A Xunta participa na reunión da Comisión de Transparencia para velar polo cumprimento do acceso da cidadanía á información pública

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou está mañá nunha reunión por videoconferencia deste órgano para dar resolución ás actuacións presentadas, no marco da Lei Galega de Transparencia e Bo Goberno

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou esta mañá por videoconferencia na reunión da Comisión de Transparencia para continuar a dar trámite e avanzar na resolución das actuacións presentadas respecto ao acceso á información pública solicitada pola cidadanía.

O encontro estivo presidido pola Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño; e contou tamén coa participación de representantes do Consello Consultivo de Galicia, do Consello de Contas, e da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Esta comisión enmárcase na Lei galega de Transparencia e Bo Goberno, que ten como obxectivo fundamental facilitar á cidadanía unha maior cantidade de información da que dispoñía e da que establece a lexislación estatal. Deste xeito, a Xunta reafirma o seu compromiso no que respecta á transparencia e ao libre acceso dos cidadáns á información e Galicia converteuse na comunidade que máis obrigas ten asumido nesta materia coa senda iniciada en 2016 a través da aprobación súa normativa autonómica.

Neste ámbito, unha das ferramentas máis importantes é o Portal de Transparencia e Goberno aberto da Xunta, que situou a Galicia á vangarda do Estado e que contén máis de 1.200 páxinas web onde se poden visualizar máis de 3.000 documentos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48616/xunta-participa-reunion-comision-transparencia-para-velar-polo-cumprimento-acceso

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.