La Xunta repondrá los 40.000 euros invertidos y elevará el presupuesto del Rego de Trabe

La Jefatura y la Dirección Xeral de Centros acceden a la demanda del instituto de reintegrar los gastos para adecuar el edificio de Mariñas y tramitan la contratación de un conserje

La Xunta ha accedido a la demanda del instituto Rego de Trabe, de Culleredo, de incrementar su asignación presupuestaria para este curso y de reintegrarle la inversión realizada para adecuar el edificio de Mariñas, que hasta este año escolar estaba adscrito al instituto vecino Universidade Laboral. La Jefatura Territorial y la Dirección Xeral de Centros han anunciado esta semana que se aumentará el presupuesto para el Rego de Trabe en 10.000 euros con respecto a la consignación inicial de 69.319 euros, además de ingresarse 40.481 euros para reponer los gastos realizado en el inmueble que este año se adhirió a este centro.

La administración autonómica, además, asegura que la Subdirección Xeral de Persoal tramita la solicitud de la contratación de un conserje, como reclamó el instituto, y que está pendiente de resolución, como ha informado la dirección del centro. Con respecto a su demanda de ejecutar un cierre perimetral del edificio de Mariñas para evitar que más alumnos de la Laboral pasen a dependencias del Rego de Trabe, la Xunta ha informado de que el centro deberá ejecutar la obra con fondos de las nuevas asignaciones.

La dirección del instituto se muestra satisfechas por que el Gobierno gallego ha atendido a sus demandas. El Consello Escolar del centro manifestó su “malestar” a finales del mes pasado por lo que consideraba un “trato injusto”. Juzgaba insuficiente el presupuesto asignado al centro para este curso y reclamó que la asignación presupuestaria fuese acorde al incremento de alumnos y gastos vinculados al edificio Mariñas, en el que invirtió 39.527 euros. El órgano de representación de la comunidad escolar demandó, además, que se enviase un conserje para las nuevas dependencias y que se construyese o financiase la ejecución de un muro para separar el edificio de la Laboral, dado que alumnos de este otro instituto habían varias veces en el inmueble de Mariñas.

En un escrito remitido al jefe territorial de Educación, al inspector jefe del área educativa de A Coruña y a la inspectora del centro, el Consello Escolar aseguró que asumir el edificio de Mariñas había supuesto “doblar los gastos (luz, agua, doble mantenimiento de ascensor, doble plan de evacuación, doble servicio de alarma, entre otros)” y que “la situación económica” del Rego de Trabe les obligaba a “estar endeudados”. “Se están pagando los gastos corrientes con dinero que la Consellería ingresó al Rego de Trabe para hacer remodelaciones de aulas en el verano de 2021 y que, según instrucciones recibidas, no deben invertirse en otra cosa”, afirmó el organismo de representación.

En sus escritos, concretó que incremento de presupuesto con respecto al del curso anterior, de 66.653 euros a 69.319 euros, resultaba insuficiente en comparación con la subida de número de alumnos, que habían pasado de 482 a 683. Aseguró, además, que otros centros del entorno “con menor número de alumnos perciben una cantidad superior” de presupuesto, como el cambrés David Buján o el sadense Díaz Pardo. Además, asegura que la Laboral “ve el presupuesto muy poco modificado” pese a haber perdido “Bachillerato, Secundaria de Adultos y la gestión del edificio de Mariñas”.

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/05/30/xunta-repondra-40-000-euros-52398052.html

Feijóo anuncia a ampliación dos máximos permitidos para reunións de non conviventes, que serán de 6 en interiores e 10 en exteriores

Avanza as novas medidas acordadas polo comité clínico que entrarán en vigor o vindeiro sábado

Destaca o incremento do aforo nos establecementos comerciais, reunións profesionais, actividades culturais ou académicas pasando do 50 ao 75% cando sexa compatible co mantemento dunha distancia de 1,5 m nos niveis medio e medio baixo

Subliña que naqueles centros situados en concellos en nivel medio e medio-baixo, os residentes poderán saír do centro todos os días, manténdose a duración máxima de catro horas

“Un de cada catro galegos susceptible de vacinar xa está inmunizado a día de hoxe”, di

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa do Consello as novas medidas que entrarán vigor o vindeiro sábado, tras a reunión onte do comité clínico, e que hoxe mesmo serán enviadas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a súa validación.

Así, nun primeiro termo destacou que os concellos de Mos, A Pobra do Caramiñal e Lobios quedarán en nivel máximo de restricións e, polo tanto, estarán pechados perimetralmente, a hostalería permanecerá pechada e non estarán permitidas as reunións de non conviventes.

En nivel alto estarán os concellos de Ordes, Ribeira, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro. E, en nivel medio situaranse os concellos de O Barco de Valdeorras, Boiro, Rianxo, Cervo, Xove, Vilalba, Monforte, Moaña, Ponteareas, Cambados e Bueu.

No tocante aos avances na apertura, o presidente da Xunta anunciou que se ampliarán os máximos permitidos para reunións de non conviventes: de 4 a 6 en interiores e de 6 a 10 para as reunións en exteriores. Se ben, manterase a imposibilidade de reunirse con non conviventes entre a 1 e as 6 horas da madrugada.

Así mesmo, precisou que se incrementará o aforo nos establecementos comerciais, reunións profesionais, actividades culturais ou académicas pasando do 50 ao 75% cando sexa compatible co mantemento dunha distancia de 1,5 metros nos niveis medio e medio baixo.

En relación ás residencias da terceira idade, subliñou que naqueles centros situados en concellos en nivel medio e medio-baixo, os residentes poderán saír do centro todos os días, manténdose a duración máxima de catro horas. E aqueles traballadores que completasen a segunda dose da vacina hai sete ou máis días non terán que encher a enquisa epidemiolóxica que tiñan que facer cada día antes de empezar a súa quenda.

En paralelo a este proceso de apertura, Feijóo aseverou que Galicia continúa tamén co proceso de vacinación. Así, máis de 1.153.000 galegos teñen unha dose e máis de 612.000 están xa inmunizados coa pauta completa, o que representa case o 26% do total da poboación diana (maiores de 16 anos). “Un de cada catro galegos xa está inmunizado na súa totalidade”, precisou.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58401/feijoo-anuncia-ampliacion-dos-maximos-permitidos-para-reunions-non-conviventes

Os concertos, festivais e verbenas poderán volver a celebrarse con aforos de ata 10.000 persoas en función do recinto

A Xunta traballa en medidas sanitarias e organizativas que permitan retomar os eventos musicais de xeito seguro con capacidades de entre 1.000 persoas de pé e 5.000 sentadas que poderán chegar ata os 10.000 nalgúns casos

O 19 de xuño realizaranse probas piloto con orquestras en cinco concellos para ensaiar a posta en marcha

As pautas sobre as que se elaboran os protocolos son froito do diálogo que o Goberno galego mantén co sector e que posibilitan reactivar a actividade nun momento clave como este Xacobeo 21-22

Co fin de ofrecer certezas a organizadores, público e traballadores, actualmente estanse a tratar diferentes aspectos como a posibilidade de consumir comida ou bebida

Alfonso Rueda destacou que o Ano Santo servirá de elemento vertebrador para posicionar a imaxe da marca Galicia como sinónimo de calidade

Julio García Comesaña salientou que a situación é mellor, pero que debemos avanzar de xeito gradual e paulatino de cara á nova normalidade

Román Rodríguez afirmou que a cultura é máis necesaria que nunca e subliñou o esforzo dos profesionais para ofrecer ao público programación segura

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Educación e Universidade, Julio García Comesaña e Román Rodríguez, informaron hoxe sobre os protocolos sanitarios nos que a Xunta de Galicia está traballando para que os concertos, festivas e verbenas poidan volver a celebrarse de xeito seguro nun momento clave como o Xacobeo 21-22 e con aforos de entre 1.000 persoas de pé e 5.000 sentadas que poderán chegar ata os 10.000 asistentes en función das características do recinto.

Trátase de pautas específicas sobre as que a Administración autonómica traballa en colaboración cos profesionais do sector. Así, por unha banda estanse deseñando directrices para espectáculos con baile ao aire libre de afluencia media, con máximo de 1.000 persoas de pé, e, por outro lado, avánzase en medidas para os grandes espectáculos cunha maior afluencia de público, como concertos ou festivais de maior formato.

Co fin de ofrecer certezas a organizadores, público e traballadores, actualmente estanse a tratar diferentes aspectos como a posibilidade de consumir comida ou bebida, pero en todos os casos o uso da máscara será obrigatorio e deberán cumprirse as distancias de seguridade de, polo menos, 1,5 metros e de 5 metros entre o escenario e o público. Os asistentes terán á súa disposición dispositivos de xel hidroalcohólico ou desinfectantes nos puntos de entrada e saída así como nos aseos.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que o Xacobeo 21-22 servirá de elemento vertebrador para impulsar o crecemento das industrias culturais e posicionar a imaxe da marca Galicia como sinónimo de calidade. Por iso, incidiu na aposta do Goberno galego por recuperar a confianza do público na asistencia a espectáculos que contarán con todos os protocolos necesarios para desfrutar de eventos seguros.

Así, engadiu que o Goberno galego leva tempo traballando para ofrecer a turistas e peregrinos un destino seguro, como se promocionou estes días en Fitur, cun Xacobeo con moitos actos descentralizados por toda a xeografía galega. Neste senso, destacou que medidas como o seguro coronavirus, dotado con 1,4 millóns de euros, contribuirán a recuperar a confianza dos viaxeiros para escoller Galicia neste Ano Santo Dobre, que supón unha oportunidade histórica para a reactivación da economía e do sector cultural.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, pola súa banda, expresou que estes protocolos supoñen un paso máis “de cara a unha futura situación de postpandemia”. “Estamos afeitos xa ás distancias, aos aforos mais reducidos, a hixiene de mans, ás máscaras, pero é necesario unha desescalada gradual e paulatina, en todos os ámbitos, tamén no da cultura”, afirmou.

Do mesmo xeito, salientou que a situación “é mellor” e que debemos aproveitalo “pero sen poñer en risco a nosa saúde a dos demais”. A este respecto, puxo en valor o traballo feito pola Dirección Xeral de Saúde Pública en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade nuns protocolos que fagan compatible os eventos culturais “con esta convivencia que temos que ter, todavía, co virus da covid; porque hai que lembrar que, aínda que xa temos mais de 600.000 galegos e galegas inmunizados, é necesario seguir atentos” destacou antes de que engadir que Galicia “é un destino seguro preparado para seguir dando pasos de cara a esa nova normalidade e desfrutar da cultura, do Xacobeo e do turismo”.

Como expresou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, son “pautas dialogadas” froito do traballo conxunto que a Xunta leva mantendo desde o inicio da pandemia cos representantes destes sectores e que permitirán “achegar certezas tanto aos organizadores, como aos asistentes e os traballadores que fan posible a posta en marcha dos eventos con seguridade e as máximas garantías”.

Demostran, ademais, que Galicia “pode seguir gozando da cultura dun xeito seguro” e suporán un impulso “para reactivar pouco a pouco estas celebracións tan importantes para a nosa cultura, máis necesaria que nunca, e sobre as que tamén teñen detrás un importante tecido empresarial que contribuiremos a reactivar”, expresou.

Espectáculos de gran afluencia

Os espectáculos ao aire libre de grande afluencia, como grandes concertos ou festivais, poderán acadar un aforo de 5.000 asistentes e o público deberá permanecer sentado. En función das características do recinto, poderá elevarse ata as 10.000 persoas. Poderanse celebrar nos concellos cunha baixa incidencia acumulada nos últimos 14 días e co aforo máximo ao 50% da capacidade. Serán sempre en espazos ao aire libre, acoutados e limitados, de xeito que só se poderá acceder polos accesos autorizados. Para evitar aglomeracións, a venda e reserva de entradas realizarase por adiantado e os asentos estarán tamén preestablecidos. Ademais, realizarase un rexistro previo dos asistentes para favorecer o seguimento de posibles contactos en caso de que se rexistre un positivo.

No caso dos espectáculos ao aire libro con baile de afluencia media, como as festas populares con verbenas, orquestras ou concertos con asistentes de pé, a Administración autonómica e o sector traballa nun protocolo cun aforo máximo de 1.000 persoas, aínda que non poderá superar o 33% da superficie do recinto, e sen contacto físico entre non convivintes. O resto das medidas son compartidas cos grandes eventos.

A modo de ensaio, realizaranse cinco probas piloto en cinco concellos diferentes para os eventos de afluencia media con público de pé. Nestes momentos estanse pechando os detalles das probas, pero está previsto que se celebren o 19 de xuño e permitirán que o sector retome a súa actividade e recupere o contacto co público.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58293/concertos-festivais-verbenas-poderan-volver-celebrarse-con-aforos-ata-10-000

Se nos tiramos os trastos co servizo do lixo, a área metropolitana sería unha guerra total

Hai uns compromisos, bens, cartos no banco, persoal, sobre todo… Ten tan dificilísima solución que hoxe en día pensar que se vai desfacer o Consorcio me parece unha utopía

Que consecuencias económicas terá a saída de Culleredo?

Eu a solicitude de abandonar o Consorcio As Mariñas non a vin. Ademais, iso leva un ano, hai que solicitalo cun ano de antelación. E hai máis concellos que están facendo o mesmo, xa hai meses levan estudando a posibilidade de facelo solos, os máis grandes. Menos Oleiros.

Por que o resto si e Oleiros non?

Porque Oleiros quere o Consorcio para el. O Consorcio é unha agrupación voluntaria de municipios e debe ser de todos. Por moito que digan as leis ou interpretar as leis, o Consorcio é de todos, voluntario e democrático. Eu intentei e intentamos todos desde 2013 facer a mancomunidade de municipios para non ter que estar cinguidos ao que dicía Madrid con respecto aos consorcios, pero non foi posible, sempre houbo un concello que nunca quixo e puxo moitas chinas no camiño.

Por que as pon?

Non o sei. Iso a quen lle tes que preguntar probablemente sexa ao Concello de Oleiros. Denunciou a todo o mundo. Evidentemente, non é unha maneira de relacionarse. Temos que recoñecer o fracaso co Concello de Oleiros. Non fomos capaces. Non lle interesaba a mancomunidade ou poñía condicións que non lle aceptábamos os demais. Non é un problema de que Culleredo se queira ir, hai máis concellos. A min dáme a impresión de que o Consorcio, dada a situación, ten complicada a súa continuidade. Eu encantado de que puidéramos continuar mancomunados pero as relacións son as que son, os intereses partidistas son os que son e cada un lexitimamente ten todo o dereito do mundo a facer valer o seu partido, pero é unha asociación voluntaria de municipios e polo tanto deberíamos respectarnos todos e aceptar o que di a maioría.

Adoitaba ser así.

Durante moitos anos, sempre se fixo todo por consenso. Se algún nalgunhas ocasións, o Concello de Oleiros, fai anos, non quería votar a favor, deixábase sobre a mesa. Sempre era o mesmo, que conste. Chegou un momento en que as relacións se tensaron tanto… creo que son públicas e notorias as diferencias que hai entre algúns alcaldes do Consorcio. Haberá que buscar unha solución, tan pronto como algún concello solicite a separación convocarei un pleno e volverei dicir ao resto que que queren facer. Hai algún que nin si nin non nin todo o contrario.

Que posibles solucións hai se se desfai o Consorcio?

Hai xente que fala da área metropolitana, de entelequias que xa se falaron antes das eleccións municipais. É por dicir algo. Se non somos capaces de poñernos dacordo para un servizo que estaba establecido e funcionando e xeramos nós mesmos os problemas para un servizo solo, imaxínate poñese dacordo para unha área metropolitana, que é unha lei, que depende do Parlamento, da Xunta… É un engañabobos estar pensando que efectivamente imos crear unha área metropolitana Pensar iso a día de hoxe é tomarlle o pelo a todo o mundo. Non fai falta ser moi listo para darse conta de que é unha barbaridade. “Quero unha área metropolitana”: Anda, home, vai tomar polo saco! Estámonos tirando os trastos todos os días co servizo de lixo… Sería unha guerra total. Ata agora eramos un modelo a nivel estatal de consenso, e agora somos pequenos reinos de taifas e cada un anda ao seu menos eu que ando ao meu. Posibilidades? Conforme están as cousas é moi complicado. Eu no próximo pleno ou xuntanza vouno poñer enriba da mesa: “Señores, o que non podemos é estar así. Porque damos un espectáculo aberrante de cara á opinión pública e por interese xeral”. Aquí xa empeza a haber máis interses patidarios e particulares que o interese xeral. Nas democracias, e isto non é unha ditadura, non é un país totalitario, hai que aceptar o que democraticamente se di.

A democracia é respectar á maioría, pero tamén a lei, como reivindica o alcalde de Oleiros.

Aínda que Oleiros tivera razón, que se a ten xa lla darán, os demais non queremos, por iso queriamos montar unha mancomunidade. Non queremos adscribirnos e depender de ningún concello, nin de Oleiros nin doutro, non queremos. E mira que eu sempre tiven unha excelente relación persoal co alcalde de Oleiros. Pero non é una maneira moi boa demanter esa relación que se che presente unha denuncia polo penal. Espero que se arquive canto antes a denuncia e despois eu hei de tomar as medidas que anunciei.

Cales?

Díxeno a principios de ano.

Deixar o cargo?

Evidentemente. E máis concellos dixeron que, en canto se arquivara, íanse e deixaban todo.

As consecuencias económicas cales son?

É un problema porque hai un contrato en vigor, persoal, compromisos que a ver como pensan resolvelos. Eu sempre quixen manter o Consorcio enteiro, sempre, e sigo pensando o mesmo, pero eu non son Dios, oxalá fora Dios e puidera convencer a algunhas persoas que nin si nin non nin todo o contrario. Os intereses partidarios políticos dunha organización política parécenme moi ben, pero neste caso non poden primar por riba do interese xeral. Non me estraña que Culleredo queira marcharse, non me extraña.

No se arranxaría isto se se fixera a mancomunidade sen Oleiros, como se chegou a considerar?

Non era posible porque había algún concello que sen Oleiros non quería mancomunarse, como o caso de Sada. As razóns son bastante evidentes. Sada non quixo, naquel momento o de Carral si quería, pero o de Sada non, e non era cuestión de montalo entre seis. Consideráronse todas as solucións posibles, pero se non se quere aceptar o que di a maioría, é imposible. Iso é una opinión de todos os alcaldes, chantaxes non os queriamos. Se non quere Oleiros non podemos facer nada. Podíamos montalo sen el pero volvemos á mesma. Tensouse tanto a corda… a presidencia do Consorcio elíxese democraticamente e polo tanto non se pode dicir “pois eu quero ser porque quero ser”. Por certo que non é unha perita en dulce, non está remunerada nin sequera a asistencia. É dicir, nada. E aínda encima cunha denuncia polo penal. Eu sempre o fixen co animo de buscar o interese xeral.

A agrupación de municipios actual dámola por morta, entón?

Eu nunca din por morto nada.

Se tivera que apostar a que vai pasar, que diría?

É complicado porque unha cousa é a vontade… Probablemente nestes momentos, salvo algúns concellos, como Bergondo e Betanzos, que seguen tendo unha vontade de mancomunar servizos, e Abegondo… se hai xente que non quere é imposible. Aquí cada concello ten autonomía para participar ou non, pero non por imposición. E aínda que haxa que respectar a lei, se non nos gusta o que hai, teremos que cambialo. Foi evidente na asemblea que fixemos na Universidade, todos votamos a favor menos unha organización política, que non.

Non me di a aposta. Vaise desfacer todo?

A miña aposta é que volvamos outra vez ao consenso e cheguemos a un consenso entre todos.

Pero iso é posible?

A día de hoxe, non creo.

Enton cal é a aposta? Non o soño, a aposta.

Non o sei. O problema ten tan difícil solución… Porque hai uns compromisos, bens, cartos nos bancos, persoal sobre todo, que iso… xogar coa xente a min paréceme unha tomadura de pelo. Hai xente que está traballando na concesión en nos servizos administrativos. Que vai pasar con esa xente, quen se vai encargar dela, como se vai repartir? Ten tan dificilísima solución que a min pensar a día de hoxe que se vai desfacer me parece unha utopía. Ten prácticamente imposible solución. Oxalá se puidera disolver e cada un para a súa casa. Pero a pregunta é: Podemos?

Poden?

Eu consulteino e, salvo que haxa vontade… Se hai vontade si, pódese resolver de 20.000 maneiras, pero con denuncias polo medio é imposible, non hai. Algún concello sabe que é moi difícil e por iso quere presionar para que nos sometamos á súa consideración.

Logo toca seguir lidando coa tensión? Ou vanse ir un a un?

Que vamos deixar todos o Consorcio a Oleiros? Iso é imposible. Non se vai encargar de todas as concesións. É unha entelequia, unha utopía. A día de hoxe o Consorcio, levándose ben, sería estupendo, se poderían negociar moitas cousas, mellorar servizos… Pero cada un por libre non imos conseguir nada. A unión é a que fai a forza. Non sei por que razón, debeu de entrar así un aire do norte frío, ou un meigallo máis ben. En xeral, e ao mellor a algún máis que a outros.A ver, Oleiros, cuidadito, caeulle un marrón, ter que estar adscritos e levar a contabilidade e presentar os orzamentos. Dámoslle o traballo feito pero non deixa de ser un marrón. Bueno, e Arteixo marchou porque Oleiros quería ser o de máis entidade, e por cartos eu non sei se non sería Arteixo.

Calvelo marchou por iso?

Non, ho, non! Todo son celos, querida amiga. Deberías darte conta.

Celos de que?

Son celos, de “eu quero ser máis, eu quero ser máis”.

Ten a esperanza de que Culleredo non marche?

Eu coñezo a Culleredo e ao seu alcalde e ten unha vocación de consenso e de mancomunarse grandísima, pero as circunstancias son as que son e creo que se sinte obrigado a tomar esa decisión si non se quere someter a quen quere someternos.

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/05/24/tiramos-trastos-co-servizo-do-52182213.html

O prazo de solicitude das axudas para a contratación de 700 persoas perceptoras da Risga continúa aberto ata o próximo xoves

Os apoios da Consellería de Emprego e Igualdade contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros para impulsar o emprego local en 165 concellos ou agrupacións de municipios

O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración

Os concellos galegos poden solicitar ata o próximo xoves 27 de maio as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, unha iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade que conta cun orzamento de 7,7 millóns de euros para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios.

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria destas axudas o pasado 27 de abril.

A actuación busca impulsar o emprego local e mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

A medida completa outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de 280 orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€; os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro; as axudas do Aprol Rural para a contratación de 600 persoas desempregadas para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; e os apoios para a contratación de 500 persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social como é a vixilancia das praias e espazos acuáticos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58271/prazo-solicitude-das-axudas-para-contratacion-700-persoas-perceptoras-risga-continua

A Xunta abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario

O período para presentar as solicitudes −preferentemente por vía telemática−, está aberto desde hoxe ata o 22 de xuño

O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 210 e os 140 euros en función da renda

No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, mantense unha axuda de 275 euros independentemente da renda

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar

Ademais, continúase co reparto de vales de 50 euros para adquisición de material escolar no caso das familias con rendas inferiores a 6.000 euros

Todas as familias que cumpren cos requisitos teñen cuberto de balde, case na súa totalidade, os libros e o material escolar que precisan para os seus fillos

A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2021/22.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto desde hoxe ata o próximo día 22 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

O sistema de apoio ás familias en materia de libros e material escolar do Goberno galego susténtase en tres eixos que son o Fondo Solidario de libros de texto, as axudas á adquisición de libros de texto (para aquelas ensinanzas e cursos nos que os materiais non son reutilizables) e as axudas para a adquisición de material escolar. Para atender estas tres liñas no próximo curso, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten habilitado unha cuantía de 17,4M€, e asegura a dotación de balde de libros e material para o 100% das familias que cumpren cos requisitos.

Ademais, mantéñense a flexibilización das esixencias de renda e o aumento xeneralizado das contías das axudas aplicadas no presente curso co fin de reforzar o apoio ás familias ante o contexto de pandemia.

Axudas á compra

As axudas da Xunta para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Así, no caso do alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria recibirán 210 euros no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros; e de 140 euros para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros.

No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, en centros específicos ou en unidades de Educación Especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo Solidario

No Fondo Solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

De non alcanzar os libros dispoñibles no Fondo Solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios.

Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Trámites por vía telemática

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Balance do presente curso 2020-21

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade repartiu de forma gratuíta no presente curso escolar un total de 564.721 libros de texto do Fondo Solidario, o que alcanza a un total de 97.974 alumnos de 3º a 6º curso de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO. Outros 27.398 alumnos se beneficiaron das axudas da Xunta para a adquisición de libros de texto; mentres que un total de 100.323 alumnos recibiron vales para a adquisición de material escolar.

A asignación de manuais dispoñibles no Fondo Solidario faise por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar e, de ser necesario, o centro adquire os libros complementarios que sexan precisos para garantir unha cobertura similar á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas (seis ou catro libros por alumno/a segundo o caso).

Deste xeito, e atendendo aos criterios de renda, case sete de cada dez alumnos de Primaria e de Secundaria beneficiarios do Fondo recibiron seis ou máis libros de balde; é dicir, que tendo en conta que a media de manuais nos centros é de seis por curso, nestes casos quedou cuberta a práctica totalidade das súas necesidades.

O Fondo Solidario está deseñado para garantir que as familias con rendas máis baixas sexan as primeiras destinatarias do programa de forma que poidan ser beneficiarias do maior número de libros dispoñibles.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58223/xunta-abre-prazo-para-que-familias-soliciten-axudas-para-libros-material-escolar

A Xunta de Galicia abre a inscrición da campaña de verán

Desde hoxe xa se pode solicitar praza nun dos 40 campos de voluntariado

O DOG publica a convocatoria dos campamentos destinados a mozas e mozos de entre 9 e 17 anos

Este ano a campaña de verán conta con 7820 prazas, mil máis que o ano pasado

O lema da campaña será ‘O verán que mereces’ para agradecer o comportamento exemplar da mocidade galega durante os últimos meses de pandemia

A Xunta de Galicia abre a inscrición dalgunhas das actividades que conforman a campaña de verán, que este ano se pon en marcha baixo o lema ‘O verán que mereces’. Desde hoxe pódese solicitar praza nun dos 40 campos de voluntariado e, ademais, o DOG publica a convocatoria dos campamentos de verán para as mozas e mozos de entre 9 e 17 anos, polo que a partir de mañá xa se permitirá a recepción de solicitudes.

O programa de actividades, que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro, porá á disposición da xuventude galega un total de 7820 prazas, mil máis que o ano pasado. O Goberno galego manterá as bases do protocolo específico fixado o ano pasado para os campamentos de verán. Deste xeito, continuarase a implantar medidas como a redución do aforo, a incorporación gradual das rapazas e rapaces, o reforzo do persoal monitor ou o incremento das medidas hixiénico-sanitarias.

Campamentos de verán

O prazo de solicitude será de sete días hábiles no caso dos campamentos a partir de mañá xoves. As familias numerosas e monoparentais terán un desconto do 50%, e as persoas usuarias do Carné Xove gozarán dunha rebaixa do 25%. As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía telemática a través da Sede Electrónica. Na páxina de Xuventude hai dispoñible máis información ao respecto.

Campos de voluntariado

Para os campos de voluntariado celebrados en Galicia, o prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada campo. Para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas habilítanse dúas convocatorias, a primeira delas remata o día 21 de maio ás 14.00 horas. A segunda convocatoria abrirase o 1 de xuño e permanecerá aberta ata cinco días antes do inicio do campo.

A solicitude presentarase mediante un formulario en liña e cada persoa solicitante debe escoller, por orde de prioridade, un máximo de cinco campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción.

Novidades

Este ano á campaña de verán incorpóranse catro novas instalacións de campamentos: Bande, Parada de Sil, Cabana de Bergantiños e Silleda; recupérase o programa de intercambio bilaterais que se suspendera o ano pasado por mor da pandemia; e sumaranse 13 novos campos de voluntariado, ata chegar a un total de 40.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58163/xunta-galicia-abre-inscricion-campana-veran

Román Rodríguez avanza un investimento extra de 10M€ para impulsar museos máis innovadores cos fondos Next Generation

O Goberno autonómico está traballando na candidatura que suporía unha inxección económica para modernizar estes centros

Destaca que a nova Lei de Museos tamén intensificará a dixitalización de contidos e a posta en marcha do Consello de Centros Museísticos de Galicia

“Están sendo un exemplo na transición dixital da cultura co uso das TIC e o impulso dunha canteira de creadores multidisciplinares”, indica

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) o acto institucional en conmemoración do Día Internacional dos Museos que se celebra baixo o lema O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar, no que reivindicou o papel destes centros como un dos principais motores da transición dixital da cultura galega.

O responsable de Cultura da Xunta salientou que a Xunta está a traballar na candidatura dos fondos Next Generation co obxectivo de acadar unha inxección extra de 10 millóns de euros para os vindeiros tres anos coa intención de impulsar “museos máis innovadores, dixitais, sustentables e eficientes” á vez que asegurarán a súa preservación e desfrute pola cidadanía reforzando o seu papel no eido educativo e como dinamizadores económicos.

Indicou que esta medida axudará a continuar o traballo destes centros que, xunto con outras entidades como bibliotecas e arquivos, están “asumindo e mesmo liderando o proceso de transformación dixital da cultura”. Puxo como exemplo o traballo levado a cabo especialmente como consecuencia da crise sanitaria e o confinamento, no que deseñaron unha programación para chegar ao público que fixo posible ampliar os seus servizos. Agradeceu a súa capacidade de adaptación ao saber reformular a súa relación coa sociedade a través da renovación e actualización das súas páxinas web, as visitas virtuais, a posta en marcha de guías multimedia interactivas ou a mellora da súa proxección e visibilización online.

“Este camiño é o que debe guiar os procesos de transformación dixital da nosa cultura, e que, ademais, pasa necesariamente por pensar nas capacidades e nas oportunidades que a tecnoloxía ofrece para o uso e consumo cultural, consolidar unha canteira de artistas e creadores multidisciplinares, e, en definitiva, integrar novas dinámicas de traballo en rede que faciliten o acceso á cultura”, engadiu Román Rodríguez.

Máis accesibilidade

De cara ao futuro salientou tamén o papel que terá a nova Lei de Museos, xa en vigor, e que se está a consolidar como unha norma que ofrece unha regulación global e detallada para calquera tipo de manifestación museística. Como indicou, entre outras medidas, permitirá que se intensifique a dixitalización de contidos dos museos e se poña en marcha o Consello de Centros Museísticos de Galicia, “unha ferramenta que permitirá coordinar e xestionar de xeito integrado a política museística da Comunidade”

Avanzou, ademais, que traballa se para completar esta norma a través de dous novos proxectos, a Lei de Transformación dixital da cultura e a Lei de inclusión e accesibilidade cultural, “co obxectivo común de garantir e intensificar o recoñecemento do dereito de todas as persoas a participar na vida cultural”, expresou o conselleiro de Cultura.

Responsables da rede museística

No acto de conmemoración do Día Internacional dos Museos estivo acompañado de xeito presencial e por vídeoconferencia dos responsables da rede museística, Mª Ángeles Penas, directora do Museo de Belas Artes da Coruña; Xulio Rodríguez González, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense; Esperanza Gigirey, directora do Museo de Peregrinacións de Santiago; Marta Lucio, directora do Museo do Mar de Galicia; Covadonga López de Prado, directora do Museo Massó de Bueu; Ana Isabel Vázquez, directora xerente Cidade da Cultura, e Santiago Olmo, director do CGAC. Todos eles afondaron na súa programación e os retos de futuro dos museos

Este acto enmárcase nas celebracións que se levan a cabo estes días nos centros museísticos xestionados pola Xunta que suma un conxunto de máis de 30 actividades presenciais e en liña que abranguen obradoiros, visitas guiadas ou concertos, entre outros.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58117/roman-rodriguez-avanza-investimento-extra-10m-para-impulsar-museos-mais-innovadores

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DE INTERNET

Co lema “Internet panca de Transformación Dixital e Resiliencia”, o Día Mundial de Internet destaca este ano a importancia deste recurso como espiña dorsal da transformación dixital e medio que garantiu de forma segura a continuidade das actividades administrativas, económicas e sociais nos últimos meses.

Ao longo de 10 anos de estratexias dixitais en Galicia, a través de 2014.gal e Axenda Dixital de Galicia 2020, centradas en promover a conectividade e a dixitalización dos servizos e actividades, construíuse o camiño da transformación dixital de todas as áreas de desenvolvemento da Comunidade.

Internet, xunto co nivel de madurez tecnolóxica acadado nos últimos anos, permitiu durante a pandemia que os máis novos aprenderan de forma remota e a miles de persoas traballar dende a casa, posibilitou que as empresas venderan os seus produtos, as fábricas seguiran funcionando e ao goberno continuar brindando servizos públicos cruciais.

A situación de emerxencia sanitaria derivada do COVID demostrou as nosas fortalezas pero tamén resaltou as nosas debilidades, e expuxo novos desafíos. Traballar no desenvolvemento da resiliencia, como a capacidade de afrontar a adversidade e saír fortalecidos aprendendo do vivido, postúlase como a principal panca a mobilizar. Ante a conxuntura actual, a dobre transición verde e dixital adquire unha crecente relevancia cara ao futuro, ao igual que non deixar a ninguén atrás neste proceso.

Por iso, facer desta a década dixital é o gran desafío da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) que botou andar neste 2021 e que, aliñada coas prioridades no novo marco europeo, busca situar a Comunidade como unha rexión de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribúe a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medio ambiental.

A través de sete eixos estratéxicos, a EGD2030 potenciará solucións dixitais en resposta aos retos da nova década ao tempo que se promoverá a especialización tecnolóxica centrada en fortalecer as capacidades e infraestruturas dixitais da Comunidade nas tecnoloxías disruptivas (Intelixencia Artificial, ciberseguridade, intelixencia do dato e 5G) e en garantir o seu amplo uso na economía e a sociedade.

Con todo, se ben as tecnoloxías dixitais poden considerarse o motor dos cambios, as persoas son as protagonistas que deben inspirar e converterse en artífices da transformación. Para que iso sexa posible, entre as prioridades da EGD2030 atópase o impulso das competencias dixitais do conxunto da cidadanía, necesarias para desenvolverse plenamente con confianza e seguridade no contexto dixital.

Firmes ao compromiso de non deixar a ninguén atrás, o Goberno galego traballará para promover un novo paradigma de sociedade máis próspera e inclusiva na que todas as persoas estean mellor preparadas para adaptarse e coexistir coa continua evolución tecnolóxica tanto na súa faceta profesional como na persoal.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58069/declaracion-institucional-con-motivo-dia-mundial-internet

Aprobado o decreto da oferta de 1.604 prazas na OPE de educación de 2021

Feijóo salienta que deste xeito o número de prazas convocadas pola Xunta elévase a 10.665 no eido educativo nos últimos cinco anos

Reafirma o compromiso coa calidade do ensino e co obxectivo de avanzar na estabilización dos docentes

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou do visto e prace á Oferta Pública de Emprego docente do ano 2021, que contará con 1.604 prazas e cuxas probas se celebrarán en 2022, toda vez que as do ano anterior tiveron que ser adiadas pola pandemia.

En concreto, sinalou, máis do 85% destas prazas serán de novo ingreso, un total de 1.372, das que 652 serán do corpo de mestres, 692 de profesores de secundaria, 20 de escolas oficiais de idiomas e 8 de profesores de arte e deseño. Mentres que, as restantes, 232 reservaranse para promoción interna, sendo a maioría, 230 de profesores de ensino secundario e as 2 restantes de acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

Con esta oferta, subliñou, o número de prazas convocadas pola Xunta elévase a 10.665 no eido educativo nos últimos cinco anos, ao tempo que incidiu en que se reservará unha cota do 7% para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Máis polo miúdo, tamén explicou que as prazas por especialidades determinaranse unha vez que se coñezan as necesidades concretas do sistema educativo para os seguintes cursos e se negocien na mesa sectorial.

En definitiva, reafirmamos o noso compromiso coa calidade do ensino, dixo, referíndose de igual modo ao obxectivo de avanzar na estabilización dos docentes e contar só cun 5% de interinidade no curso académico 2022-2023.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57998/aprobado-decreto-oferta-1-604-prazas-ope-educacion-2021