantilla inicialmente prevista.

A partida de 94 millóns de euros de recursos humanos é a de maior impacto económico do departamento de Educación para este curso escolar. Isto permite, entre outros aspectos, a contratación de máis de 1.300 docentes para atender desdobres e incremento de oferta, e outros 1.000 exclusivamente para o reforzo do alumnado máis vulnerable, “co obxectivo de que ninguén quede atrás”, subliñou o titular de Educación. Cómpre destacar tamén que do total, 1.100 son novos profesores para as etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Dotación de recursos tecnolóxicos

Outro dos principais esforzos inversores céntrase na dotación de recursos tecnolóxicos nos centros, á que se destinan arredor de 9,4 millóns de euros a través do Plan de Continxencia para o ensino non presencial e semipresencial. Este Plan inclúe a posta a disposición do alumnado preto de 55.000 dispositivos en réxime de préstamo para este curso, 34.000 deles a través do programa E-Dixgal e outros 20.000 ordenadores máis dirixidos ao alumnado máis vulnerable.

O obxectivo deste Plan é, segundo explicou o conselleiro, facilitar a opción da semipresencialidade en Bacharelato e FP a aqueles centros que opten por esta modalidade, ao tempo que facilitar o mantemento da calidade educativa nos escenarios nos que haxa que pasar a un ensino non presencial. “Trátase –en palabras do conselleiro– de anticiparse e estar preparados para dar resposta nun curso excepcional con todas as ferramentas tecnolóxicas e recursos formativos necesarios para a activación do ensino á distancia se fora necesario”.

O Plan inclúe medidas dirixidas ao alumnado (como a dotación de equipamento e a ampliación dos contidos E-Dixgal a 3º e 4º de ESO), ao profesorado (con medidas formativas para aproveitar as aulas virtuais dos centros), aos centros (con formación específica para a xestión e organización do ensino non presencial e semipresencial) e ás familias (con información a través do espazo web Volvamos á escola con sentidiño e da app AbalarMóbil).

Principio de seguridade e vontade de diálogo

O conselleiro afirmou ter asumida “a tarefa urxente” de impulsar a planificación do curso escolar guiado polos principios básicos de “seguridade, calidade e equidade” e apostando pola coordinación e o diálogo constante con todas as partes implicadas.

Nesa vontade “de escoitar e afrontar un traballo conxunto” enmárcanse todas as reunións de traballo levadas a cabo nas últimas semanas cos membros da comunidade educativa (Consello Escolar de Galicia, directores, asociacións de pais e nais, organizacións sindicais, representantes de colectivos de atención á diversidade,…) e coas distintas administracións (Goberno do Estado, outras CCAA e sesións con outros departamentos autonómicos como a Consellería de Sanidade ou a Amtega), así como a creación do Comité Educativo como órgano asesor do Goberno galego en materia educativa no contexto da covid-19 para medidas de carácter organizativo sempre sometidas para o aval do Comité Clínico.

Transferencia de fondos ás universidades

No que atinxe ao eido universitario, Román Rodríguez anunciou que o seu departamento vai transferir xa “de forma inmediata” ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) os 3 millóns de euros de fondos propios para facerlles fronte aos gastos extraordinarios deste inicio de curso; ao tempo que sinalou que se está “en plena negociación” para transferirlles tamén unha porcentaxe dos fondos comprometidos polo Goberno central para a loita contra a covid-19.

O conselleiro gabou a “planificación e colaboración” levada a cabo entre a Xunta de Galicia e as universidades para o desenvolvemento dun curso que está discorrendo “sen incidencias importantes”. Destacou tamén a anticipación de Galicia cun traballo “impulsado antes do verán” cun plan de continxencia e cos plans de prevención e control sanitario de cada universidade que fixo que “non se xerasen alarmas” pese ás intervencións do ministro de Universidades.

Recoñecemento ao alumnado, familias e docentes

O conselleiro aproveitou a súa intervención parlamentaria para expresar o seu “recoñecemento” e o de “todo o Goberno galego” pola “colaboración e comprensión” aos alumnos, ás familias e aos docentes, dos que destacou a “responsabilidade e a prudencia” demostrada neste contexto excepcional. Subliñou tamén o “grande esforzo” de todos os equipos directivos para adaptar os seus centros ás medidas organizativas previstas no protocolo de adaptación ao contexto covido-19 no ensino galego.

Así, comprometeuse a exercer todas as súas competencias “na defensa dos intereses do alumnado galego” e a seguir traballando no “reto de país” que supón a formación das novas xeracións, apostando por un sistema educativo que “é unha ferramenta de calidade, fundamental para a cohesión social, e para xerar igualdade de oportunidades”.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51981/xunta-blinda-sistema-educativo-galego-cun-investimento-162-para-atender-necesidades

20 Reglas del COVID-19 según el gobierno

  1. No puedes salir de casa, pero si lo necesitas, si puedes.
  2. Las máscaras no sirven de nada, pero sí sirven, si puedes pontela, o si no un foulard o no te la pongas xq en realidad solo sirven si estas contagiado, pero puedes estar contagiado y no lo sabes. Entonces sí, las máscaras sí sirven, pontela. Ah, qué no hay? Pues no te la pongas, porque no sirve para nada.
  3. Las tiendas están cerradas, excepto las que están abiertas.
  4. No hay que ir a los hospitales, a menos que necesites ir, solo hay que ir en caso de emergencia ¿Cuándo es emergencia? Si ves que te estás muriendo es emergencia, entonces vete. Si no, quédate en casa porque es como una gripe… Bueno, es como una gripe fuerte. Bueno, es mucho peor que una gripe. Bueno, puede que mueras.
  5. Los guantes no ayudan, pero pueden ayudar.
  6. La comida en el supermercado no faltará, pero hay muchas cosas que faltan si vas al final del día pero no hay que ir por la mañana. Vete al final del día mejor y si falta algo vuelves al día siguiente. No, no, mejor no salgas.
  7. Después de ir al supermercado, deja los zapatos en la puerta y lava la ropa a 60º, si la lavas normal el virus no se irá. Que este dando vueltas en la lavadora con jabón a 40º no mata el virus. Eso sí, si lo tienes en las manos, con que te las laves 2 minutos ya lo has matado.
  8. El virus no afecta a los niños excepto en aquellos que lo tienen. Bueno, en Madrid ingresan muchos niños, pero más personas mayores (como en todas las enfermedades). Así que no, no afecta a niños.
  9. Los animales no están contagiados, pero a pesar de todo un gato dió positivo en febrero en Bélgica… Cuando aún no se hacían pruebas a nadie, pero a este gato sí xq nos caía muy bien, y ya está. Los animales no lo tienen, solo algunos, pero no sabemos xq no les hacemos pruebas, así que están sanos. Aunque el virus lo han trasmitido los animales, pero ya no. Un murciélago, un pangolin, un Laboratorio, bueno no, fue un unicornio, o un panda, o un delfín. Un señor se comió una sopa de algo y la ha liao parda!
  10. Tendrás muchos síntomas si estás enfermo, fiebre muy fuerte, pérdida de olfato y gusto, falta de aire, disnea….Pero también puedes enfermarte sin ningún síntoma, tener síntomas sin estar enfermo (embarazo psicológico) o ser contagioso sin síntomas o tener alergia a la primavera o alergia a la primavera y te mueres de todas formas pero no.
  11. Para no estar enfermo, tienes que comer bien y hacer deporte, pero come lo que tengas a mano y no salgas a hacer deporte. Bueno, en casa puedes, hay muchos vídeos, todo el mundo hace deporte. Yoga yoga, haz mucho yoga.
  12. No tengas contacto con personas mayores, pero tienes que cuidarlos y llevar a tus vecinos mayores compras y medicinas. Es decir, ten contacto.
  13. Puedes pedir comida preparada que tal vez la haya preparado personas que no usan máscaras ni guantes. Pero cuando te llegue no te la comas y dejas que se descontamine por 3 horas afuera de la casa.
  14. No puedes ver a tu madre o abuela, pero puedes coger un taxi y conocer a un taxista mayor o hablar con la de la farmacia que es una señora mayor muy simpática.
  15. El virus permanece activo en diferentes superficies durante dos horas, no, cuatro, no, seis, no, no, no hemos dicho horas, tal vez sean días? Pero necesita un entorno húmedo. Oh, no, no necesariamente.
  16. El virus permanece en suspensión en el aire, o no, o sí, tal vez… especialmente en una habitación cerrada. En una hora un enfermo puede contaminar diez, así que si cae un niño, todos vuestros hijos ya han sido contaminados en el Escuela hace tiempo, pero mejor las cerramos xq no se han contagiado todavía.
  17. Se dice el número de muertos pero no se sabe decir cuántas personas están infectadas. Vamos a hacer pruebas masivas, pero mañana, no pasado, no la semana que viene. Bueno, ya las haremos, no hay prisa. Es que nos dieron tongo con los tests. Pues ya no las hacemos ala! si te sientes mal estás contagiado y ya está.
  18. No tenemos tratamiento pero tal vez haya uno, que aparentemente no es peligroso y funciona pero en realidad no, o sí ,tal vez, es que solo ha dado buenos resultados en algunos pero no en todos, entonces tenemos tratamiento, pero no, no tenemos.
  19. Deberíamos permanecer confinados hasta que el virus desaparezca pero solo desaparecerá si llegamos a una inmunidad colectiva y por lo tanto, siempre que circula… y para eso tenemos que dejar de estar confinados…
  20. No os preocupeis que está todo controlado y lo tenemos todo claro xq en Egpaña hay los mejores pofesionales y sanidá.

PD, María Jesús Montero, Ministra Portavoz del Gobierno de España: todas las preguntas son legítimas pero no vamos a contestarlas para no crear confusión