BS403A – Axuda para renovación de praza / novo ingreso programa Bono Concilia.

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

18/06/2021 – 19/07/2021

1. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. Con carácter excepcional poderán presentarse solicitudes pasado o prazo ordinario establecido no número 2 e con data límite do 29 de outubro de 2021, nos seguintes supostos:

a) As familias que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos en que se producise un nacemento, acollemento ou adopción da nena ou neno con posterioridade á finalización do dito prazo.

b) As mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos ás cales se lles expedise a documentación acreditativa desta condición con posterioridade á finalización do dito prazo.

c) As galegas e os galegos que retornen a Galicia durante o ano 2021, que residisen fóra de España, sempre que o dito retorno se producise con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes e para un concello onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.

axuda

axuda

Documentación para a presentación

Presentación de solicitudes .

1. As solicitudes das persoas interesadas que se encontren nos supostos recollidos no artigo 3.1.b) 4º, 5º, 6º e 7º presentaranse preferiblemente por vía electrónica través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, indicando a opción de renovación da axuda ou de nova solicitude segundo corresponda.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As persoas interesadas que se encontren nos supostos recollidos no artigo 3.1.b) 1º, 2º, e 3º accederán automaticamente ao programa do Bono concilia desde o momento en que formen parte das correspondentes listas de agarda definitivas, sen ter que presentar a solicitude regulada nesta orde.

Documentación complementaria .

1. Nos supostos de renovación da axuda prevista no artigo 3.1.b) 4º, deberán achegar ademais da solicitude (anexo I) o anexo II relativo á comprobación de datos da/do cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar.

2. Nos supostos do exercicio da opción ao programa Bono concilia do artigo 3.1.b) 1º, 2º e 3º e nos supostos de novas solicitudes previstas no artigo 3.1.b) 5º, 6º e 7º, xuntarase ademais a seguinte documentación:

a) Copia do libro de familia ou, na súa falta, dun documento que acredite oficialmente a situación familiar.

b) Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia do neno ou nena para quen se solicita a axuda, de ser o caso, cando non fose expedido pola Comunidade Autónoma galega.

c) Informe emitido polo equipo de valoración e orientación da xefatura territorial correspondente da Consellería de Política Social sobre a necesidade de integración na escola infantil, no caso dos nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

d) Copia da resolución administrativa de acollemento ou garda con fins adoptivos, de ser o caso, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

e) Xustificación de ocupación da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella no caso de persoas traballadoras que non estean no réxime xeral da Seguridade Social.

f) Se procede, os documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

1º. Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia da nai/pai, acolledor/a, do titor/a legal ou outros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2º. Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, no caso de familia monoparental.

3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia dela autenticada pola/o secretaria/o xudicial.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3 . A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos .

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identificación de estranxeiros da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do IRPF da persoa solicitante, do/da cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2019.

2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante e da/do cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Discapacidade ou grao de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita a axuda recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita a axuda formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Certificado de estar inscrito como demandante de emprego na data do día anterior ao da publicación desta orde, de ser o caso, da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella.

e) Discapacidade ou grao de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal recoñecida/o pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS403A

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *