A Xunta e os autónomos acordan comezar a desenvolver de inmediato as medidas recollidas no Plan de reactivación

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participaron esta mañá na mesa do autónomo para avaliar o Plan de Reactivación Económica

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participaron esta mañá na mesa do autónomo, onde se acordou comezar a desenvolver de inmediato as medidas para este sector recollidas no Plan de Reactivación Económica.

O encontro, ao que asistiron representantes de APE Galicia, ATA Galicia e Agtarmar-UPTA, enmárcase nas reunións que desde a Administración autonómica se están mantendo cos axentes económicos e sociais na busca de avaliar iniciativas e chegar a un consenso sobre as medidas máis oportunas para facer fronte ao impacto socioeconómico da covid-19.

Tal e como explicou Conde, os autónomos galegos teñen un importante peso na economía galega e, por iso, o Plan de Reactivación servirá para acompañar a este colectivo permitindo xerar novas oportunidades, tras as primeiras medidas adoptadas no eido da inxección de liquidez e xeración de confianza.

Neste sentido, está en marcha o programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos e as liñas enmarcadas no fomento da dixitalización, para que os autónomos aproveiten as oportunidades que brinda a tecnoloxía para vender en tempo real as 24 horas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49661/xunta-autonomos-acordan-comezar-desenvolver-inmediato-medidas-recollidas-plan

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.