Axudas económicas para pemes e autónomos

A Administración autonómica traballa co principal obxectivo de garantir a saúde dos galegos e galegas, ao tempo que se desenvolven os apoios precisos para que o tecido empresarial poida facer fronte o mellor posible á situación actual.

Neste contexto aprobáronse as seguintes liñas de apoio:

LIQUIDEZ

INXECCIÓN INMEDIATA DE LIQUIDEZ para o tecido empresarial, con especial atención a autónomos e pemes, a través dunha liña de financiamento que permita mobilizar 250M€.
Máis información aquí: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP393

APRAZAMENTO DAS COTAS de amortización e xuros da liquidación de todos os préstamos formalizados coa Xunta de Galicia e que mobilizan 265M€.
Máis información aquí: http://www.xesgalicia.es/

INDUSTRIALIZACIÓN

LIÑA DE FINANCIAMENTO DE 10M€ PARA REESTRUTURACIÓN de procesos produtivos nas empresas para fabricar equipos de protección e desenvolver solucións innovadoras para combater o coronavirus.
Máis información aquí: http://www.xesgalicia.es/gl/content/activada-unha-lina-de-financiamiento-para-producir-material-de-proteccion-ante-o-coronavirus

INNOVACIÓN

A Axencia Galega de Innovación (Gain) activou unha chamada para a identificación das capacidades do sistema galego de innovación no eido do coronavirus, buscando solucións innovadoras para desenvolver de xeito inmediato ou que estean próximas á súa implementación. Entre outras cousas, dispositivos de intervención ou tratamento, solucións para fabricación de ventiladores ou equipos de protección individual.

A Axencia Galega de Innovación está agora realizando unha primeira selección para atopar solucións de interese.

Máis información aquí: http://gain.xunta.gal/artigos/432/investigacion+innovacion+fronte+ao+coronavirus

https://ceei.xunta.gal/coronavirus/axudas-economicas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *