A Xunta realiza, entre hoxe e mañá, un segundo envío á cidade da Coruña de máis de 22.869 equipos de protección

No conxunto da provincia realízase, entre hoxe e mañá, este novo envío que será en total de 98.773 equipos de protección: 61.500 luvas, 36.576 mascarillas e 697 traxes

O Goberno galego acadará esta semana as 289.890 unidades de material distribuído entre todos os municipios da provincia coruñesa, incluídas as cidades

O reparto lévase a cabo desde a plataforma loxística posta en marcha para axilizar o proceso e evitar desprazamentos aos concellos

A Xunta fai, entre hoxe e mañá, un segundo envío de máis de 22.869 unidades de material de protección para a cidade da Coruña. En total, son 7.746 mascarillas, 15.000 guantes e 123 traxes. O Goberno galego xa repartiu nesta cidade nun primeiro envío de material de protección 15.492 mascarillas, 30.000 luvas e 246 traxes.

Xunto con esta actuación, tamén están previsto, entre hoxe e mañá, novos envíos de material aos concellos, concretamente na provincia da Coruña repartiranse en total, 98.773 novas unidades de protección: 61.500 luvas, 36.576 mascarillas, 697 traxes, 304 garrafas de xel hidroalcohólico de 5 litros e 489 litros de lixivia. Todo o material distribúese directamente desde a plataforma loxística que a Xunta vén de poñer en marcha para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. Así, estase levando o material directamente aos concellos para evitar desprazamentos.

No reparto priorizouse inicialmente aos concellos pequenos e medianos xa que dispoñen de menos recursos pero neste momento repártese material a todos os municipios da provincia, incluídas as cidades. A Administración autonómica informa que a cifra de unidades de protección adquiridas directamente pola Xunta e repartidas nestas semanas na provincia da Coruña ascende a 289.890 unidades de protección. Concretamente levase repartido, co envío previsto esta semana, 182.450 luvas, 100.619 mascarillas, 3.241 traxes, 3.400 batas, 847 garrafas de xel hidroalcohólico de 5 litros, 41 garrafas de xel desinfectante de 5 litros e 649 litros de lixivia.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48261/xunta-realiza-entre-hoxe-mana-segundo-envio-cidade-coruna-mais-22-869-equipos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.