A Xunta mobilizará preto de 10 M€ a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro

O DOG publica hoxe a convocatoria dunha orde de subvencións ao alugamento dotada con 2,27 millóns de euros e que se poderán solicitar a partir de mañá

O 6 de abril está previsto que se convoquen tamén as axudas ao arrendamento dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid

A partir de mañá poderanse solicitar as axudas ao alugueiro dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da súa vivenda habitual a persoas e colectivos específicos con escasos recursos económicos. Así o anunciou esta mañá durante unha visita a Ourense a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que a orde de axudas publicada hoxe no DOG enmárcase no esforzo especial que realizará a Xunta este ano en materia de axudas ao alugueiro.

Neste sentido, a responsable autonómica indicou que o programa conta con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200 euros ao mes ou de 250 euros, se o solicitante ten máis de 65 anos; e outra dirixida ao colectivo de menores de 35 anos, que poderán optar grazas a ela a unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano.

Esta nova convocatoria, enmarcada no Plan estatal de vivenda 2018-2021, conta cunha dotación global de 2,27 millóns de euros e poderá solicitarse a partir de mañá e durante o prazo dun mes. En canto aos posibles beneficiarios, aínda é pronto para facer estimacións pero, tal e como apuntou a conselleira, cómpre lembrar que, nestes momentos, máis de 5.000 galegos reciben axudas a través deste programa.

Durante un encontro con membros da Unidade Interdisciplinar de Traballo Social de Ourense, indicou que a Consellería ofrecerá ás persoas cunha situación económica delicada ou que se están a ver especialmente afectadas pola covid, catro programas de axudas directas para o pago dos seus alugueiros cun investimento total de case 10 millóns de euros.

Axudas para minimizar o impacto da covid

A Xunta tampouco é allea ao impacto que tivo e segue a ter a covid sobre a economía doméstica de moitas familias galegas. Por este motivo, Ángeles Vázquez indicou que se fará un esforzo especial para apoiar a todas aquelas unidades de convivencia con dificultades á hora de facer fronte ao pago das rendas da súa vivenda habitual.

A este respecto, anunciou que o vindeiro martes, 6 de abril, tamén se convocarán as axudas dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid-19. Cómpre lembrar que este programa se puxo en marcha o ano pasado para ofrecer unha resposta efectiva e específica a aquelas familias e colectivos que viron como se resentían os seus ingresos domésticos debido á pandemia, chegando a máis dun milleiro de beneficiarios en Galicia.
Este ano, a nova convocatoria das axudas ao alugueiro pola covid terá unha dotación de 2 millóns e, como principal novidade, cómpre subliñar os cambios introducidos nas bases co obxectivo de mellorar e axilizar a tramitación, grazas á experiencia adquirida o ano pasado.

Deste xeito, simplificaranse os anexos que se deben xuntar coa solicitude, modificarase a forma de xustificación para poder cobrar a axuda e mellorarase tamén o modo de pagamento, que en lugar de facerse mes a mes será por anticipado e pago único.

Ademais destas dúas novas liñas de axudas, a conselleira lembrou que o seu departamento tamén ten outros dous programas de axudas directas en materia de alugueiro que xa se convocaron para este ano. Así, referiuse ao Bono de alugueiro social, unha liña de subvencións creada para atender con carácter urxente a unidades de convivencia que pola súa situación de vulnerabilidade teñan dificultades para manter os seus fogares, e ao Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, impulsada co mesmo fin pero dirixida a un colectivo especialmente sensible e para o que a vivenda resulta clave.

Ambos programas convocáronse este ano por un importe global de 3,66 millóns aínda que atendendo á situación provocada pola covid, lembrou que durante todo 2021 os bonos alugueiro veranse complementados pola Xunta ata chegar ao 100% do custo das rendas dos beneficiarios, unhas axudas extraordinarias ás que destinará outros 1,98 millóns de euros.

Nova xornada con axentes e administradores de fincas

Por outra banda, esta mañá a conselleira participou tamén na inauguración dunha nova xornada en liña sobre o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, dirixida nesta ocasión aos administradores de fincas e aos axentes inmobiliarios.

Durante o webinario, que contou con 143 participantes, Ángeles Vázquez salientou o papel clave que xogaron ambos colectivos tanto na elaboración do devandito documento como na súa posta en práctica. Así, considerou de vital importancia para a Xunta poder contar “coa perspectiva e experiencia” dos axentes inmobiliarios, encargados de mediar, asesorar e xestionar sobre transaccións inmobiliarias, e dos administradores de fincas, responsables da xestión dos asuntos financeiros, legais e técnicos de comunidades de propietarios.

Neste sentido, agradeceulles a súa contribución no seo do Observatorio da Vivenda de Galicia ao deseño da que será a folla de ruta a seguir en materia residencial e que propón preto de 50 medidas e iniciativas –entre elas, 12 totalmente novidosas- coas que se mobilizará un investimento, entre fondos públicos e privados, duns 1.080 millóns de euros.

En concreto, referiuse a algunha das subvencións de especial interese para o sector xa que van dirixidas ás comunidades de propietarios, como son as axudas de eficiencia enerxética recentemente convocadas cun orzamento de 8,5 millóns para 2021 e que poderán solicitarse ata o 31 de xullo; ou o programa para a conservación, mellora da seguridade e accesibilidade, con prazo aberto ata o 30 de novembro e unha partida de 680.000 euros.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56704/xunta-mobilizara-preto-10-traves-catro-linas-axudas-particulares-para-pago-alugueiro

Sanidad obliga al uso de las mascarillas, a pesar de las distancias y los espacios

Una nueva normativa publicada en el BOE hoy endurece el uso de estos dispositivos sin importar si se pueden mantener distancias de seguridad o encontrarse en espacios abiertos

Desde hoy el uso de la mascarilla es obligatorio, sin importar si hay suficiente espacio de seguridad o sí se está al aire libre. El Gobierno ha publicado una nueva normativa, en el BOE, que expone que «el uso obligatorio de mascarillas en la vía pública, en espacios al aire libre y en espacios cerrados de uso público o que se encuentren abiertos al público, así como en los transportes».

Con ello, de nuevo nos aseguramos las imágenes del pasado verano cuando normalizamos pasear por la orilla del mar con mascarilla o salir por el campo con ella, porque mucho han de cambiar las cifras en tres meses e impactar la vacunación en ellas. En pleno inicio de la cuarta ola, con cifras al alza, el empleo de la mascarilla se ha vuelto fundamental como medida de contención de la transmisión y su uso correcto, sobre todo esto último como han subrayado muchas veces los expertos en Salud Pública.

En el marco de la Ley 2/2021, de 29 de marzo, de medidas urgentes de prevención, contención y coordinación para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada por el COVID19, se dan las pautas de actuación en esta situación de pandemia. En la misma, se referencia cómo debe ser la práctica de las mascarillas en diferentes situaciones diarias.

«Las personas de seis años en adelante quedan obligadas al uso de mascarillas en los siguientes supuestos: a) En la vía pública, en espacios al aire libre y en cualquier espacio cerrado de uso público o que se encuentre abierto al público. b) En los medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús, o por ferrocarril, así como en los transportes públicos y privados complementarios de viajeros en vehículos de hasta nueve plazas, incluido el conductor, si los ocupantes de los vehículos de turismo no conviven en el mismo domicilio. En el caso de los pasajeros de buques y embarcaciones, no será necesario el uso de mascarillas cuando se encuentren dentro de su camarote».

Además, el texto contempla las excepciones. Por un lado, pacientes que no puedan usarla: «La obligación contenida en el apartado anterior no será exigible para las personas que presenten algún tipo de enfermedad o dificultad respiratoria que pueda verse agravada por el uso de la mascarilla o que, por su situación de discapacidad o dependencia, no dispongan de autonomía para quitarse la mascarilla, o bien presenten alteraciones de conducta que hagan inviable su utilización».

Y de nuevo, coloca al deporte como un momento en el que no se exigirá su uso. «Tampoco será exigible en el caso de ejercicio de deporte individual al aire libre, ni en los supuestos de fuerza mayor o situación de necesidad o cuando, por la propia naturaleza de las actividades, el uso de la mascarilla resulte incompatible, con arreglo a las indicaciones de las autoridades sanitarias».

¿Por qué puntualizar ahora el uso ya extendido de la mascarilla?

La aprobación de Ley 2/2021, de 29 de marzo, ha supuesto el siguiente paso del Real Decreto Ley 21/2020 se aprobó en junio y que se ha tramitado como ley bajo la promesa gubernamental de incluir las aportaciones del resto de partidos. Aunque, finalmente, tras el paso por el Congreso y el Senado, no ha incluido ninguna enmienda de PP, Ciudadanos o Vox. Más en El Mundo Coronavirus España hoy, noticias de última hora | Canadá suspende la vacunación con AstraZeneca en menores de 55 años La única persona a la que Rocío Flores ha querido defender tras las últimas declaraciones de su madre

Este decreto, bautizado como ‘decreto de nueva normalidad’, ha salido adelante sin aceptar prácticamente ninguna aportación del resto de partidos políticos, manteniendo casi intacto el texto inicial del decreto ley aprobado por el Gobierno con carácter de urgencia hace ocho meses y convirtiendo la tramitación por ley «en una farsa» y «una tomadura de pelo» según han denunciado partidos de la oposición como el PP o Vox.

Lo interesante de la cuestión es que el uso de la mascarilla se volvió obligatorio en su paso por el Senado a través de una enmienda, ya que en el Congreso la norma sólo estimaba la obligación para las personas, a partir de los seis años, de usar mascarilla en la vía pública, en espacios al aire libre y en cualquier espacio cerrado de uso público o que se encuentre abierto al público, siempre que no resulte posible garantizar el mantenimiento de una distancia de seguridad interpersonal de, al menos, 1,5 metros.

https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2021/03/30/6062f5f7fdddff27028b464d.html

Alternativa dos Veciños lleva a los tribunales las supuestas irregularidades de Culleredo

Alternativa dos Veciños no solo no rectifica sino que insiste en sus acusaciones al Gobierno de Culleredo y anuncia que “levará á xustiza as graves irregularidades cometidas por estar cometendo supostos delitos de malversación de fondos públicos e prevaricación”, apuntaron desde la agrupación que preside el alcalde oleirense, Ángel García Seoane.

Según os cálculos de Alternativa dos Veciños, el Ayuntamiento de Culleredo “leva pagado desde o 2004 sen que se faga o traballo un total de 622.488 euros de máis a empresas privadas” y “o servizo de limpeza viaria está sen contrato desde o 2012, vulnerando a lei de contratos da administración pública”, sostiene AV.

Asimismo, asegura que “ademais dun importe fixo anual, páganse facturas duplicando os pagos cando o traballo é o mesmo, como por exemplo sucede cos baldeos entre outros” y advierte de que “no mantemento de zonas verdes municipais, pagou por máis metros dos que existen”, apostillaron los de Seoane antes de apuntarn a que estas supuestas irregularidades “contaron con informes negativos da secretaria municipal” de Culleredo..

En el caso concreto del mantenimiento del campo de fútbol municipal del Olímpico de Rutis, con hierba artificial desde o 2015, AV señala que el municipio culleredense “paga anualmente 26.495 euros como se o total de metros do recinto fosen de herba natural e de terreo de xogo, pagando por tarefas que non se realizan ao ser sintético como sega de herba, abono, fertilizacións, resembras”, afirma Alternativa dos Veciños.

Unas acusaciones a las que no tardó en reaccionar el Gobierno de Culleredo, que invita al alcalde oleirense, Ángel García Seoane, “a que cambie su estrategia de desviar la atención fuera de su municipio hacia el resto de la comarca y que como primer edil fomente el diálogo con sus ayuntamientos vecinos para llegar a grandes acuerdos para el desarrollo socioeconómico” del entorno urbano de A Coruña. “Lo que más necesita el área es de talante para arreglar los problemas comunes y menos confrontación”, apuntan desde el Gobierno de Rioboo.

Así, llama “a la tranquilidad y moderación” al regidor de Oleiros ante las manifestaciones que realizó acerca de la gestión que se está realizando en Culleredo.

“García Seoane –continuaron– debe tener muy poca confianza en sus líderes cuando es él el que habla en su nombre sin el más mínimo rigor en sus afirmaciones que ya fueron aclaradas a sus representantes locales por los técnicos por lo que debería informarse apropiadamente de las cuestiones a las que se refiere”, precisan los responsables municipales cullerdenses antes de asegurar que “todos estamos acostumbrados al carnaval político de Seoane, pero en esta ocasión más que nunca debería comprobar a conciencia sus afirmaciones para evitar que alguien de su formación en Culleredo le esté engañando”.

https://www.elidealgallego.com/texto-diario/mostrar/2815106/alternativa-vecinos-lleva-tribunales-supuestas-irregularidades-culleredo

Mañá abre o prazo de solicitude do programa Renove Electrodomésticos da Xunta para as entidades colaboradoras

A convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, conta cun orzamento de 3M€ e prevé chegar a 20.000 fogares

Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, facilitarase a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras

Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores, aforros de 560.000 euros anuais na factura enerxética e a creación ou mantemento de ao redor de 150 empregos

Prestarase especial atención ás familias vulnerables, que na convocatoria anterior xa recibiron o 40% do importe das axudas

A Xunta abrirá mañá o prazo de solicitude do programa Renove Electrodomésticos para as entidades colaboradoras tras a publicación da convocatoria hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Este programa de apoios permitirá a 20.000 familias, durante este ano 2021, aforrar 560.000 euros ao ano na súa factura enerxética.

O programa Renove Electrodomésticos está dirixido a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.

As axudas, ás que se destinan un total de 3M€ -o que supón un incremento do 70% con respecto á convocatoria anterior en 2020-, serán de concorrencia non competitiva e as solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras.

As axudas poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables severos, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos. Prestarase especial atención ás familias vulnerables.

Con esta nova convocatoria a Xunta prevé promover unha mobilización de 10,5M€, aforros económicos anuais de 560.000 euros, unha redución do consumo enerxético de 4050MWh/ano, unha diminución das emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e a creación de, aproximadamente, 150 postos de traballo.

Preténdese non só a redución dos custos enerxéticos e a mellora da calidade de vida ligada ao coidado medioambiental, senón tamén contribuír á reactivación económica, xa que se agarda a adhesión de ao redor de 500 comercios a esta iniciativa. Ademais, aproveitarase para informar aos consumidores sobre a nova etiquetaxe derivada do reescalado da cualificación enerxética.

Neste sentido, as entidades colaboradoras poderán adherirse ao programa Renove Electrodomésticos desde hoxe e ata o 30 de xuño, mentres que o prazo para os particulares se abrirá durante a segunda quincena de abril.

Preto de 12.000 actuacións na convocatoria anterior

Na pasada convocatoria, a Xunta apoiou un total de 11.822 actuacións por un importe de 1,7M€. Máis da metade para a compra de lavadoras, que foi o produto máis demandado polos beneficiarios. O 40% do importe das axudas foi para familias vulnerables. En total, mobilizáronse 6M€ e conseguíronse aforros económicos de máis de 300.000 euros ao ano.

O programa enmárcase no Plan de axudas ao comercio galego, sumándose así aos Bonos Activa Comercio aprobados a pasada semana, unha medida coa que se prevé beneficiar a 330.000 clientes a través de bonos desconto de 30 euros cos que se mobilizarán máis de 55M€ en vendas nos establecementos de proximidade. Ambas as dúas iniciativas teñen como obxectivo reforzar a competitividade do sector e incentivar o consumo favorecendo, deste xeito, a súa recuperación.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56657/mana-abre-prazo-solicitude-programa-renove-electrodomesticos-xunta-para-entidades

Culleredo denunciará a Alternativa por afirmar que paga trabajos que no se hacen

Ve “muy grave” la acusación de “malversación”

El Concello de Culleredo adoptará medidas judiciales “ante la gravedad de las acusaciones vertidas por Alternativa dos Veciños de Culleredo” en una publicación difundida ayer. La formación “acusa falsamente al Ayuntamiento, entre otras barbaridades, de pagar mantenimientos que no se realizan”, sostiene.

Representantes del Gobierno local y del departamento jurídico de Alcaldía mantuvieron una reunión ayer para analizar las acusaciones hechas públicas por Alternativa dos Veciños “en una publicación financiada con fondos que salen de la asignación a los partidos con representación en la Diputación de A Coruña”, asegura. “Y el propio portavoz de Alternativa ya lo manifestó en su intervención durante el pleno del pasado jueves”, añade el Concello.

“El equipo jurídico de Alcaldía ha determinado como muy graves las acusaciones e inicia la preparación de una querella contra Alternativa de Culleredo y su portavoz, como editor de la publicación, en aquellos aspectos en los que se acusa de malversación de fondos en los trabajos de jardinería y limpieza que se desarrollan dentro del municipio, cuando esto es manifiestamente falso”, defiende el Concello. “Resulta chocante y sorprendente que parte de las acusaciones versan sobre la fecha en la que el concejal de Obras era Narciso Marzoa, que posteriormente se integró en las listas de Alternativa”, apostilla.

El Ayuntamiento asegura que facilitó informes técnicos al portavoz de Alternativa, que “solicitó diferente información al respecto cuál era el estado de diferentes contratos”, y “aún así incide en las falsedades manifestadas”.

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/03/28/culleredo-denunciara-alternativa-afirmar-paga-45944393.html

A Xunta e a Fundación Ronsel lanzan o 2º programa de mentores que axudará a 200 autónomos a atenuar o efecto da covid nos seus negocios

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o director da Fundación Ronsel, Luís García Deber, presentaron hoxe en Santiago de Compostela a 2ª edición do programa ‘Mentoring’ dirixido a 200 profesionais autónomos

A Xunta destina este ano 250.000 euros a esta iniciativa que porá o foco en atenuar as consecuencias da covid no tecido empresarial galego como complemento aos plans de rescate inmediato activados polo Goberno galego nos últimos meses

Terán preferencia de acceso as persoas traballadoras autónomas beneficiarias dalgunha das axudas dos plans de rescate da Xunta e quen acredite máis de 42 meses de actividade profesional

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do director da Fundación Ronsel, Luís García Deber, presentaron hoxe por videoconferencia desde Santiago de Compostela o 2º programa de Mentoring desta entidade, dirixido a que uns 200 profesionais autónomos de Galicia consoliden os seus negocios e que, este ano, estará orientado de xeito especial a reducir o impacto negativo da covid-19 nas empresas.

A iniciativa, que conta co apoios do Goberno galego por valor de 250.000 euros, cumpre este 2021 a súa segunda edición, coa expectativa de chegar a 200 persoas traballadoras autónomas: 70 na provincia da Coruña, 70 en Pontevedra, 30 en Lugo e 30 en Ourense.

O programa de Mentoring arranca co triplo obxectivo de reducir os riscos das persoas autónomas na súa actividade profesional, acompañalas na consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos e actividade económica. O actual contexto fai que o enfoque da nova edición se redirixa a paliar ademais o impacto negativo da pandemia no traballo autónomo.

A conselleira subliñou a importancia de complementar os plans de rescate da Xunta -xa se está a deseñar o 3º- cos que o Goberno galego está a apoiar aos negocios máis afectados pola pandemia. Tal e como indicou “as axudas aportan inmediatez e alivian a situación de inseguridade financeira, pero deben ser complementados con medidas que faciliten a autosuficiencia e solidez do proxecto empresarial”.

“A ferramenta de mentoring permite adaptar as ensinanzas a cada realidade, nun proceso baseado na confianza mutua entre o mentor, e o beneficiario, onde a experiencia do primeiro pode chegar a ser un factor diferencial para maximizar o rendemento do servizo que ofrece o segundo” especificou a conselleira durante a presentación de hoxe.

Nesta edición terán un acceso preferente ao programa os autónomos que teñan recibido algunha axuda dos devanditos Plans de Rescate da Xunta e , nun segundo grupo, as persoas beneficiarias de calquera outra axuda da Administración autonómica. Darase prioridade ademais a profesionais cunha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional, que contan cunha base para aproveitar con maior éxito os coñecementos que lle poidan aportar os mentores.

O prazo para a solicitude permanecerá aberto desde este xoves 25 de marzo durante un mes. A información está ao dispor das persoas interesadas na Oficina do Autónomo e nas páxinas web da Consellería de Emprego e Igualdade e da Fundación Ronsel.

Máis énfase na transformación dixital

O ano pasado, os 220 profesionais que participaron no proxecto piloto valorárono positivamente e un 90% fixérono de forma moi positiva. Na enquisa realizada ao remate do período, o 83,3% dos empresarios consideraron moi útil o programa para axudar a consolidar o negocio e un 85 % das persoas beneficiarias recoñeceron que a súa actividade profesional mellorara nas áreas de apoio do mentor.

Como melloras este ano, incrementarase o número de mentores con perfís en marketing dixital, vendas, e-commerce e transformación dixital; potenciaranse os contactos profesionais e as posibilidades comerciais entre as persoas participantes no proxecto e se prolongarán as mentorías a un mínimo de 9 meses.

“Pretendemos que este segundo programa sexa unha continuación do primeiro en canto aos éxitos acadados, pero a través dun novo enfoque que responda ás novas necesidades do mercado de traballo, e que permitan aos nosos autónomos e autónomas adaptarse e adiantarse aos diferentes escenarios de futuro que se poidan dar tras a crise da covid-19”, apuntalou a conselleira de Emprego e Igualdade.

A Xunta está a aportar na pandemia ferramentas que teñen un impacto positivo real nos proxectos de negocio destas persoas e, en última instancia, nas súas vidas. “A todos nos úne o obxectivo común de contribuír á mellora da empregabilidade das persoas a través de servizos de orientación laboral, intermediación, formación ocupacional e de asesoramento a emprendedores, unhas áreas de actuación nas que a Fundación Ronsel é referente con xa 20 anos de traxectoria”, concluíu Lorenzana.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56510/xunta-fundacion-ronsel-lanzan-programa-mentores-que-axudara-200-autonomos-atenuar

A Xunta abre o prazo de matrícula para o curso 2021-22 nas 173 escolas infantís públicas autonómicas

Despois de sete meses de curso, estes centros teñen demostrado que se pode impartir este nivel educativo con total seguridade

A rede autonómica ofrece 41 prazas máis, ata acadar as 10.383, coa apertura dunha nova escola en Paderne de Allariz

Ao longo do vindeiro curso agárdase que entren en funcionamento as prazas da ampliación da escola infantil de Salvaterra de Miño

A Xunta abre a partir de mañá e ata o vindeiro 12 de abril o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas 173 escolas infantís da rede autonómica, que poñen á disposición das familias 10.383 prazas. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o centro de Catabois, en Ferrol, onde informou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe estas resolucións.

A conselleira sinalou que sete meses despois do inicio do curso, as escolas infantís teñen demostrado que se pode impartir este nivel educativo con total seguridade, aínda no contexto máis complicado. Neste sentido, apuntou que as nenas e nenos, os profesionais e as familias, respectaron todas as recomendacións sanitarias, o que permitiu que o curso se desenvolvese con normalidade.

En canto ás 41 prazas máis que se incrementan o vindeiro curso, son o resultado da entrada en funcionamento da escola infantil de Paderne de Allariz. Así mesmo, agárdase que ao longo do curso entre en funcionamento a ampliación na escola infantil de Salvaterra de Miño.

O vindeiro curso será o segundo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos en escolas infantís privadas, municipais e de iniciativa social. Así mesmo, a Xunta segue apostando polos recursos de conciliación no rural coa posta en marcha de preto de 100 casas niño ao longo de toda a Comunidade.
 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG0379-110321-0002_es.pdf
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG0379-110321-0001_es.pdf
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG1342-110321-0002_es.pdf

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56478/xunta-abre-prazo-matricula-para-curso-2021-22-nas-173-escolas-infantis-publicas

A tempada de pesca comeza nos ríos galegos con novidades como a exención das taxas por licenza para uns 11.000 afeccionados

A conselleira de Medio Ambiente subliña que todos os menores de idade e os maiores de 65 anos se beneficiarán desta medida, recollida na Lei de pesca continental que entrou en vigor o pasado 4 de febreiro

Traslada o seu agradecemento á Federación Galega de Pesca e ás máis de 60 sociedades que xa adquiriron este ano o compromiso de darlle continuidade aos seus convenios de colaboración coa Consellería

A nova orde de axudas dirixida ás entidades de pesca fluvial publicarase mañá no DOG co fin de financiar tarefas de vixilancia nos coutos fluviais e outras actividades de carácter divulgativo e formativo

A nova tempada de pesca comezou hoxe oficialmente na meirande parte dos ríos galegos para os preto de 37.000 afeccionados galegos que contan con licenza en vigor.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o couto de Rubín, na Estrada, un tramo de 7,2 km no río Curantes desde onde avanzou algunhas das principais novidades da campaña 2021.

Tras lembrar que o pasado 4 de febreiro entraba en vigor a Lei de pesca continental, a responsable autonómica explicou que un dos obxectivos da nova norma é procurar a remuda xeracional dun sector no que a idade media se sitúa entre os 50 e os 70 anos. En concreto, referiuse á creación das escolas de río para garantir a remuda xeracional pola vía da formación e da sensibilización ou ao feito de que os menores de 14 anos non necesiten licenza para poder practicar a pesca, sempre que os acompañe un adulto que si a teña.

Na mesma liña, a conselleira subliñou tamén que, a raíz da entrada en vigor da nova lei, todos os menores de idade, así como os maiores de 65 anos, quedan exentos do pago das taxas correspondentes á obtención da licenza, unha medida que, segundo estimou, beneficiará a uns 11.000 pescadores galegos. Ademais, para axilizar a tramitación e en aras da simplificación administrativa, as licenzas destes dous colectivos (C e C1) manterán ampliada automaticamente a súa vixencia polo prazo dun ano.

Precisamente, co fin de reforzar e facilitar a aplicación efectiva e inmediata desta novidade, a Consellería emitiu unha circular dirixida tanto aos axentes medioambientais como ao persoal dos servizos provinciais responsables da tramitación das licenzas.

A conselleira resaltou a importancia da aplicación desta exención para un sector que conta en Galicia a día de hoxe cun total de 36.919 pescadores con licenzas activas, unha cifra que dá conta da importancia e da tradición que ten esta práctica deportiva na Comunidade.

Neste sentido, Ángeles Vázquez salientou o “labor fundamental” que realizan os pescadores para o coidado e posta en valor dos ríos, agradecendo tamén á Federación Galega de Pesca e ás máis de 60 sociedades que xa adquiriron este ano o compromiso de darlle continuidade aos seus convenios de colaboración coa Consellería.

Con carácter xeral, a campaña rematará o próximo 31 de xullo, estendéndose ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte nos coutos con convenio de colaboración.

Aínda que hoxe comeza a tempada de pesca na maior parte dos ríos no que respecta á troita, nalgunhas cabeceiras de montaña e en augas salmoeiras —pesca de salmón e reo— haberá que esperar un pouco máis, xa que a apertura se realizará o 1 de maio.

Nova orde de axudas para as entidades colaboradoras

Para facilitarlles o desenvolvemento dese traballo, precisamente, a conselleira avanzou que mañá sairá publicada no DOG unha nova orde de axudas dirixida ás entidades colaboradores de pesca fluvial de Galicia para actividades e investimentos de fomento da riqueza piscícola.

Entre as actuacións que se poderán subvencionar grazas a este programa, dotado cun orzamento de 80.000 euros, cómpre mencionar a vixilancia dos tramos de pesca fluvial así como a realización de actividades divulgativas ou formativas, tanto presenciais como telemáticas. As entidades interesadas, segundo explicou a conselleira, terán de prazo un mes para poder presentar as súas solicitudes.

A oferta pesqueira para este ano en Galicia inclúe arredor de 30.000 quilómetros de ríos e unha ampla rede de encoros. Deses 30.000 quilómetros, 27.000 correspóndense con zonas libres (un 89,7% do total) e 1.183 km con vedados.

Ademais, os tramos libres de pesca sen morte pasan dos 99 da campaña pasada aos 102 da actual, o que supón 46 quilómetros máis que en 2020. En concreto, dispóñense cinco novos tramos libres sen morte: un de 7,3 km no río Tambre e catro en Lugo (ríos Lóuzara, Mao, Ouro e Valiñadares).

Cómpre subliñar tamén que se amplía o tramo libre de pesca sen morte do río Ourille e está aberto á pesca o tramo 3 do couto de Mondariz.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56403/tempada-pesca-comeza-nos-rios-galegos-con-novidades-como-exencion-das-taxas-por

A Xunta publica a guía «Sendas para descubrir un país» como proposta de sendeirismo que inclúe 122 camiños homologados

Esta nova publicación inclúe 57 camiños máis que a edición anterior

A información sobre os sendeiros recollidos neste folleto tamén está accesible na APP Sendegal, dispoñible nas plataformas de descargas para teléfonos intelixentes

Está dispoñible en formato dixital a través da web de Turismo de Galicia www.turismo.gal

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, acaba de reeditar o folleto de sendeirismo Sendas para descubrir un país, unha publicación de 268 páxinas, que constitúe unha das mellores ferramentas para a práctica desta actividade de contacto coa natureza en todo o territorio da comunidade galega.

Nesta nova edición, a publicación especializada en sendeirismo actualiza a súa información e inclúe 57 camiños máis ca anterior edición.

Así, esta guía recolle información sobre os 122 sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo para practicar sendeirismo en Galicia, dos que tres son sendeiros de gran percorrido e 119 de pequeno percorrido.

A publicación inclúe unha parte informativa sobre a nomenclatura e símbolos que o camiñante se atopará nos camiños, así como sobre o Sistema MIDE, relacionado coa comunicación entre excursionistas para avaliar as esixencias técnicas e físicas dos percorridos.

Información completa

Polo que respecta a cada un dos sendeiros, este folleto turístico dedícalle dúas páxinas nas que se fai unha descrición do seu trazado con fotografías deste.

Tamén se inclúe un mapa de situación a escala, así como as coordenadas do inicio e o final da ruta.

Por outra parte, explícanse as características máis salientables do sendeiro, así como os servizos dos que dispón, as conexións con outros camiños homologados e a información MIDE.

Este folleto, pódese descargar ou consultar en PDF desde a web www.turgalicia.es e máis adiante contará cunha versión impresa en varios idiomas.

Sendegal

A información deste folleto, pódese complementar coa aplicación para teléfonos intelixentes Sendegal, realizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo.

Esta aplicación constitúe unha nova ferramenta para promocionar o sendeirismo e o turismo de natureza, utilizando as tecnoloxías dos teléfonos intelixentes .

A aplicación pódese buscar nas bibliotecas ou app stores e pode descargarse gratuitamente. A información proporciónase en galego, en castelán e en inglés, de xeito que o usuario opta polo idioma que prefira dende a primeira pantalla de presentación.

Nesta pantalla o usuario pode atopar información sobre os roteiros homologados en Galicia, ademais dunha serie de consellos que facilitarán a experiencia ao camiñante como información sobre sinalización, sobre o significado das balizas e das frechas ou sobre as clasificacións de sendeiros, de gran percorrido, de pequeno percorrido, variantes e derivacións.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56416/xunta-publica-guia-sendas-para-descubrir-pais-como-proposta-sendeirismo-que-inclue

A Xunta abre as convocatorias para a contratación de máis de 100 profesionais para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ten en marcha as novas edicións dos programas de atracción e retención de traballadores con alta cualificación Principia e Talento Sénior

A través deles búscase impulsar o emprego cualificado e de calidade, primando os contratos indefinidos ou de máis longa duración, o salario ou a existencia de plans de formación nas empresas, e a incorporación de mulleres ás actividades de I+D+i

A sexta convocatoria do Principia, que ten aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 15 de abril, permitirá que empresas e organismos de investigación incorporen 100 mozos e mozas de ata 35 anos de idade, con apoios de ata 10.000 euros por contrato e 1.000 euros para formación

Talento Sénior, que chega á súa cuarta edición e estará aberta ata o 18 de maio, facilitará a contratación de arredor de 14 profesionais altamente cualificados ou investigadores doutores con máis de cinco anos de experiencia para que desenvolvan a súa carreira profesional en Galicia

Estes programas contribuíron ata a data á incorporación de 578 profesionais grazas a apoios que suman 10,4 millóns de euros

A Axencia Galega de Innovación, dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, acaba de convocar as dúas novas edicións dos programas Principia e Talento Sénior, dotados con 2,1 millóns de euros no seu conxunto, co obxectivo de continuar a xerar, reter e atraer talento a Galicia. Con estas iniciativas, a Administración autonómica continúa a fomentar o emprego cualificado baixo a premisa de que o capital humano é o factor diferencial máis importante á hora de determinar o desempeño innovador das empresas e entidades.

Por unha banda, a sexta edición do programa Principia, dotada cun orzamento de 1.080.000 euros, permitirá que empresas e organismos de investigación contraten persoal técnico, mozo e cualificado, para abordar actuacións de I+D+i, prevendo a incorporación de arredor de 100 mozos e mozas de ata 35 anos de idade. Os apoios serán de 10.000 euros por contrato, que debe ter unha duración mínima dun ano e pode estar formalizado desde o pasado 1 de xaneiro e ata o próximo 1 de novembro. As entidades que o soliciten poderán ademais ser beneficiarias dun bono de formación por un importe de 1000€ por cada traballador incorporado mediante este programa. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 15 de abril.

Por outra banda, a través da cuarta convocatoria de Talento Sénior facilitarase a contratación de arredor de 14 profesionais altamente cualificados ou investigadores doutores con máis de cinco anos de experiencia en empresas, organismos de investigación non universitarios públicos e privados e centros tecnolóxicos. O seu obxectivo é a atracción e retorno deste persoal de alta cualificación para que continúe desenvolvendo a súa carreira profesional en Galicia, así como estimular a demanda no sector público e privado deste tipo de perfís para acometer proxectos de I+D+i. Os incentivos á contratación variarán entre un 40% e un 60% en función da retribución bruta, que será dun mínimo de 40.000 euros. Os contratos serán dun período mínimo de tres anos e poderán estar formalizados desde o pasado 1 de xaneiro ata o vindeiro 1 de outubro. O prazo de presentación de solicitudes, neste caso, pecha o 18 de maio.

As anteriores convocatorias destes programas permitiron ata a data a incorporación de 578 profesionais cualificados (542 a través de Principia e 36 mediante Talento Sénior) a actividades de I+D+i nas empresas e centros de coñecemento galegos, grazas a apoios por 10,4 millóns de euros que permitiron mobilizar preto de 19 millóns.

Emprego de calidade e feminino

Con estas iniciativas búscase impulsar o emprego cualificado e de calidade, por elo prímanse entre os seus criterios de avaliación, os contratos indefinidos ou de máis longa duración, o salario a percibir para a contratación de traballadores ou a existencia de plans de formación nas empresas.

Ademais, perséguese impulsar o emprego feminino e a incorporación das mulleres ás actividades de I+D+i. Para elo, as convocatorias contan con medidas de fomento da participación feminina no eido da ciencia e a innovación, incluíndo nos criterios de adxudicación unha importante reserva de puntos para os perfís femininos. O obxectivo final é contribuír a un sistema de innovación máis igualitario en Galicia.

Estas actuacións compleméntanse con outras liñas que forman parte do Programa Talento 2018-2021, como é o Oportunius, que desde a súa posta en marcha ten axudado a realizar cinco contratos a gañadores ERC; e Ignicia, que permitiu o apoio de máis de 120 postos de traballo; así como os programas de apoio ás etapas predoutorais e posdoutorais.

Con estas iniciativas tense contribuído a incrementar o persoal dedicado a actividades no ámbito da I+D+i en Galicia, e así, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), esta cifra aumentou na Comunidade nun 18,34% na última lexislatura, seis puntos máis que a media do Estado, chegando aos niveis máis altos de toda a serie histórica con 10.085 persoas en I+D e 6724 investigadoras e investigadores. Ao mesmo tempo séguese a incrementar a incorporación das mulleres ás actividades de I+D+i, representando o 41,20%, por riba da media nacional que é do 40,62%.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56388/xunta-abre-convocatorias-para-contratacion-mais-100-profesionais-para-realizar