A Xunta oferta 1.809 prazas en 12 campamentos de verán na provincia da Coruña

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado e como novidade minicampamentos de cinco días

Poderán participar mozas e mozos con necesidades especiais e ofértanse para persoas con discapacidade no Albergue Xuvenil de Gandarío

Elaborouse un protocolo específico ante a covid-19 no que se recollen medidas como a redución do aforo, o reforzo do persoal monitor e o incremento das medidas hixiénico sanitarias

A Xunta presentou esta semana a campaña de verán para este 2020, que baixo o nome O verán que necesitas pon á disposición da mocidade 1.809 prazas en diferentes actividades e campamentos de verán na provincia da Coruña. A proposta de actividades, que comezarán na segunda quincena de xullo e se prolongarán ata comezos do mes de setembro, inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado e como novidade minicampamentos de cinco días, de luns a venres, en establecementos turísticos. O prazo de solicitude abriuse o pasado martes e terá unha duración de sete días hábiles.

Entre as novidades deste ano está o incremento da variedade das actividades con campamentos de cociña no Centro Superior de Hostalería de Galicia e realizaranse actividades novas en Aldea do Couto (Ponteceso), Albergue de Mazaricos, Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e no Albergue Alvarella.

Así mesmo, un ano máis poderán participar todas as mozas e mozos de Galicia con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais. Neste sentido, lembrou que existe unha convocatoria específica para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos dotada este ano con 132 prazas. Na provincia da Coruña ofértanse prazas no Albergue Xuvenil de Gandarío.

Protocolo específico

Este programa pretende agradecer a nenos e pais o esforzo realizado durante os últimos meses de confinamento. Baixo o nome O verán que necesitas, esta campaña permitirá darlle as familias un servizo de conciliación atendendo sempre ás medidas de hixiene e seguridade que require actual situación.

Por iso, esta decisión foi consensuada co Comité Clínico, o cal ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias como a redución do aforo nas instalacións para garantir o distanciamento de 1,5 metros, o reforzo do persoal monitor, que permitirá traballar en grupos máis reducidos nas actividades e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.


CAMPAMENTOS PROVINCIA DA CORUÑA

CONCELLOCAMPAMENTOACTIVIDADE
SADAAventura nas Mariñas (Albergue Xuvenil Marina Española)Campamento multiaventura no medio mariño con xogos, busca de tesouro, aula da natureza, actividades na praia, rutas ambientais, BTT
BERGONDOActividades no marVideo MappingA vista de páxaro: DronsAdestrando ao meu robot(Albergue Xuvenil Gandarío)Campamento naútico –deportivo e de aventura, achegamento á composición de videos, achegamento á creación, control e voo dun dron e achegamento aos principios tecnolóxicos para a creación de robots sinxelos
VILASANTARSaborea a vida no rural (Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar)Actividades de aventura en contacto coa natureza e achegamento ao medio rural e ao agro
SOBRADO DOS MONXESA aldea perdida(Granxa Zoo de Grixalba)Campamento de aventura para fomentar o coñecemento e o respecto polo medio natural e polos animais
  
PORTO DO SONNatureza xunto ao mar(Campamento Xuvenil Virxe de Loreto)Campamento náutico e de aventura
BOIROCandilexas(Campamento Xuvenil Espiñeira)Campamento de temática teatral e de multiaventura
MAZARICOSMultiaventura e aeronáutico(Albergue X. Aeródromo da Fervenza)Actividades de multiaventura na natureza e taller de aeronáutica
  
PONTECESOUn país para pintores e poetas(Aldeo do Couto)Campamento de temática artística (creación audiovisual, creación literaria e poética, teatro, música e cerámica e festiva das artes
  
MELIDENatureza no Camiño(Campamento Xuvenil Furelos)Campamento de multiaventura no medio natural con xincanas, bicicleta de montaña, orientación, sendeirismo, tiro con arco, aula da natureza e karaoke
SANTIAGO DE COMPOSTELAO sabor do verán(Centro Superior de Hostalería de Galicia)Cociña e ambiente, iniciación á conciña, xogos ecolóxicos, limpeza da natureza, ruta sendeirismo, obradoiro de reciclaxe, coñecemento da contorna,xogos de concienciación ambiental
  
FERROLVerán activo (Escola Oficial Náutico Pesqueira)Rutas naturais, visitas culturais, actividades deportivas, xogos acuáticos, obradoiros creativos, actividades no medios natural e de aventura
VILARMAIORAventura nas Fragas (Albergue de ecoturismo Alvarella)Xogos de orientación, de pistas e tradicionais, rutas de sendeirismo e ruta interpretada polas Fragas do Eume.

PRAZAS PROVINCIA DA CORUÑA

A CORUÑATOTAL
Campamentos de 9 a 17 anos1.6525.217
Campamentos específicos Disca15 (Gandarío)132
Minicampamentos “Coñece Galicia” con Cultura e Turismo34595
Campos de voluntariado só para mozos galegos (de 18 a 30 anos)108336
TOTAL1.8096.872

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49715/xunta-oferta-1-809-prazas-12-campamentos-veran-provincia-coruna

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *