A Xunta destina máis de 771.000€ a 16 concellos da área da Coruña para mellorar a súas infraestruturas rurais

A Xunta destina máis de 771.000€ a 16 concellos da área da Coruña para mellorar a súas infraestruturas rurais

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o concello de Mesía para comprobar as actuacións financiadas pola Consellería do Medio Rural de mellora de infraestruturas rurais. Así, este municipio contará con máis de 106.000 euros do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e do plan de infraestruturas rurais para acondicionar o camiño de Pereira a Campo de Cruces e o camiño de Fonte de Reboredo e outros. O delegado da Xunta destacou que estes dous plans deixarán en 16 concellos da comarca da Coruña máis de 771.000 euros na convocatoria 2020-2021 para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal e outras infraestruturas rurais.

Trenor sinalou que o obxectivo destes dous plans “é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, que pasa por acondicionar as dotacións existentes en infraestruturas básicas, ao tempo que levamos a cabo actuacións dirixidas á potenciar os servizos básicos para a poboación rural”.

Neste senso, apuntou que “as infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo. Con estas obras buscamos por una banda facilitar a accesibilidade e a vertebración do territorio e por outra, contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria, o que redunda nunha maior axilidade das operacións e nunha redución dos custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado”.

Así, mediante o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, búscase facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Máis concretamente, as que incidan na mellora da seguridade viaria, permitan o cruzamento de vehículos ou sobrelargos necesarios en zona de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén melloras no firme axeitado para as características do tráfico que soportan, obras de drenaxe, de muros e contención así como adecuación de pasos de canles e reforzos das cunetas. Porén, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Plan Marco 2021-2022

O Plan marco de mellora de camiños municipais está destinado a todos os concellos de Galicia e contará con máis de 14 millóns de euros para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022. Isto supón que se incrementará en case un 20% a asignación económica total para estas subvencións, con respecto á convocatoria anterior.

Para chegar a todos os concellos, establecéronse uns criterios de distribución previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), en base a indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa. A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie do concello, ao peso do agro no municipio e ao grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, prevese un incremento do 50% para os concellos fusionados.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56042/xunta-destina-mais-771-000-16-concellos-area-coruna-para-mellorar-suas-infraestruturas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.