Desenvólvense en 47 centros, coa colaboración de 70 empresas e entidades
O obxectivo é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros de ensino e mundo empresarial
pírito emprendedor.
Innovación tecnolóxica ou científica
Os proxectos puideron presentarse a dúas modalidades. A primeira delas, de Innovación tecnolóxica ou científica, está dirixida ás iniciativas que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos orientados a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, estes proxectos deben ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.
Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:
Concello | Centro | Título do proxecto |
Betanzos | IES As Mariñas | Deseño e impresión 3D de produtos de apoio para persoas con parálise cerebral |
Carballo | IES Monte Neme | LoRaWAN NEMET |
Cee | IES Fernando Blanco | Sistema de diagnose mediante parametrización de sensores en máquina de peche |
Coruña, A | CIFP Someso | Enxeñería inversa 4.0 |
Ferrol | CIFP Ferrolterra | Aulas saudables no CIFP Ferrolterra |
Ferrol | CIFP Ferrolterra | Sistema automático de transformación de residuo de madeira en enerxía |
Ferrol | CIFP Ferrolterra | Equipamento anticovid para espazo de socialización |
Lugo | CIFP As Mercedes | Construción dun equipo de xeración de hidróxeno verde para a subministración de enerxía eléctrica nunha vivenda |
Lugo | CIFP As Mercedes | Deseño dun vehículo eléctrico para mobilidade terrestre e aérea |
Lugo | CIFP As Mercedes | Milk Warmers |
Lugo | CIFP As Mercedes | Fabricación de estrutura de aeronave real «E-GUS» |
Lugo | CIFP Politécnico de Lugo | Sistema modular de ciberseguridade para redes TO |
Mondoñedo | IES Plurilingüe San Rosendo | Rede de bosques comestibles: unha nova xestión do espazo forestal fronte ao cambio climático |
Nigrán | IES Escolas Proval | Monitorización continua de parámetros físicos para mellora da calidade ambiental en contornos educativos |
Ortigueira | IES de Ortigueira | Madeira de vestir |
Pontedeume | IES Fraga do Eume | Simulación virtual de procesos en restauración |
Pontevedra | IES Frei Martín Sarmiento | Investigación sobre o asesoramento e venda de produtos e servizos de imaxe persoal para clientes oncolóxicos coa axuda de ferramentas dixitais |
Santiago de Compostela | CIFP Politécnico de Santiago | Aplicación da IoT para a preservación da fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas |
Santiago de Compostela | CIFP Politécnico de Santiago | Mantemento 4.0 |
Vigo | CIFP Manuel Antonio | Proxecto de sustentabilidade en Centros Integrados de Formación Profesional |
Vigo | IES Politécnico de Vigo | Desenvolvemento dun banco de ensaios de Bin Picking |
Vilalba | IES Lois Peña Novo | Fogar e vehículo, conectados e sustentables |
Vilamarín | IES de Vilamarín | Lupo 1481: viño aromatizado feito por nós |
Vilamarín | IES de Vilamarín | Xabóns en Terra de Menciñeiros |
Innovación didáctica
A segunda modalidade, de Innovación Didáctica, céntrase nas iniciativas que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Estarán orientadas á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc.
Ademais, eses materiais deben ser doadamente trasladables a outros centros onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.
Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:
Concello | Centro | Título do proxecto |
Cedeira | IES Punta Candieira | Adestrador modular avanzado para a Industria 4.0 |
Cee | IES Fernando Blanco | Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas |
Ferrol | CIFP Ferrolterra | Fasquía 3D: Dixitalización de formas das embarcacións tradicionais e difusión das tecnoloxías 3D en ámbitos non tecnolóxicos |
Lalín | IES Ramón Mª Aller Ulloa | Optimización e informatización da electroforese de ADN |
Marín | IES Chan do Monte | Ferramenta para instalación conxunta do ERP Odoo, o CMS Prestashop e o plugin de WordPress Woocommerce e a súa interconexión |
Monforte de Lemos | IES Francisco Daviña Rey | Casa domotizada, fogar inclusivo |
Ponteareas | IES Pedra da Auga | Adestrador de Smart Home |
Santiago de Compostela | CEE Manuel López Navalón | Creación de contidos inmersivos: Innovación deconstrutiva |
Sanxenxo | IES de Vilalonga | Maqueta didáctica de son Furgolonga |
Vigo | CIFP Valentín Paz Andrade | Ensino virtual de aprendizaxe para a descrición e cálculo de cadeas cinemáticas |
Vigo | CIFP Valentín Paz Andrade | Deseño, implementacion e posta en marcha de periféricos de alta eficiencia a unha inxectora de plásticos |
Vigo | CIFP Valentín Paz Andrade | Motor seccionado e funcional para fins didácticos |
Vilalba | IES Lois Peña Novo | Fuel cell H2 |