A Xunta de Galicia leva entregadas aos concellos da provincia da Coruña 528.180 unidades de material de protección para facer fronte á Covid-19

Esta semana enviouse unha nova partida de 39.900 luvas, 13.826 máscaras e 606 traxes antisalpicaduras

Entre as partidas enviadas esta semana inclúense 303 botes de xel hidroalcohólico e 213 garrafas de 5 litros de desinfectante

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos e as tres cidades da provincia da Coruña. Neste provincia a partida inclúe 13.826 máscaras, 39.900 luvas e 606 traxes antisalpicaduras. Unha parte das máscaras entregadas neste envío foron cedidas pola Deputación da Coruña para repartir entre todos os municipios. Ademais, os concellos da Coruña tamén recibiron esta semana 303 botes de xel hidroalcohólico e 213 garrafas de 5 litros de desinfectante.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos 93 concellos da provincia da Coruña en conxunto 528.180 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria. En total foron 271.797 máscaras, 248.550 luvas, 4.393 traxes, 3.400 batas e 40 pantallas faciais de protección.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas incluíronse asemade 1.461 botes de xel hidroalcohólico, 254 garrafas de desinfectante e 1.195 unidades de lixivia.

Cómpre lembrar que nun primeiro momento, o Goberno repartiu material de protección ao 100% dos concellos da área coruñesa priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e ampliando, posteriormente, as entregas ás cidades. A Xunta está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación e a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48531/xunta-galicia-leva-entregadas-aos-concellos-provincia-coruna-528-180-unidades

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.