A Xunta organiza preto de 60 talleres en diferentes concellos galegos para informar sobre a nova tarifa eléctrica

O director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Manuel Heredia, asistiu esta tarde a unha destas charlas que se levou a cabo no Museo do Moble e da Madeira da Estrada

O Goberno galego ten programados un total de 51 talleres presenciais en núcleos urbanos e rurais e sete virtuais en concellos con Oficinas municipais de información ao consumidor ou Aulas Cemit

O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia, participou esta tarde no Museo do Moble e da Madeira da Estrada nun taller informativo sobre a nova tarifa eléctrica organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), en colaboración coa Federación Galega de Euroconsumo.
No acto, no que tamén interviñeron a directora técnica da Escola Galega do IGCC, Montserrat Rodríguez, e o técnico especialista en electricidade Andrés Breijo Cotelo, o director de Comercio e Consumo da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para dar resposta á cidadanía galega ante as posibles dúbidas xeradas polos tramos horarios da nova factura implantada polo Goberno central o pasado 1 de xuño.
Este taller forma parte dunha campaña formativa posta en marcha desde a Vicepresidencia económica, a través do IGCC, para que os consumidores galegos dispoñan da información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa –val, chairo e punta–, nos que o custo da enerxía será máis barata ou máis cara dependendo da hora do día e da semana.
A iniciativa contempla un total de 58 talleres informativos destinados a solucionar as dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz. Un total de 51 destes talleres serán presenciais, como o desta tarde no concello da Estrada, e levaranse a cabo en zonas tanto urbanas como rurais, esperando chegar a preto de 1.155.000 galegos e galegas. Os sete talleres restantes realizaranse de maneira virtual en aqueles concellos que conten con Oficinas municipais de información ao consumidor (Omic) ou Aulas Cemit.
Ribeira, Vilalba, O Barco, Fisterra, Cuntis, Viana do Bolo e Moraña son algúns dos seguintes concellos nos que o IGCC ten previsto realizar talleres presenciais durante este mes de xuño, aínda que a iniciativa percorrerá diferentes municipios galegos ao longo deste ano.

Campaña inclusiva


Ademais da cidadanía en xeral, o Goberno galego quere trasladar tamén a campaña informativa aos colectivos máis vulnerables. Así, xa iniciou tamén unha serie de charlas baseadas na “resiliencia enerxética”, que se enmarcan dentro dos acordos que o IGCC ten alcanzado con diferentes organizacións e entidades como Cáritas –realizaranse talleres os vindeiros días 22 e 29 de xuño e o 5 de xullo–, Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (Fegaus) e a Once.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia reserva este ano 1,6M€ para o bono eléctrico galego para os fogares con menos recursos, unha iniciativa que en 2020 garantiu a subministración eléctrica a preto de 4400 familias.
Dentro desta campaña informativa, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia traballa tamén en novos contidos dixitais e interactivos na súa web, onde xa se pode atopar información referida á nova tarifa, e crearase tamén un apartado de preguntas e respostas, así como consellos e boas prácticas para axustar a factura.
O IGCC, ademais das súas oficinas repartidas polas sete grandes cidades de Galicia, conta cun servizo telefónico gratuíto a través do número 900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas de luns a venres. Os consumidores tamén poden enviar un correo electrónico coas súas dúbidas a través dun formulario que atoparán na web do organismo, onde hai dispoñible a maiores un asistente de reclamacións. Pódese obter máis información e consellos prácticos a través da páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/59105/xunta-organiza-preto-60-talleres-diferentes-concellos-galegos-para-informar-sobre

A Xunta abre o prazo de adhesión a Fest Galicia 2021 cun incremento de ata 500.000 euros en patrocinios

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aumenta un 25% a dotación destinada o pasado ano aos principais festivais galegos de música asociados á marca

O apoio a este tipo de eventos ascenderá aos 840.000 euros, xa que tamén se retoma con 340.000 euros a liña de subvencións específica que fora suspendida por mor da pandemia

O DOG publica hoxe a resolución da Agadic para a realización de contratos coas empresa promotoras de festivais considerados estratéxicos que se celebren ata o 31 de outubro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria dirixida a festivais profesionais de música galegos para a súa adhesión á cuarta temporada da marca FEST Galicia, á que este ano a Xunta destina 500.000 euros, un 25% máis respecto a 2020. Co actual incremento, refórzase este programa de apoio, que se materializará a través de contratos de patrocinio publicitario coas empresas promotoras e co obxectivo de crear valor engadido neste tipo de eventos para fortalecer a súa posición como produtos culturais e turísticos.

A continuidade de FEST Galicia, que naceu co propósito principal de promover a industria cultural galega, permitirá avanzar na proxección de Galicia como destino musical, na posta en valor das nosas industrias culturais e creativas, na vertebración do territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental, e na adopción de boas prácticas que sirvan como referencia ao sector.

Ademais de FEST Galicia, a Xunta retomou este ano a convocatoria específica de subvencións a festivais de música, que fora suspendida en 2020 por mor da pandemia sanitaria. Esta liña de axudas xestionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) está nestes momentos en proceso de adxudicación e distribuirá outros 340.000 nestes encontros, polo que a inversión total polas dúas canles de sitúase nos 840.000 euros.

Retorno mediático para Galicia e o Xacobeo

FEST Galicia 2021, que forma parte do convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo de Galicia para a programación cultural do Xacobeo 21-22, vai dirixida a empresas privadas organizadoras de festivais de música, coas que se asinarán contratos de patrocinio privado da actividade que desenvolven. Tense en conta para isto a súa importancia e relevancia en canto ao público participante e a súa repercusión nos medios de comunicación, polo que se valora a súa gran relevancia e o retorno publicitario, tanto para a marca galega de festivais como para a difusión do Xacobeo Galicia 21-22.

Entre os requisitos que deben reunir os festivais para formar parte de FEST Galicia 2021, están ter realizado con anterioridade dúas edicións, que tiveran un orzamento superior aos 100.000 euros na edición de 2019, que programen dous artistas por día durante, cando menos, dous días consecutivos, que inclúan un mínimo de tres artistas galegos, que o 95% da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas postas á venda ao público xeral, que implanten algunha medida fronte a posibles impactos medioambientais ou que dispoñan dun plan de igualdade e sustentabilidade.

Na convocatoria deste ano, ademais, estipúlase a obrigatoriedade de aplicación de todas as medidas en materia de seguridade e saúde indicadas nos protocolos sanitarios anti-covid vixentes no momento da celebración do festival. Neste sentido, o pasado venres a Consellería de Sanidade publicou os últimos protocolos actualizados aos que deben acollerse estes eventos, con distintas medidas e capacidades segundo se leven a cabo en espazos abertos ou pechados.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento: CT302A) nun prazo de 15 días hábiles, contados a partir de mañá, isto é, ata o 5 de xullo.

En 2019 presentáronse baixo esta marca 12 citas musicais das catro provincias: PortAmérica (Caldas de Reis), Resurrection Fest (Viveiro), Atlantic Fest (A Illa de Arousa), Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón, Redondela), 17º Ribeira Sacra (Monforte de Lemos, Sober, castro Caldelas. Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilagarcía de Arousa), Cantos na Maré (Pontevedra), Festival de la Luz (Boimorto), Caudal Fest (Lugo) e WOS Festival (Santiago de Compostela). En 2020, debido ás especiais condicións sanitarias, foron 11 os eventos finalmente asociados, xa que non se integraron en FEST Galicia PortAmérica nin Caudal Fest, mais, pola contra, se incorporou por vez primeira o Underfest de Vigo.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/59074/xunta-abre-prazo-adhesion-fest-galicia-2021-cun-incremento-ata-500-000-euros

A Xunta anima ás pemes e autónomos a aproveitar o terceiro Plan de Rescate autonómico para impulsar a súa recuperación tras a pandemia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu este mediodía en Santiago a un webinario organizado por AJE Galicia para destacar este novo plan que sairá publicado mañá no DOG

A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, destacou que a Xunta axilizará o pago dos 234,4 millóns de euros do terceiro Plan de rescate cun sistema de adiantos que minimiza a burocracia

O plan reserva o 85% dos fondos dispoñibles a autónomos e microempresas, que supoñen o 97% do tecido produtivo galego

A Xunta, a través dos tres plans de rescate e outras axudas directas xestionadas por diferentes departamentos autonómicos, puxo 560M€ a disposición dos sectores e actividades económicas mais prexudicadas pola pandemia
 

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou este mediodía en Santiago de Compostela, nun webinario organizado por AJE Galicia no que tamén participou a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, a oportunidade que supón para os sectores afectados pola crise da covid-19 a posta en marcha do terceiro Plan de Rescate, co que a Xunta quere seguir acompañando ao tecido produtivo, pemes e autónomos para compensar sacrificios e axudarlles a recuperar a súa actividade.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá as bases da convocatoria desta iniciativa coa que a Xunta porá a dispor de autónomos e empresas 234,4 millóns de euros, unha contía que sumada ao investimento dos dous plans de rescate activados con anterioridade polo Goberno galego suman 416M€.

O vicepresidente económico quixo mandar unha mensaxe de optimismo asegurando que a estabilización do plano sanitario actual tamén consolida un escenario de reactivación económica, o que impulsará de novo sectores como o turismo, a hostalería ou o comercio. Con respecto a este último, Conde salientou a activación de 19 millóns de euros por parte a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación co obxectivo de axudar aos comerciantes galegos no que vai de pandemia, a través de campañas de dinamización do consumo como o Bono Activa Comercio, con bonos desconto de 30 euros para mercar nas tendas de proximidade –10M€–; o Plan Renove Electrodomésticos –cun orzamento de 3M€–; ou o Bono Enerxía  –3M€–; así como para o fomento da dixitalización no sector –5M€–.

En paralelo, a consellería tamén puxo en marcha liñas de axudas directas ao sector da hostalería, destinando 11 millóns de euros para o acondicionamento das terrazas e a mellora do servizo de venda de produtos para levar á casa ou para recoller no establecemento.

Estes apoios son un exemplo da aposta da Xunta de Galicia por acompañar aos sectores e profesionais que peor o están a pasar, en contraposición coas axudas que destinará o Goberno central á comunidade con cargo aos fondos covid-19. De feito, este reparto do Executivo estatal levou a que Galicia xa percibise 660 millóns menos dos que lle corresponden, pois apenas recibe o 3,3% dos 7.000M€ que se van repartir en toda España.

Pagos con tramitación máis áxil

Pola súa banda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, indicou que con esta nova convocatoria do terceiro Plan de rescate, o Goberno galego chegará a todos os sectores que acrediten alo menos un 40% de caída do volume de operacións. “Reservamos un 85% dos fondos a autónomos e microempresas, para apoiar a continuidade da actividade empresarial na nosa comunidade respecto deste colectivo que constitúe o 97% do noso tecido produtivo”, manifestou Lorenzana.

Así mesmo, indicou que a Administración autonómica axilizará a tramitación dos pagos do 3º plan, minimizando a burocracia, e mediante o adianto do 100% dos importes que correspondan mediante a través da sinxela presentación dunha declaración responsable.

A conselleira, ademais, apuntou que a estes 416 millóns de euros dos tres plans de rescate hai que engadir outros 145 millóns xestionados por diferentes departamentos autonómicos, ata un total de 560 millóns en axudas directas extraordinarias para os sectores e actividades económicas máis prexudicadas pola pandemia.

Por último, Lorenzana avanzou que nas próximas semanas publicarase tamén no DOG diversos programas de axudas aos autónomos que suman preto de 20 millóns de euros. En concreto, activarase o Bono Autónomo co apoios de ata 3.000 euros para a mellora da competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia; as axudas para a promoción do emprego autónomo coas que se apoia o inicio de actividade; as destinadas a impulsar a contratación indefinida de persoas asalariadas, do primeiro, segundo e terceiro traballador; os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica; e os apoios ás asociacións de autónomos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58940/xunta-anima-pemes-autonomos-aproveitar-terceiro-plan-rescate-autonomico-para

A Xunta reforza en Culleredo a preparación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ante lumes de situación operativa 1

Hoxe levouse a cabo un simulacro na parroquia de Celas, para comprobar as capacidades do dispositivo en lumes que afectan de xeito importante ao monte ademais de poder poñer en risco ás persoas e bens

En concreto, realizáronse adestramentos específicos sobre comunicacións Tetra, manobras de autoprotección ou coordinación de medios

A Xunta realizou esta mañá un simulacro no concello de Culleredo para reforzar a preparación do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF) de Galicia ante lumes nos que se activa a situación operativa 1, pola afectación a masas forestais e pola posibilidade de que estean en risco tanto as persoas como os seus bens. Deste xeito, comprobáronse as capacidades xerais do dispositivo neste tipo de situacións.

Así, o distrito forestal II Bergantiños-Mariñas coruñesas puxo a proba a capacitación dos efectivos mediante adestramentos específicos sobre comunicacións Tetra, manobras de autoprotección, coordinación de medios, etc. Tamén se ensaiou a activación da chamada de emerxencia por parte dos profesionais cando se atopan en situacións de perigo.

Este simulacro desenvolveuse no monte Xalo, na parroquia de Celas, onde participaron 2 técnicos, 3 axentes, 3 brigadas e 3 motobombas. Ademais, tamén se despregou persoal de protección civil de Culleredo e A Laracha para dar apoio loxístico nas tarefas de extinción.

En definitiva, este tipo de prácticas permiten non só reforzar os coñecementos dos integrantes do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia senón tamén testar a operatividade das tecnoloxías e así familiarizar aos profesionais co seu emprego.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58860/xunta-reforza-culleredo-preparacion-servizo-prevencion-defensa-contra-incendios

A Xunta recorrerá ao Tribunal Constitucional se o Goberno central non retira as novas restricións á hostalería, ao ocio nocturno e ao límite de reunións

O Goberno galego oponse á normativa do Executivo estatal ao considerar que se invaden competencias das comunidades

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, trasladaron esta posición a representantes do sector da hostalería e do ocio nocturno, cos que se reuniron esta tarde

Nos encontros informouse de que a Xunta solicitará que se flexibilicen as medidas en base aos datos de cada autonomía porque o Goberno central, ao contar cuns horarios ríxidos ata acadar a inmunidade, bloquea o avance en Galicia dunha desescalada gradual e segura como ata agora

Tamén se lles explicou as condicións para acceder ao 3º Plan de Rescate, que se suman aos máis de 180M€ mobilizados nas dúas convocatorias anteriores da Xunta

A Xunta oponse á nova normativa do Goberno central sobre os horarios na hostalería e o ocio nocturno e o límite das reunións. Polo tanto, se o Executivo estatal non retira as medidas, o Goberno galego presentará un recurso ante o Tribunal Constitucional, ao considerar que o texto invade competencias das comunidades autónomas.

Así llo trasladaron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, a representantes do sector da hostalería e do ocio nocturno, aos que informaron da posición que a Asesoría Xurídica da Xunta xa ten avanzada.

A Xunta incide en que, ademais de invadir competencias das autonomías, a nova norma estatal publicada o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE) esixe uns horarios ríxidos ata acadar a inmunidade sen ter en conta a evolución da situación epidemiolóxica en cada territorio.

Deste xeito, o Goberno galego advirte de que de manterse esta normativa sen unha aplicación flexible en función dos datos de cada comunidade, no caso de Galicia o Goberno central estaría a bloquear durante meses o avance na desescalada gradual e prudente que se está a levar a cabo ata agora no marco das reunións semanais do comité clínico e, sempre segundo a evolución epidemiolóxica en cada momento.

Nesta liña, a norma do Goberno central tampouco posibilitaría ampliar ao 75% a capacidade do interior dos establecementos do sector da hostalería como estaba previsto se a comunidade galega continuaba mellorando os seus índices.

Por iso, a Xunta espera que na reunión do mércores do Conselllo Interterritorial entre o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, o Executivo central rectifique e permita a posibilidade de axustar as medidas á situación de cada autonomía.

En ambos encontros, informouse de que a Xunta vén de aprobar o 3º Plan de Rescate, a través dos que se distribuirán os 234,4 millóns dos fondos aportados polo Estado que corresponderán á Galicia, e que supoñen o 3,3% dos 7.000 millóns que se repartiron en toda España. Dentro da escasa marxe de manobra que o Goberno central deixa ás comunidades, Galicia priorizará que as axudas cheguen ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, que supoñen o 97% do tecido produtivo galego, reservando para eles o 85% do plan.

Cos dous primeiros plans de rescate a Xunta mobilizou un total de 182 millóns de euros de fondos propios co obxecto de aportar liquidez a autónomos, microempresas e actividades afectadas polos peches sanitarios durante a pandemia e contribuír á permanencia do emprego e da viabilidade destes negocios. Máis da metade dese diñeiro, cun total de case 87 millóns de euros, destináronse ao sector da hostalería.

Por outra parte, e pese ás normas do Goberno central, a Xunta seguirá coa proba piloto no ocio nocturno o vindeiro sábado en seis establecementos, concretamente en dúas discotecas e catro pubs de concellos con niveis de restricións medio-baixos co obxectivo de garantir a saúde e a seguridade de traballadores e clientes.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58819/xunta-recorrera-tribunal-constitucional-goberno-central-non-retira-novas-restricions

Culleredo, Oleiros y Bergondo son los municipios con mayores tasas de empresas en ERTE

Los municipios de Culleredo, Oleiros y Bergondo son los que más porcentaje de unidades empleadoras con al menos un trabajador en ERTE tienen en la comarca coruñesa, situándose también por encima de los ayuntamientos de la comarca de Betanzos.

Así lo deja ver una de las últimas estadísticas que realiza el Instituto Nacional de Estadística (INE) en el marco de la pandemia del coronavirus y que refleja que, al cierre del primer trimestre de este mismo año, Culleredo contaba con un 16,44% de empresas en esta situación, Oleiros un 16,43%, mientras que Bergondo se encuentra muy por encima, con el 22,35%.

El resto de las dos comarcas se encuentran por debajo de estos valores, siendo la ciudad de A Coruña la única que se acerca a ellos, con un 15,6% de unidades empleadoras con, como mínimo, uno de sus trabajadores en ERTE.

En el otro lado de la moneda, el INE refleja que ayuntamientos como Oza-Cesuras o Abegondo marcan los mínimos, con 2,94% y un 5,71%, respectivamente.

Entre medias se sitúan el resto de municipios, como Arteixo (12,8%), Sada (10,76%), Cambre (14,4%), Betanzos (12,89%), Carral (12,74%), Curtis (12,28%) o Aranga (13,21%).


Hace un año


La situación hace un año, cuando dio comienzo esta crisis era un tanto diferente. Culleredo estaba también entre las tres localidades con una mayor tasa de ERTE (25,82%), pero sus seguidores eran otros: A Coruña (23,63%) y Cambre (23,06%).

Los mínimos, no obstante, eran los mismos que ahora, ya que Oza-Cesuras contaba con una tasa del 7,69% y Abegondo con 6,73%).

Pero en aquel momento eran muchos los municipios que superaban una quinta parte de empresas con expedientes temporales: Arteixo (21,09%), Oleiros (22,57%), Sada (20,05%), Bergondo (22,66%), Aranga (22,41%) y Paderne (20,93%).

https://www.elidealgallego.com/texto-diario/mostrar/2942464/

La Xunta destinó más de 1,2 M€ a 189 restaurantes y cafeterías de la comarca de A Coruña para facilitar el acondicionamiento de terrazas y las ventas a domicilio o para llevar

El Gobierno gallego aporta 11 M€ a nivel autonómico para esta línea de ayudas que permite adaptar los espacios exteriores y adquirir materiales de empaque de comidas y bebidas

El programa, que incluye anticipos por la mitad del importe, ofrece apoyos que pueden conseguir el 80% de las inversiones, hasta un máximo de 20.000 euros

El delegado de la Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, visitó esta mañana el restaurante Samaná, uno de los establecimientos beneficiado por la orden de ayudas dirigida a los sectores de la hostelería y la restauración para facilitar su actividad y que sea compatible con las medidas de protección de la salud ante la covid-19. Con este plan se buscó asegurar la cobertura del mayor número posible de inversiones que están realizando los establecimientos en el acondicionamiento de los espacios exteriores y en la puesta en marcha del servicio de ventas a domicilio o para llevar.

Tal y como subrayó el delegado de la Xunta, Gonzalo Trenor, en la comarca de A Coruña se concedieron 189 ayudas por un importe de más de 1,2 millones de euros, de una convocatoria que cubrió el 80% de la inversión. En Galicia el Gobierno autonómico aportó 11 millones de euros para esta orden de ayudas que amplió hasta en dos ocasiones.

El programa ofreció apoyos directos a autónomos y pymes de menos de 50 trabajadores, siendo la ayuda mínima de 1200 euros y máxima de 20.000. Además, incluyó la aportación de anticipos en el momento de la resolución favorable de la ayuda por la mitad de la cuantía de los gastos realizados.

Entre las características de las solicitudes de apoyos presentadas, destacó la dimensión de los proyectos de adecuación de los exteriores, ya que una parte importante de los restaurantes y cafeterías solicitantes acometieron reformas sustanciales en esa parte de sus locales. Las ayudas facilitadas por el programa pudieron destinarse a cubrir los gastos e inversiones realizados para instalar cierres estables o elementos desmontables que sirvan de aislamiento o protección, renovación del mobiliario, instalación de sistemas de iluminación y aparatos calefactores en las terrazas, así como de mejora de la fachada exterior de los establecimientos.

En cuanto a los apoyos destinados a sufragar los gastos de adquisición de elementos de envasado de comida y bebida para la entrega a domicilio o la recogida en el local, es de destacar la gran cantidad de solicitudes presentadas, lo que indica que una parte relevante de los establecimientos hosteleros de la Comunidad incorporaron o reforzaron este servicio entre sus actividades.

AYUNTAMIENTOSAYUDASMOVILIZADOMOB. CIERREMOB. ADECUACIÓNMOB. ENVASESAYUDA
A Coruña.113869.084€429.097€206.794€233.193€695.267,08 €
ABEGONDO114.995€8.505€6.490€11.996,00 €
ARTEIXO754.064€26.060€18.670€9.334€43.251,40 €
BETANZOS977.050€50.164€21.553€5.333€61.640,25 €
CAMBRE430.063€20.749€6.909€2.405€24.050,67 €
CARRAL15.167€2.160€3.007€4.133,25 €
CULLEREDO17158.867€88.217€41.174€29.476€127.093,73 €
CURTIS219.586€19.586€15.668,80 €
MESIA28.816€8.301€515€7.053,02 €
MIÑO111.000€7.000€4.000€8.800,00 €
OLEIROS19212.676€116.749€74.061€21.866€170.140,88 €
SADA950.040€24.528€23.621€1.891€40.031,75 €
SOBRADO319.259€13.040€386€5.833€15.407,59 €
VILASANTAR111.146€10.425€721€8.916,65 €
TOTAL1891.541.813€    817.579€410.901€313.332€1.233.451 €

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58740/xunta-destino-mas-1-2-189-restaurantes-cafeterias-comarca-coruna-para-facilitar

Un total de 5260 establecementos galegos uníronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha para fomentar as compras de proximidade

Destaca que 126.000 galegos xa descargaron o bono para realizar as súas compras

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que 5.260 establecementos galegos adheríronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha para fomentar as compras de proximidade. Os comerciantes tiveron de prazo para formar parte desta iniciativa ata o 31 de maio, manténdose aínda aberto o período para a descarga dos bonos por parte dos clientes.

Logo de lembrar que esta iniciativa forma parte dunha batería de incentivos destinados á reactivación do consumo, entre os que destacan o Plan Renove Electrodomésticos, o Bono Comercio-Enerxía Peme e as axudas á dixitalización do comercio, Feijóo subliñou que, cun orzamento de 10 millóns de euros, o Bono Activa Comercio aspira a xerar unha mobilización de 55 millóns, a través de bonos desconto de 30 euros.

Así mesmo, precisou que, por sectores, a iniciativa tivo gran acollida no téxtil e calzado, con 1.151 establecementos (30% do total); no comercio polo miúdo de libros e papelería (393); e en salóns de peiteado e barberías (332).

Por último, Feijóo destacou que 126.000 galegos xa descargaron o bono para realizar as súas compras nestes dous primeiros meses, incidindo en que esta iniciativa, á que se pode ter acceso a través da web bonosactivacomercio.gal, continúa aberta para os consumidores.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58642/total-5260-establecementos-galegos-unironse-bono-activa-comercio-posto-marcha

A Xunta e Ingada presentan unha guía para asesorar ás familias de nenas e nenos con TDAH no uso das novas tecnoloxías

A Xunta e a Fundación Ingada presentaron esta mañá unha ‘Guía sobre as novas tecnoloxías’ para axudar ás familias de nenas e nenos con Trastorno do Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) no uso excesivo de ferramentas dixitais como videoxogos ou redes sociais. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delgado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou neste acto que tivo lugar na cidade herculina.

Fabiola García lembrou que as restricións da pandemia supuxeron un reto para as familias con nenos, especialmente para aquelas con nenas e nenos con TDAH. Neste sentido, apuntou que as condicións propias destes rapaces poden afectar no uso que fan destas ferramentas. Por este motivo, “é importante contar coa información e os recursos necesarios para facelo”, destacou.

Esta guía foi editada por Ingada co apoio da Xunta, que destinou no ano 2020 un total de 60.000 euros a esta entidade. O seu obxectivo é polo tanto atopar a vía para, sen negar o acceso ás novas tecnoloxías, contar coas claves para facer un uso axeitado do mundo online.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58551/xunta-ingada-presentan-unha-guia-para-asesorar-familias-nenas-nenos-con-tdah