A Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e superación persoal de ESO a 20 estudantes

Valoran a capacidade de superación do alumnado que cursa 4º de Secundaria fronte ás dificultades, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se conceden os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20. Estes galardóns recoñecen a capacidade de superación de dificultades de 20 alumnas e alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural.

A Xunta destina un total de 15.000 euros para estes premios a razón de 750 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden. A relación de centros con estudantes galardoados é a seguinte:

ProvinciaLocalidadeCentro
A CoruñaA CoruñaCPR Plurilingüe Santa María del Mar
A CoruñaA CoruñaIES Plurilingüe Rafael Dieste
A CoruñaA CoruñaCPR Plurilingüe Cristo Rey
A CoruñaBetanzosIES Francisco Aguiar
A CoruñaFerrolIES Saturnino Montojo
A CoruñaTouroCPI Plurilingüe de Fonte-Díaz
OurenseVerinIES Xesús Taboada Chivite
OurenseOurenseIES Universidade Laboral
OurenseOurenseCPR Plurilingüe La Purísima (2)
OurenseA GudiñaCPI Plurilingüe Laureano Prieto
PontevedraVigoIES Valadares (5)
PontevedraVigoIES Álvaro Cunqueiro
PontevedraVigoCPR Plurilingüe El Pilar
PontevedraNigránIES Val Miñor
PontevedraO PorriñoCPR Santo Tomás

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/54090/xunta-concede-premios-eso-esforzo-superacion-persoal-eso-20-estudantes

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *