O Concello de Culleredo comezará a iniciar a actividade nas súas bibliotecas municipais a partir da semana que vén, co dia concreto no que se producirá a reapertura aínda por especificar.
Estes espazos volverán a albergar o servizo de préstamo tras o confinamento, e como aínda estaremos nas fases iniciais do desescalamento, arrincaranse tan só os servizos de préstamos e devolución.
- Con todo, estableceuse que haberá que cumplir unha serie de medidas para poder facer uso das mesmas.
- Os préstamos solicitaranse previa cita telefónica nos números habilitados 981 66 55 97 (O Burgo) e 981 65 00 77 (Vilaboa).
- Recomendamos que as devolucións se efectúen no buzón da Biblioteca. Os fondos serán postos en corentena durante 15 días.
É recomendable o uso de mascarillas e luvas para a recollida dos materiais.