Esta semana enviouse unha nova partida a 108 centros de 62.650 máscaras e 67.600 luvas
A Xunta leva entregados nos centros sociais da provincia da Coruña trece envíos desde o inicio da crise
A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña, concretamente a 108 centros coruñeses. Nesta provincia a partida inclúe 62.650 máscaras e 67.600 luvas.
Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado trece envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.