Enviouse unha nova partida de 17.900 luvas, 29.750 máscaras e 1.070 traxes antisalpicaduras
O Goberno autonómico enviou tamén un novo reparto de 118.623 Epis a 204 residencias e entidades sociais da provincia da Coruña
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou dun novo reparto de material de protección realizado esta mesma semana. Por unha banda, retomáronse os envíos de Epis aos concellos e por outro realizouse, como todas as semanas, o noveno envío de material de protección ás residencias e entidades sociais da comarca de Santiago.
A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos da provincia. No caso concreto dos concellos da Coruña a a partida inclúe 29.750 máscaras, 17.900 luvas e 1.070 traxes antisalpicaduras. En total, enviouse aos concellos coruñeses 49.032 unidades de protección esta semana.
Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.
Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.
Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 204 residencias e entidades sociais dos concellos da provincia. En total, 118.623 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións coruñesas, 64.400 luvas, 52.383 máscaras e 1.840 traxes antisalpicaduras.
Concello | Luvas totais | Masc Quir. Totai | Traxes | Pantallas Faciales |
Ames | 300 | 500 | 6 | 5 |
Boimorto | 200 | 250 | 4 | 3 |
Melide | 200 | 400 | 4 | 3 |
Ordes | 200 | 450 | 5 | 4 |
Oroso | 200 | 400 | 4 | 3 |
Padrón | 200 | 450 | 5 | 4 |
Pino, O | 200 | 250 | 4 | 3 |
Rois | 200 | 250 | 4 | 3 |
Santa Comba | 200 | 400 | 4 | 3 |
Santiso | 200 | 250 | 4 | 3 |
Teo | 200 | 450 | 5 | 4 |
Toques | 100 | 150 | 4 | 3 |
Tordoia | 200 | 250 | 4 | 3 |
Vedra | 200 | 350 | 4 | 3 |
Arzúa | 200 | 350 | 4 | 3 |
Baña, A | 200 | 250 | 4 | 3 |
Boqueixón | 200 | 250 | 4 | 3 |
Brión | 200 | 400 | 4 | 3 |
Dodro | 200 | 250 | 4 | 3 |
Frades | 100 | 250 | 4 | 3 |
Negreira | 200 | 400 | 4 | 3 |
Touro | 200 | 250 | 4 | 3 |
Trazo | 200 | 250 | 4 | 3 |
Val do Dubra | 200 | 250 | 4 | 3 |
TOTAL | 4700 | 7700 | 275 | 77 |