Así se recolle no Estudo “A Sociedade da Información nas empresas TIC”, que reflicte que o sector conta en Galicia con 18.984 empregados
No 2020 a implantación do telebraballo incrementouse en máis dun 90% no sector
Máis dun terzo das empresas TIC galegas levaron a cabo actividades de I+D+i durante os 3 últimos años das que máis do 68,3% obtivo resultados comercializables
O 27,1% das tecnolóxicas galegas utilizan ou incorporan aos seus produtos e servizos IOT (Internet das cousas) e un 26% emprega o Bussiness Inteligence
O uso da Intelixencia artificial sitúase no 19,5% das empresas do sector
Preto dun 32% das empresas TIC venderon os seus produtos ou servizos a través do comercio electrónico, un 7,1% máis que o ano anterior
O 26,9% das empresas galegas dedicadas ás TIC sufriu un incidente de seguridade durante o ano 2019, principalmente intentos de estafa e ataques de virus
O sector tecnolóxico galego rexistrou 2.897 empresas no ano 2019 (114 empresas máis que en 2018), cun volume de negocio de 2.872 millóns de euros, un 2,5% máis que o ano anterior. Cun Valor Engadido Bruto (VEB) superior aos 1.500 millóns de euros, o sector TIC supón o 2,44% do PIB total de Galicia.
Son datos recollidos no estudo “A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2020”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito Amtega, en base aos últimos datos rexistrados do sector e a unha enquisa realizada entre setembro e novembro do ano 2020, recollendo indicadores novos como o teletraballo ou a adopción de tecnoloxías disruptivas.
Tendencias: Teletraballo e Tecnoloxías Disruptivas
Ao igual que noutros sectores o impacto da covid-19 incrementou a adopción do teletraballo nas empresas tecnolóxicas galegas. O 63,4% afirma contar con empregados que teletraballan, o que supón un incremento do 91,5% nun só ano. O 96% dos empregados que teletraballan, fano dende o propio domicilio.
Outras tendencias recollidas, por primeira vez, neste estudo son a implantación das tecnoloxías disruptivas no sector TIC galego. O 27,1% das empresas TIC utilizan e/ou incorporan aos seus produtos e servizos o denominado IOT (Internet das cousas). En segundo lugar, nas tecnoloxías disruptivas sitúase o Bussiness Inteligence, que xa é utilizado polo 26% das empresas TIC. e, en terceiro lugar, figura o uso da Intelixencia artificial (19,5%).
Neste capítulo tamén cabe salientar que un 16,7% das empresas TIC galegas emprega Chatbots, un 14,3% a realidade virtual e unha de cada dez empresas TIC fai uso do blockchain (11,3%) e dos xemelgos dixitais e simulación (10%). Ademais o 20,8% das empresas TIC xa utilizan Big Data na toma de decisións.
Aumenta o peso do comercio electrónico
O 75% das empresas TIC en Galicia realizaron compras de bens ou servizos a través de Internet ao longo do ano 2020.
No último ano creceu a porcentaxe de empresas TIC que venderon os seus produtos ou servizos a través do comercio electrónico, situándose no 31,7%, un 7,1% máis que o ano anterior. O peso das vendas a través do comercio electrónico sobre as totais increméntase nun 10,4% ata acadar un peso do 58,2%.
Conectividade
Nesta edición do informe sobre a Sociedade da Información entre as Empresas TIC en Galicia, destaca o incremento nas velocidades de conexión a internet, xa que a porcentaxe de empresas TIC conta con conexións de 100 Mbps supera o 76%, case un 15% que o ano anterior. Con respecto á tecnoloxía de acceso a Internet máis contratada polas TIC galegas, destaca a fibra óptica (54,6%), que experimenta un incremento do 17,7% no último ano.
Ciberseguridade
O 26,9% das empresas galegas dedicadas ás TIC sufriu un incidente de seguridade durante o ano anterior. Os intentos de estafa e os ataques de virus foron os incidentes máis frecuentes entre as empresas que tiveron problemas coa ciberseguridade. O primeiro (intentos de estafa) creceu en 8 puntos porcentuais no último ano, substituíndo aos virus como incidente máis frecuente.
Xestión empresarial e presenza en Internet
A interacción coas Administracións Públicas a través de Internet continúa a súa tendencia de crecemento, situándose no 82,9%, 4,6 puntos porcentuais máis que en 2019. O uso da sinatura dixital acada o 69,6% das empresas TIC galegas.
Durante 2020 subiu lixeiramente a dispoñibilidade de páxina web entre as empresas do sector ata acadar o 79%. O uso de redes sociais por parte das empresas TIC galegas, acada o 42,7% en 2020. A realización de accións de marketing é a principal motivación para o uso das redes sociais.
Actividades de I+D+i e Formación
Máis dun terzo das empresas TIC galegas (33,7%) levaron a cabo actividades de I+D+i durante os 3 últimos años, aumentando lixeiramente a porcentaxe respecto aos datos da edición anterior (33,2%). Entre estas empresas TIC, o 68,3% obtiveron resultados comercializables.
Con respecto á formación, o informe sinala que case que unha de cada tres empresas TIC galegas impartiu formación en novas tecnoloxías da información e comunicación ao seu persoal (31,7%), un 6,4% máis que o ano anterior. No 2020, a temática de maior interese formativo é a de “Seguridade informática e protección de datos” (49,7%) desbancando do primeiro posto a “Tecnoloxías Cloud e modelos de negocios baseados en Cloud” (40,7%).
Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio: www.osimga.gal.
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou está mañá, na sede do Inega en Santiago, as convocatorias de enerxías renovables e fotovoltaica dirixidas a particulares e comunidades de veciños cuxo prazo de solicitude se abrirá en marzo
Os apoios mobilizarán 13,5 M€, crearán 140 postos de traballo e permitirán reducir as emisións o equivalente á acción de 250.000 árbores
O Goberno galego xa abriu o prazo de solicitude das axudas de enerxías renovables e eficiencia enerxética dirixidas a empresas e autónomos dos sectores agrícola primario, industria e servizos
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou esta mañá, na sede do Inega en Santiago de Compostela, as convocatorias de enerxías renovables dirixidas a particulares que se abrirán este ano. Dúas liñas de axudas (renovables térmicas e autoconsumo) coas que se pretende chegar a 1600 fogares galegos. En total, destínanse 5,1M€ coa previsión de mobilizar 13,5 millóns de investimento público-privado, xerar aforros económicos de 900.000 euros anuais nas facturas enerxéticas e aforros de enerxía de 18.500MWh ao ano, reducir 5600 toneladas de emisións de CO2 –o equivalente á acción de 250.000 árbores– e crear 140 postos de traballo.
En concreto, a Xunta reserva 3,1M€ para a convocatoria de axudas para a instalación de proxectos de renovables térmicas (biomasa, xeotermia, aerotermia e solar térmica) para promover o aforro enerxético e o uso de fontes renovables. Co obxectivo de garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao medio ambiente.
A contía destas axudas de concorrencia non competitiva, e que se poderán solicitar a través das entidades colaboradoras a partir do 1 de marzo, será do 50%, agás no caso da aerotermia que será do 30%, cun máximo de 60.000 euros no caso de axudas para comunidades de veciños. Prevese mobilizar 9M€ e aforrar 650.000 euros anuais, ademais de reducir as emisións en 5000 toneladas de CO2 ao ano.
Con respecto ás axudas para autoconsumo, resérvanse 2M€ para fotovoltaica a través dunha convocatoria de concorrencia non competitiva cuxo prazo abrirá o 3 de marzo. A contía dos apoios será dun 50% cun máximo de 25.000 euros por proxecto colectivo. Establécese unha axuda máxima por vivenda de 4000 euros que pode incrementarse ata os 5550 euros no caso de que se instalen baterías de litio. Agárdase mobilizar 4,5M€, aforrar 250.000 euros anuais, e 1750MWh ano, así como reducir as emisións en 600 toneladas de CO2 ao ano.
No caso das dúas convocatorias, as solicitudes deberán presentarse a través das entidades colaboradoras por vía telemática. Precisamente desde hoxe, e durante os vindeiros cinco días, poderán adherirse estas entidades. Os particulares terán o prazo aberto, para as dúas liñas, ata o 1 de xullo e a data límite de execución e xustificación será o 30 de setembro.
Balance 2020
Paula Uría incidiu no esforzo que a Xunta ten realizado, nos últimos anos, por promover o uso das enerxías renovables por parte de toda a sociedade, especialmente nos fogares. Así, lembrou que o Goberno autonómico puxo en marcha, en 2014, a primeira convocatoria de apoios específica para biomasa que permitiu instalar, no período 2014-2020, un total de 7000 caldeiras. Desde 2017, ademais, ampliáronse os apoios a outras enerxías renovables térmicas como a xeotermia, a aerotermia a solar térmica e o autoconsumo eléctrico.
Froito destas convocatorias dirixidas aos particulares, no ano 2020, beneficiáronse 1711 fogares grazas a tres liñas de axudas (renovables térmicas, enerxía fotovoltaica e biomasa) ás que se concederon 5,45M€ que mobilizarán 12,5M€ e permitirán un aforro anual de 900.000 euros.
Convocatorias abertas para empresas e autónomos
Por outra banda, a directora xeral lembrou que xa están abertas dúas convocatorias para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética nas empresas. Trátase, en concreto, da liña de axudas para proxectos de empresas e autónomos do sector agrícola primario que contan cun orzamento de 2,5 millóns de euros, o que facilitará a mobilización dun investimento final público-privado de 8,5M€ en aproximadamente 200 iniciativas. Promoveranse instalacións de biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e eólica, así como actuacións de mellora da eficiencia que reduzan o consumo inicial en polo menos un 40% en proxectos de iluminación ou nun 10% no resto de iniciativas.
Tamén está aberto o prazo para solicitar axudas para realizar proxectos de aforro e eficiencia enerxética en empresas dos sectores industrial e de servizos. Destinaranse 10M€ co obxectivo de mobilizar máis de 42M€, e propiciar un aforro enerxético equivalente a nove millóns de litros de gasóleo ao ano, así como un aforro económico de 7M€ anuais nas facturas enerxéticas e a creación de 340 empregos.
Con este conxunto de medidas, a Xunta segue avanzando no seu compromiso por lograr unha Galicia máis verde, promovendo o uso das enerxías renovables e autóctonas por parte de fogares, empresas e administracións; e fomentando unha cultura baseada no aforro e na eficiencia enerxética.
Salienta que en 90 días a Xunta sumará 140 M€ en axudas para estes sectores
Das máis 40.000 solicitudes do I Plan de rescate xa están aboadas o 80%, máis de 32.500, que suman máis de 66 M€
“Imos seguir poñendo diñeiro. Correspóndenos asumir as responsabilidades e non as imos condicionar a que outras administracións tamén respondan ás solicitudes”, incide
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o segundo Plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería contará como mínimo con 50 millóns de euros e, deste xeito, en 90 días a Xunta sumará 140 millóns de euros en axudas para estes sectores.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo salientou que o investimento do II Plan de rescate sumarase aos 86,2 millóns de euros do primeiro, do que “a maior parte xa está pagado”. Así, das máis 40.000 solicitudes xa están aboadas o 80%, máis de 32.500, que suman máis de 66 millóns.
Destas solicitudes, 24.000 proveñen do sector da hostalería das que 20.000 xa están abonadas. En total, destinaranse 37 millóns de euros a esta actividade. “O 31% dos hostaleiros percibiron entre 2.700 e 3.500 euros por establecemento; o 21%, entre 5.500 e 6.500 euros; e o 15,2%, entre 6.700 e 8.500 euros”, engadiu.
Ao longo da súa intervención, Feijóo reiterou a disposición da Xunta a participar nun novo plan de rescate no que a Administración autonómica achegaría o 50%, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante, segundo o modelo proposto polo sector da hostalería e tal e como se fixo noutras comunidades.
“Mantemos a man tendida para buscar un acordo”, dixo, subliñando que, á espera de resposta de deputacións e concellos, “a Xunta vai seguir traballando”. Así, despois da reunión celebrada onte co sector dos autónomos, o da hostalería está chamado a unha nova reunión que se celebrará mañá, co fin de presentarlle o II Plan de rescate.
“Imos seguir poñendo diñeiro. Correspóndenos asumir as responsabilidades e non as imos condicionar a que outras administracións tamén respondan ás solicitudes do sector”, concluíu o presidente do Goberno galego.
El Gobierno desestima el recurso del jefe de Urbanismo al señalar que está justificada la modificación debido al plan para aumentar el personal en varias áreas y departamentos
Con los únicos votos favorables del grupo de Gobierno del PSOE (toda la oposición votó en contra), el Concello de Culleredo aprobó en el pleno de ayer desestimar el recurso de reposición presentado por el jefe de Urbanismo contra la modificación de la Relación de Puestos de Trabajo (RPT) de la plantilla municipal, aprobada en el pleno del pasado mes de septiembre.
La Secretaría Municipal informó de nuevo en contra de esta modificación de la RPT y resolvió estimar casi en su totalidad el recurso del jefe de Urbanismo, quien alegó contra la creación de este puesto de jefe de Urbanismo, debido a la “falta de motivación válida”, aunque no aceptó el argumento de que se hubiese producido una “desviación de poder”.
La concejala de Personal, Marta Figueroa, reiteró en el pleno que la variación de la RPT sí está motivada y justificada, al ser la intención del Ejecutivo municipal la de “reforzar áreas” y ofrecer una atención mejor a los vecinos. Una de estas áreas que quieren mejorar es Urbanismo, donde se incluye el puesto de director de área. En cuanto al sistema de provisión para ocupar el puesto, apuntó que se “determinará posteriormente”.
El alcalde, en este punto, añadió también que ya está en trámite “una nueva RPT” para los trabajadores del Ayuntamiento, debido a que el objetivo es reforzar “más áreas y departamentos” para lo que se contratará a más personal, además de en Urbanismo.
La Corporación local también rechazó, con la abstención de todos los grupos de la oposición, la solicitud de compatibilidad de un trabajador del conservatorio municipal debido a que existía un informe negativo de la Xunta. El Ejecutivo municipal sin embargo apuntó que se podría abordar de nuevo esta petición con otro cuestionamiento.
El pleno de Culleredo también dio luz verde en la sesión de ayer a la propuesta para realizar plenos y otros órganos colegiados de forma telemática, por videoconferencia, cuando concurran situaciones excepcionales como la actual pandemia sanitaria. Las sesiones además se grabarán en vídeo y el acceso a los expedientes se realizará por medios electrónicos, a través de la sede electrónica municipal o el gestor de expedientes. El alcalde destacó que así se garantiza la transparencia. El sistema demás permitirá la opción de las videoactas.
PSOE y BNG apoyaron esta propuesta y PP se abstuvo mientras Alternativa votó en contra
Avala la “falta de motivación” alegada sobre la creación del puesto de jefe de un área que no existe y la “ilegalidad” de que pueda ostentarlo un funcionario de la Administración general
La Secretaría Municipal de Culleredo informa de nuevo en contra de la modificación de la Relación de Puestos de Trabajo (RPT) aprobada de forma definitiva en pleno el pasado mes de septiembre. La secretaria aboga por estimar casi en su totalidad el recurso de reposición presentado por el jefe de Urbanismo, que carga contra la creación del puesto de jefe de área de urbanismo —un área que “no existe,” alega el funcionario— y por anular el acuerdo plenario por el que se dio luz verde definitiva a la modificación de la plantilla. El Gobierno local prevé desestimar el recurso del jefe de Urbanismo y continuar con la creación del puesto de jefe de área. Asegura, consultado ayer por este diario, que tramita la contratación de una consultora externa para crear una nueva RPT que atienda a las “necesidades en varias áreas” e insiste en que se requiere “reforzar” la de Urbanismo.
El informe de Secretaría al recurso de reposición del jefe de Urbanismo avala la “imposibilidad de creación del puesto de jefe de área de Urbanismo” y “falta de motivación válida en la creación de dicho puesto” que alega el funcionario en su escrito. Considera que no está probada, sin embargo, la “desviación de poder” que aprecia el responsable del servicio. La secretaria ya había advertido sobre la falta de motivación en anteriores informes, en los que ya se había mostrado en contra de la modificación de la RPT, criterio que el Gobierno local desoyó, como prevé hacer también mañana. El Ejecutivo local desestimó las alegaciones presentadas por la CIG y el jefe de Urbanismo y, después, el recurso de reposición presentado por la portavoz del PP, Izaskun García Gorostizu. Los populares cullerdenses han llevado su denuncia a los juzgados.
La jurídica sugiere estimar también el recurso en el extremo en que alega “la ausencia de determinación del título exigido para el desempeño del puesto de jefe del área de urbanismo, ilegalidad de que el puesto pueda desempeñarse por personal funcionario de la escala de administración general de ilegalidad de la libre designación como posible procedimiento de provisión del puesto”. La secretaria suscribe un informe anterior en el que ya había advertido de que “no se ajusta a la legalidad fijar como posibilidad la pertenencia a la Administración general, a causa de la especificidad de las funciones que se relacionan en la propia ficha del puesto (entre las que se encuentra la redacción de proyectos técnicos, memorias valoradas, informes de carácter técnico, confección del Plan Xeral de Ordenación Urbana, inspección y control de la disciplina urbanística, redacción de pliego de condiciones técnicas, proyectos y memorias valoradas de las obras de construcción que tenga que efectuar el Concello, entre otras)”. Avisaba también en aquel documento al que ahora se remite que “no se especifica en la ficha la titulación académica exigida”.
El Gobierno local apunta que la provisión del puesto a través de libre designación no está decidida y que podría cubrirse también por concurso. El Ejecutivo se reafirma en la necesidad del cargo y aprobará el cambio.
A nivel xeral, subliña que as reunións serán dun máximo de 4 persoas; o toque de queda adiántase ás 22 horas; a hostalería e restauración poderán abrir ata as 18 horas; e o horario de peche do comercio fíxase ás 21,30 horas
Salienta que 63 concellos terán restrinxida a mobilidade ao perímetro do propio municipio
Incide en que o Goberno galego seguirá apoiando ao sector da hostalería, cun novo paquete de medidas, ante as restricións que entran en vigor a partir do venres
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, “probablemente, ata mediados de febreiro”, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia.
Durante a súa comparecencia para dar conta das medidas acordadas no comité clínico, Feijóo explicou que, con carácter xeral, aplicarase o nivel medio-alto en toda a Comunidade, se ben, nas zonas de maior incidencia aplicarase o nivel de máxima restrición. “E mantemos o peche da Comunidade que se decretou xa hai varias semanas”, recordou.
No tocante ao nivel medio-alto, Feijóo salientou que, ademais da recomendación básica de que se faga o esencial, exclusivamente: acudir ao médico, ao colexio, ao traballo –incidindo no teletraballo, sempre que sexa posible-, ao coidado de menores e maiores e á compra dos enseres indispensables, hai determinadas restricións que se deben coñecer e cumprir de forma escrupulosa.
Ao respecto, precisou que as reunións serán dun máximo de 4 persoas; o toque de queda adiántase ás 22 horas; o horario de peche do comercio fíxase ás 21,30 horas; os centros recreativos turísticos ou similares terán un aforo do 50% -cando haxa grupos, serán de 4 persoas máximo-; e a hostalería e restauración poderán abrir ata as 18 horas, cun 30% de aforo no interior e do 50% nas terrazas, podendo manter a entrega a domicilio.
“A partir das 18 horas, a actividade da hostalería e restauración non estará permitida, e iso significa que tampouco se deben, a partir desa hora, reunir non conviventes nos domicilios”, engadiu.
No tocante ás actividades deportivas non federadas: os grupos serán dun máximo de 4 persoas e, nos espazos interiores, o aforo tampouco pode superar o 50%. No comercio, o aforo nas tendas tamén segue á metade, pero reforzarase a vixilancia nos centros comerciais, onde quedará prohibido permanecer nas zonas comúns, permitíndose só o tránsito para entrar e saír das tendas.
Por outra banda, nos cines, teatros e auditorios: haberá que estar sempre sentados, mantendo a distancia de seguridade, cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre; e as visitas hospitalarias se circunscriben a unha persoa por paciente en todos os hospitais do Sergas, salvo casos excepcionais. “E respecto á mobilidade, os concellos que se atopan neste nivel medio-alto non se pechan, agás nas tres cidades que están neste nivel: Lugo, Pontevedra e Vigo”, remarcou, ao que engadiu que, en todo caso, a recomendación é que se limite a mobilidade ao máximo posible.
Zonas de máxima restrición
Máis alá destas medidas reforzadas a nivel xeral en toda Galicia, o presidente da Xunta insistiu en que a tendencia á alza é especialmente intensa en zonas concretas que, segundo o comité clínico, deben ter a máxima vixilancia.
“Estamos a falar de 33 concellos de máis de 10.000 habitantes, que presentan unha incidencia acumulada a 14 días superior a 250 ou que evolucionan rapidamente cara a ese nivel. E a eles súmanse outros 27 municipios de menos de 10.000 habitantes, nos que o comité considera preciso que teñan restricións de nivel máximo e limitada a mobilidade”, explicou.
Deste xeito, os 60 concellos que estarán as vindeiras semanas neste nivel máximo de restricións son, na provincia da Coruña: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo e Val do Dubra. Na provincia de Lugo: Vilalba, Viveiro e Xove. Na provincia de Ourense: Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei e Xinzo de Limia. E, na provincia de Pontevedra: A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño.
Nestas zonas, a principal diferenza co resto será que o interior dos centros de hostalería e restauración permanecerán pechados, e só se permitirá atención nas terrazas ata as 18 horas, ou a entrega a domicilio sen límite. Ademais, os establecementos de xogo non poderán abrir as portas; os centros comerciais reducirán o seu aforo ao 30%; “e a mobilidade non se permitirá máis aló dos perímetros de cada concello, quedando illados de xeito individual”, incidiu, matizando que esta restrición tamén se aplicará no caso das cidades que están a nivel medio-alto, é dicir, en Pontevedra, Vigo e Lugo.
Apoio ao sector da hostalería
Diante destas novas medidas que supoñen novos esforzos para os cidadáns, Feijóo aproveitou a comparecencia para referirse novamente á hostalería, un sector, recordou, que sofre máis que ningún outro ao estar máis exposto. “Seguiremos tentando mitigar o seu sufrimento con axudas específicas”, garantiu, subliñando que, máis de 14.700 negocios de hostalería recibiron apoio económico directo da Xunta xa, o que supuxo un desembolso de 21,5 millóns de euros.
“E, ademais, o 50% dos hostaleiros que tiveron que pechar ou se viron prexudicados obtiveron axudas a maiores deste apoio específico, xa que recibiron a axuda dirixida a autónomos ou ben a axuda para microempresas”, resaltou, facendo fincapé en que o Goberno galego seguirá apoiando ao sector, cun novo paquete de medidas, ante as restricións que entran en vigor a partir do venres.
O presidente da Xunta pediu aos cidadáns que sigan en alerta e que non se confíen polo feito de que o proceso de vacinación comezara, xa que a pesar de que Galicia está vacinando ao mellor ritmo de toda España, aínda hai moi poucas doses.
Sobre este punto, a Consellería de Sanidade informará no Consello de mañá da evolución do plan de vacinación; e, desde hoxe, estase a vacinar aos sanitarios, coa previsión de que ao longo do día reciban a primeira dose 6.000 profesionais.
Feijóo avanza o proxecto para introducir 15 novos másters nas universidades galegas e axustar a oferta de títulos aos novos perfís profesionais en eidos como a economía circular ou a biofabricación
Recorda que a implantación destes másters enmárcase dentro dun proceso de mellora do mapa de titulacións da Comunidade, iniciado en 2017, co acordo da introdución de 17 novos graos
Incide no obxectivo de conseguir que a universidade sexa a panca de cambio da Galicia internacional, con máis empregabilidade, máis colaborativa, máis moderna e máis verde
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o proxecto para introducir 15 novos másters nas universidades galegas co obxectivo de axustar a oferta de títulos aos novos perfís profesionais da vindeira década, en eidos específicos como a economía circular, a biofabricación, a innovación educativa, o vehículo autónomo ou a intelixencia artificial.
Durante a presentación da iniciativa Galicia 2030: perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias, Feijóo aseverou que as universidades teñen demostrado o seu gran papel como motores no desenvolvemento; “e, agora, é preciso non perder o compás do futuro que nos agarda e seguir adaptándose aos novos retos”, dixo, subliñando que, de momento, a proposta foi sometida a un primeiro contraste por parte de expertos e representantes das tres universidades, co obxectivo de pulir todos os detalles ata o inicio do curso 23/24, tras o proceso de negociación e a tramitación administrativa pertinente.
Ao longo da súa intervención, o titular do Goberno galego recordou que a implantación destes másters enmárcase dentro dun proceso de mellora do mapa de titulacións da Comunidade, iniciado en 2017, co acordo da introdución de 17 novos graos. “Deses, 13 xa se están impartindo e os 4 restantes están en proceso”, explicou, insistindo no obxectivo de continuar coa introdución destes títulos e iniciar, despois, unha análise para introducir novos graos que se oferten en Galicia.
Conscientes da importancia das etapas que quedan por abordar, o titular da Xunta afirmou que o Executivo galego seguirá apostando polo diálogo e a cooperación, un camiño que permitiu pechar un Plan de financiamento coa cifra máis alta da historia en transferencias directas por parte da Xunta; emprender a estratexia pioneira de especialización dos campus universitarios; ou apostar con forza por un modelo de investigación baseado na excelencia.
Feijóo salientou que o proxecto Galicia 2030 supón todo un punto de inflexión para o Sistema Universitario Galego. Así, logo dunha primeira fase, na que participaron máis de 80 expertos para elaborar un primeiro catálogo de perfís profesionais, no que se identificaron 30 roles que demandarán as empresas no medio prazo; hoxe, presentáronse as conclusións da segunda fase, na que se estudaron os coñecementos xa cubertos polo sistema universitario e os baleiros formativos detectados.
Ao respecto, fixo fincapé en que a Galicia do mañá demandará profesionais máis tecnolóxicos, os traballadores do futuro terán que ser capaces de complementar coñecementos e serán determinantes habilidades persoais como a iniciativa, a creatividade ou a adaptación; e as competencias en inglés serán un requisito sine qua non para obter un posto de traballo.
“En definitiva, as universidades teñen que ser a panca de cambio da Galicia internacional, con máis empregabilidade, máis colaborativa, máis moderna e máis verde”, concluíu.
A Deputación da Coruña, no marco das súas competencias, destina importantes recursos á promoción da actividade deportiva na provincia. Con esta convocatoria de subvencións, a área de Deportes da Deputación pretende apoiar a importante actividade de promoción deportiva realizada polos clubs e entidades federadas no ámbito das competicións nacionais e internacionais.
Polo que se refire ao tipo de tramitación, as subvencións da presente convocatoria tramitaranse de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).
A tramitación telemática aplicaráselle a todas as fases do procedemento (solicitude, concesión e xustificación) e incluiranse en cada unha delas as notificacións e as comunicacións, os requirimentos de información e documentación e máis os envíos de documentación que fosen necesarios para tramitar os expedientes.
Conforme co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas notificaránselle ás entidades interesadas as resolucións e actos administrativos que lle afecten os seus dereitos e intereses.
A resolución da solicitude de subvención, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, notificarase mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Deputación, á cal se remitirá o texto publicado no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo do cumprimento da normativa vixente en materia de notificacións administrativas.
Base 2. Réxime xurídico
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación da Coruña do 1 de febreiro de 2019, BOP 72, do 15 de abril de 2019.
Regulamento orgánico e Bases de execución do orzamento de 2021 da Deputación da Coruña.
Ordenanza xeral de administración electrónica da Deputación da Coruña do 6 de novembro do 2015, BOP 56 do 23 de marzo de 2016
Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña do 15 de setembro de 2017 , BOP núm.186 do 29 de setembro de 2017.
Base 3. Obxecto
3.1. Obxecto específico do programa FO103C/2021
Este programa vai dirixido aos clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista (no caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2021 (aínda que algún dos outros equipos ou deportistas do club participen en competicións oficiais federadas de ámbito inferior a nacional).
O obxecto deste programa é financiar exclusivamente os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional.
Sólo poderá solicitarse subvención por unha modalidade deportiva e categoría das incluídas no ANEXO deste programa.
A realización do programa de actividades para a que se concede a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade, así como as obrigas fiscais e de Seguridade Social que delas se deriven.
As actividades obxecto deste programa deben realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
3.2. Gastos subvencionables neste programa:
CONTA
DESCRICIÓN DA CONTA, SEGUNDO O PXCPENL (*)
602
Compras doutros aprovisionamentos. Material COVID-19 (máscaras, xel hidroalcohólico, termómetros, probas para a detección)
621
Arrendamentos e canons (arrendamento de vehículos, instalacións deportivas e material deportivo)
Seguridade Social por conta da entidade (técnico deportivo, adestrador, fisioterapeuta, preparador físico, monitor deportivo, xestor deportivo)
649
Outros gastos sociais (mutuas)
652
Dereitos da arbitraxe
655
Cotas a entidades deportivas (licenzas federación)
656
Gastos de participación en competicións deportivas federadas (inscricións)
* Resolución do 26/03/2013, do Plan de contabilidade de pequenas e medianas entidades sen fins lucrativos.
Respecto dos gastos de transporte e de aloxamento, terán que estar directamente vinculados coa realización das actividades subvencionadas. Deberá acreditarse esta vinculación na memoria da actividade no trámite da xustificación.
– Os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico.
– Os gastos derivados doutras actividades realizadas polo club.
– Os gastos de persoal correspondentes aos xogadores do club.
– Os gastos derivados de viaxes de ocio.
– Os gastos financeiros.
– Os gastos derivados das atencións protocolarias (atencións persoais, comidas protocolarias, gastos en galas ou celebracións).
– Os gastos suntuarios.
3.4. Operacións vinculadas.
No caso de que o solicitante concerte a execución total ou parcial da actividade obxecto da subvención con persoas físicas ou xurídicas vinculadas á entidade, segundo o disposto no artigo 29.7.d) da Lei xeral de subvencións, no momento da solicitude deberá presentar solicitude de autorización e o concepto de gasto será o de Servizos profesionais independentes.
A solicitude de autorización tamén poderá presentarse na fase de alegacións á concesión provisional da subvención.
Considérase que existe vinculación coas persoas físicas e xurídicas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 68.2 do RD 887/2006 polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.
Para contratar a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, deben cumprirse os seguintes requisitos:
1. Que se obteña a previa autorización expresa da Deputación.
2. Que o importe subvencionable non exceda do custo incorrido pola entidade vinculada. A acreditación do custo realizarase na xustificación nos mesmos termos establecidos para a acreditación dos gastos do beneficiario.
3. Que a contratación de actividades e servizos con persoas vinculadas non supere o límite máximo do 50 por cen do importe da actividade subvencionada, sumando os importes de todos os contratos con persoas vinculadas.
Base 4. Compatibilidades e exclusións
As subvencións deste programa son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Tamén son compatibles co programa desta Deputación FO103D do presente ano, como excepción ao establecido na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña na que se establece que so poderá concederse unha subvención anual por entidade, (artigo 5.4).
Exclusións específicas do programa FO103C/2021
Non serán subvencionables neste programa:
As actividades culturais, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.
As actividades de fomento da actividade física e do deporte, que poidan ser obxecto de subvención a través do programa FO103A/2021.
As actividades de participación en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial, ou autonómico que poidan ser obxecto de subvención a través do programa FO103B/2021.
As actividades ou os gastos incluídos nos grandes eventos deportivos singulares, que poidan ser obxecto de subvención a través do programa FO103D/2021.
Base 5. Entidades solicitantes
Poderán participar nesta convocatoria os clubs deportivos sen fins de lucro, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia da Coruña que cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.
Deberán ter equipos ou deportistas (no caso de deportes individuais) en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional, durante o ano 2021.
Excepcionalmente, os clubs que conten con 5 ou menos deportistas individuais que no ano 2021 compitan a nivel nacional ou internacional, poderán optar por participar nesta convocatoria (incluíndo solo os gastos dos deportistas que compitan no ámbito nacional ou internacional) ou na convocatoria FO103B/2021 (incluíndo solo os gastos dos deportistas que compitan no ámbito inferior a nacional). Deben optar por unha destas convocatorias.
Deberán estar inscritos no Rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia.
Entidades excluídas:
· Persoas ou entidades que foran sancionadas ou condenadas por resolución administrativa ou sentenza firme pola comisión de condutas discriminatorias nos termos dispostos na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, así como no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aprobou o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
· Persoas ou entidades que utilicen na súa actividade linguaxe sexista ou empreguen a imaxe da muller como reclamo ou connotacións de tipo sexual ou denigrante segundo o disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro
Base 6. Requisitos e obrigas das entidades solicitantes
6.1.- Tendo en conta que a tramitación será telemática a entidade deberá dispoñer dun único enderezo de correo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as comunicacións.
Excepcionalmente, e de xeito xustificado, poderá modificar este enderezo inicial, sempre e cando lle notifique a circunstancia pertinente á Deputación.
Deberán dispoñer de certificado dixital:
· Quen ocupe a presidencia da entidade ou quen teña delegadas as súas funcións
· Quen ocupe a secretaría da entidade
· Quen exerza as funcións financeiras ou de tesourería
6.2.- Tratándose de asociacións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, reguladora do dereito á asociación, deberán contar cun mínimo de 25 membros.
6.3.- Non estaren incursas nas causas de incompatibilidade ou de incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren as subvencións da administración pública dispostas no art. 13 da LXS.
6.4.- Estaren ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Deputación e coa Tesourería da Seguridade Social.
6.5.- Faceren constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática, de redes sociais ou audiovisual) que fixeran das actividades ou investimentos subvencionados, tamén na súa páxina web.
Calquera comunicación ou publicación das accións desenvolvidas ou calquera información ou materiais de promoción (coma folletos, carteis ou presentacións en formato electrónico) deberán incluír o logotipo da Deputación en lugar que destaque adecuadamente. O anagrama da deputación da Coruña, deberá ter as seguintes características: cor PANTONE 2757C C:100 M:81 Y:00 K:51, e Tipografía aller Regular Bold, Light.
6.6.- Incorporar, con carácter xeral, a transversalidade de xénero a través do emprego dunha linguaxe non sexista e inclusiva, elaborar materiais que fomenten a igualdade, tratar as imaxes con valores de igualdade, presenza equilibrada, diversidade, pluralidade de roles e identidades de xénero.
6.7.- No caso de que algunha das actividades que execute a entidade solicitante implique o contacto habitual con menores, deberá comprobar que o persoal ao seu cargo non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade co disposto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil.
6.8 Utilizaren, con carácter xeral, formas de pagamento a terceiros/as que poidan acreditar mediante documento expedido por unha entidade financeira (transferencia bancaria, tarxeta de crédito, tarxeta de débito, cheque ou talón nominativo, etc) no que quede identificada a persoa ou entidade beneficiaria, o importe e a data de pagamento. Só excepcionalmente poderá utilizarse o pagamento en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa (peaxe de autoestrada, tícket de aparcadoiro etc).
O incumprimento desta disposición, para algún gasto, implicará que este gasto se considere “non subvencionable”, de conformidade cos art. 72.2, 75.2 e 89 do RDLXS e en relación cos art. 31.2 e 37 da LXS, sempre que o dito gasto supere o importe de 150 €.
6.9.- A entidade beneficiaria da subvención provincial deberá pagar os seus gastos xustificativos antes de que transcorra un mes contado a partir da percepción da subvención. No caso contrario, o dito gasto considerarase como non válido para efectos de xustificación da subvención.
6.10.- Someterse, na súa condición de quen subscribe a conta, aos procedementos de control que poidan realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo. Como resultado dos ditos procedementos poderáselles esixir responsabilidade administrativa, consonte co disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e, no seu caso, responsabilidade penal, de conformidade co Código penal.
6.11.- Cumprir os requisitos e as obrigas sinaladas no artigo 5 e 6 da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias
Ademais dos requisitos e obrigas de carácter xeral indicadas, as entidades solicitantes de subvención neste programa terán as seguintes :
6.12.- Poñer o anagrama da Deputación no fondo das roldas de prensa que sexan celebradas pola entidade.
Cando se xogue como local, deberán colocar no seu campo de xogo:
1. Dúas lonas/valos dun mínimo de 3x1m, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación, durante a realización da competición deportiva/actividade, e nun lugar preferente, facendo constar ao seu carón o texto: “Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña”
2. A lo menos un Fly banner cun mínimo de 2,00m, durante a realización do evento, e nun lugar preferente, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación.
3. O anagrama da Deputación nos videomarcadores, no caso de que existan.
O anagrama da deputación da Coruña, deberá ter as seguintes características: cor PANTONE 2757C C:100 M:81 Y:00 K:51, e Tipografía aller Regular Bold, Light.
No caso de que o cor de fondo sexa oscuro (roupa, lonas, etc), a cor de anagrama será branco
– Se o importe da subvención concedida supera os 3.000,00€, terán a obriga de rotular a roupa coa que participan ou asisten á competición nun lugar visible e cunha medida mínima de 12x7cm.
– Se o importe da subvención concedida é de 60.000,00€ ou superior, terán a obriga de entregar á Deputación 50 entradas para cada partido que se celebre no seu campo de xogo (tribuna, ou grada social, ou maratón).
Base 7. Solicitude
7.1 Prazo e presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL)
A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros
Os prazos de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.
7.2 Documentación das solicitudes: A documentación da solicitude de subvención deberá vir asinada do seguinte xeito:
No caso das certificacións, pola secretaría co visto e prace da presidencia ou persoa na que delegue.
No caso das declaracións, compromisos e outra documentación, pola presidencia ou persoa que represente a entidade
A documentación que se ha presentar é a seguinte:
7.2.1.- Certificación do acordo de solicitude e do nomeamento da persoa representante para a relación coa Deputación
7.2.2.- Acreditación da delegación da Presidencia ou persoa en quen delegue na que se especifique o alcance desta delegación.
7.2.3.- Declaración de estar legalmente constituída antes de presentar a solicitude, de dispor de estatutos debidamente inscritos no rexistro público correspondente e adaptados á lexislación vixente.
7.2.4.-Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigas e ordenar o pagamento.
7.2.5.- Declaración de non estaren incursas a persoa representante e a entidade nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren subvencións das administracións públicas, segundo o disposto na lexislación de carácter xeral.
7.2.6.- Solicitude de autorización, se procede, en caso de que a persoa solicitante concerte a execución total ou parcial da actividade ou proxecto subvencionado con persoas físicas ou xurídicas vinculadas á entidade.
No caso de que se solicite dita autorización, deberán cumprirse os requisitos establecidos no artigo 29.7.d da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e art. 68 do Regulamento, RD 887/06, do 21 de xullo). Tamén deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.
7.2.7.- No caso de que algunha das actividades que execute a entidade solicitante implique o contacto habitual con menores de idade, certificación de que comprobou que o persoal ao seu cargo non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como trata de seres humanos. Igualmente, para o persoal que se incorpore con posterioridade ás actividades subvencionadas, compromiso de facer a comprobación a que se refire este apartado.
Ademais da documentación de carácter xeral indicada, as entidades solicitantes neste programa terán que achegar a seguinte:
· Memoria explicativa da actividade prevista para o ano 2021. O dito documento conterá, como mínimo, os aspectos que deseguido se expoñen:
– Estrutura social do club (órganos de goberno,e número de socios).
– Obxecto da subvención.
– Descrición da competición para a que solicita subvención, especificando as datas e lugares das probas ou partidos e número de participantes.
· Certificación expedida pola federación correspondente, na que consten os seguintes datos do club, referidos ao ano 2021: nº de equipos ou deportistas no caso de deportes individuais en cada ámbito de competición (nacional ou internacional) e a existencia de categorías inferiores.
É obrigatorio utilizar a plantilla de certificado da Deputación dispoñible na plataforma Subtel ou, en caso contrario, o certificado deberá conter todos os datos que figuran na dita plantilla. Non se admitirán as solicitudes que non acheguen a certificación con todos os datos da plantilla da Deputación.
· Declaración do nº de inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.
· Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos subvencionable.
· Declaración doutras subvencións ou ingresos públicos ou privados solicitados e/ou obtidos para o mesmo obxecto.
· Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.
A entidade deberá completar todos os apartados das plantillas da memoria ou dossier, para posibilitar a adecuada valoración das solicitudes. Non se valorarán aqueles aspectos non acreditados ou informados debidamente pola entidade solicitante.
Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
No caso de que a documentación fose incorrecta ou insuficiente, daráselle un prazo de 10 días para a súa emenda. Pasado este prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento.
Serán rexeitadas automaticamente as solicitudes que conteñan documentos electrónicos que incorporen código malicioso ou dispositivo susceptible de afectar a integridade ou seguridade do sistema, omitan documentos esixidos, non cubran nos cuestionarios telemáticos os campos requiridos como obrigatorios ou cando conteñan incongruencias ou omisións que impidan o seu tratamento.
Base 8. Resolución
A Deputación contribuirá cun importe igual por entidade, segundo a modalidade deportiva e a categoría dos equipos integrantes dos clubs da entidade, de acordo co sinalado no ANEXO deste programa, no que figuran os importes máximos das subvencións que se han solicitar e conceder, que corresponden ao 80% do orzamento de gastos subvencionable.
No caso de que o crédito existente na aplicación orzamentaria destinado á presente convocatoria sexa insuficiente para atender a todas as solicitudes presentadas, estes importes máximos reduciranse proporcionalmente en función das solicitudes presentadas e o crédito dispoñible.
Asemade no caso de que a entidade non acredite a existencia de categorías inferiores, procederase ademais a unha reducción dun 15% no importe que se ha conceder; os créditos resultantes desta reducción repartiranse entre o resto de entidades que si acrediten a existencia das ditas categorías, co límite da cantidade máxima por modalidade deportiva.
Reformulación de solicitudes: Cando o importe da subvención concedida sexa inferior ao importe solicitado, entenderase automaticamente reformulada a solicitude de subvención.
Cambios de obxecto:
Neste programa de subvencións non se admitirán cambios de obxecto.
Base 9. Xustificación e pagamento
9.1.- Prazo de xustificación.
A xustificación poderá presentarse a partir do día seguinte á publicación da resolución de concesión definitiva das subvencións no BOP. O prazo para a xustificación das subvencións rematará o día 31 de marzo de 2022, ás 14:00 horas.
9.2.- Consideracións xerais.
As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos; serán gastos subvencionables os que resulten imputables contablemente a algún dos conceptos fixados no orzamento tomado en consideración no acto da concesión da subvención.
9.2.1.- A cantidade para xustificar será o importe da subvención concedida dividido entre o coeficiente de financiamento fixado na resolución de concesión
No caso de ter outras subvencións, ingresos públicos ou privados para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa subvención da Deputación da Coruña, teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o orzamento subvencionado para xustificar será a suma das subvencións e ingresos.
9.2.2.- O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da actividade ou investimento desenvolvido pola entidade beneficiaria.
9.2.3.- Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
9.3 Documentación xustificativa
A documentación xustificativa deberá vir asinada do seguinte xeito:
– No caso das certificacións, pola secretaría co visto e prace da presidencia ou persoa na que delegue.
– No caso das declaracións, compromisos e outra documentación, pola presidencia ou persoa que represente a entidade
– Nos caso das certificacións de gastos e ingresos, pola presidencia e pola persoa que exerza as funcións financeiras ou de tesourería
A documentación que se ha presentar é a seguinte:
9.3.1.- Memoria xustificativa da realización da actividade subvencionada e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: actividades desenvoltas; temporalización; cuantificación e perfil dos participantes; resultados obtidos.
9.3.2.- Certificación dos gastos realizados. Este documento deberá asinalo conxuntamente a persoa que exerza as funcións financeiras ou de tesourería e a persoa que exerza a representación legal da entidade respectiva.
9.3.3.- No suposto de que a subvención se xustifique con gastos de persoal, indicarase na relación de gastos para cada traballador/a e mes, o importe bruto da nómina e o importe da seguridade social con cargo á entidade.
Neste caso, a entidade deberá achegar a correspondente autorización individual asinada por cada traballador/a con salario subvencionado, para a cesión á Deputación da Coruña dos datos persoais relacionados co seu contrato de traballo.
9.3.4.- Relación detallada de todos os ingresos concedidos por outras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto, con indicación do seu importe e procedencia, así como dos ingresos propios afectados á actividade subvencionada, ou, pola contra, declaración de non ter outros ingresos públicos ou privados para o mesmo obxecto. Este documento deberá asinalo conxuntamente a persoa que exerza as funcións de tesourería e a persoa que exerza a representación legal da entidade respectiva.
9.3.5.- Unha declaración do cumprimento da obriga de facer constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática ou audiovisual) e na páxina web, que fixera das actividades subvencionadas.
9.3.6.- Declaración de non ter pendente de xustificación ningunha cantidade anticipada da Deputación na que xa rematara o prazo para a presentación dos xustificantes.
9.3.7.- A entidade indicará se está ou non exenta do IVE e se está suxeita á regra de rateo a porcentaxe deducible, xa que só poderá terse en conta o cargo co dito imposto cando sexa soportado pola entidade e na porcentaxe que non fora deducible.
Ademais da documentación de carácter xeral indicada, as entidades solicitantes neste programa terán que achegar a seguinte:
9.3.8.- Acreditación do cumprimento de:
– Poñer o anagrama da Deputación no fondo das roldas de prensa que sexan celebradas pola entidade.
– Cando se xogue como local, colocar no seu campo de xogo:
1. Dúas lonas/valos dun mínimo de 3x1m, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación, durante a realización da competición deportiva/actividade, e nun lugar preferente, facendo constar ao seu carón o texto: “Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña”
2. A lo menos un Fly banner dun mínimo de 2,00m, durante a realización do evento, e nun lugar preferente, onde figure exclusivamente o anagrama da Deputación.
3. O anagrama da Deputación nos videomarcadores, no caso de que existan.
Se o importe da subvención concedida supera os 3.000,00€, terán a obriga de rotular a roupa coa que participan ou asisten á competición nun lugar visible e cunha medida mínima de 12x7cm.
Se o importe da subvención concedida é de 60.000,00€ ou superior, ademais:
• Facturas ou documentos equivalentes incluídos na relación clasificada de gastos.
• Xustificación da entrega na Deputación de 50 entradas para cada partido que se celebre no seu campo de xogo (tribuna, ou grada social, ou maratón)
9.4.- Tramitación da xustificación.
Para os efectos de xustificar os gastos e coa finalidade de exceptuar o art. 31.2 da Lei xeral de subvencións, entenderase que o gasto está realizado coa achega da documentación sinalada no apartado anterior.
Á vista da documentación xustificativa presentada e logo dos informes previos da unidade xestora despois da súa fiscalización, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades subvencionados e, se a documentación é correcta, procederase ao pagamento da subvención.
Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención terase en conta o seguinte:
· No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado para xustificar, aboarase a totalidade da subvención.
· No caso de que se xustifique gasto inferior ao 100% e, polo menos, do 50% do orzamento subvencionado para xustificar, aboarase a parte proporcional da subvención.
· No caso de que se xustifique gasto inferior ao 50% do orzamento subvencionado para xustificar, non se considerará cumprida a finalidade básica da subvención, polo que non se aboará cantidade ningunha.
No caso de que o equipo/deportista individual cambie de ámbito no ano natural en curso, poderanse ter en conta os gastos estructurais necesarios para continuar coa competición. Non se terán en conta a estos efectos, os gastos comprendidos nos seguintes conceptos contables: 624, 629, 649, 652, 655, 656.
No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de 10 días para a súa emenda; pasado o dito prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento, ditándose resolución de perda do dereito ao cobro.
A Deputación da Coruña poderá requirir da entidade beneficiaria a documentación que estime pertinente para os efectos de comprobar o cumprimento da finalidade da subvención.
No caso de non atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que teña xustificado o cumprimento das condicións da subvención, advertirase á entidade beneficiaria de que non se procederá ao pagamento se no prazo dun mes non xustifica ter regularizada a súa situación tributaria ou social, e declararase a perda do dereito á subvención outorgada.
9.5.- Prazo de pagamento.- O pagamento terá que realizarse no prazo máximo de dous meses desde que a entidade local beneficiaria presentara completamente a documentación xustificativa. No caso de que non se cumpla este prazo, a Deputación aboará de oficio os xuros de mora que correspondan.
Base 10. Incumprimentos e sancións
O procedemento sancionador está regulado no Capítulo VI da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación da Coruña.
Base 11. Publicidade das subvencións concedidas
A Deputación Provincial da Coruña publicará as subvencións concedidas na Base de Datos Nacional de Subvenciones.
A Deputación contará co Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios a que se refire a disposición adicional sexta da Lei de subvencións de Galicia e facilitará á comunidade autónoma a información a que se refire o apartado 3 do artigo 16 da devandita norma.
Base 12. Protección de datos persoais
Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Deputación da Coruña coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas.
Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obriga legal.
As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para facilitar o exercicio dos dereitos, a Deputación pon ao seu dispor un modelo de solicitude (https://www.dacoruna.gal/documentacion/impresos-oficiais)
Disposición adicional primeira
En ningún caso a presente convocatoria xerará dereito a favor das entidades solicitantes mentres non se dean as condicións orzamentarias, procedementais e xurídicas de aplicación.
Disposición adicional segunda.
A participación na convocatoria supón a aceptación destas bases reguladoras.
ANEXO
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: ATLETISMO: DIVISIÓN DE HONRA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BALONCESTO ACB E 1ª DIVISIÓN FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
100.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BALONCESTO ADAPTADO DIVISIÓN DE HONOR Y 1º DIVISION
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
40.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA BALONCESTO: LEB-ORO E 2ª DIVISIÓN FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
90.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BALONMAN: 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: BEISBOL : 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
7.600,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: CARRETERA: ÉLITE E SUB 23
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
12.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: DUATLÓN: LIGA NACIONAL 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL 2ª B E 2ª DIVISIÓN FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
41.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL: DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL 3ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA: 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
60.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA: 2ª DIVISIÓN MASCULINA E FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
30.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA 2ª B MASCULINA E FEMININA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
15.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: FÚTBOL SALA: DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: HALTEROFILIA: DIVISIÓN DE HONRA E ABSOLUTA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
13.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: HOCKEY OK LIGA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
100.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: HOCKEY OK LIGA PLATA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: KAYAC POLO: 1ª DIVISIÓN ABSOLUTA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: RUGBY: DIVISIÓN DE HONRA
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
13.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: TENIS DE MESA: LIGA NACIONAL SUPER DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
9.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: TRAÍÑAS: LIGA ACT (MASCULINO E FEMININO)
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
8.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: TRIATLÓN: LIGA NACIONAL 1ª DIVISIÓN
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
10.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: VOLEIBOL: SUPER LIGA 1
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
20.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: VOLEIBOL: SUPER LIGA 2
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
15.000,00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: DEPORTES NAÚTICOS (PIRAGÜISMO, REMO, VELA) QUE PARTICIPEN ENCOMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
11,000.00 €
MODALIDADE DEPORTIVA E CATEGORÍA: DEPORTES NAÚTICOS (PIRAGÜISMO, REMO, VELA) QUE PARTICIPEN ENCOMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO INTERNACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
13.000,00 €
OUTRAS MODALIDADES DEPORTIVAS E CATEGORÍAS CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS (NO CASO DE DEPORTESINDIVIDUAIS) QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO INTERNACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
9.000,00 €
OUTRAS MODALIDADES DEPORTIVAS E CATEGORÍAS CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS (NO CASO DE DEPORTESINDIVIDUAIS) QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL
Importe máximo a solicitar/conceder (correspondente ao 80% do orzamento de gastos subvencionable)
7.000,00 €
Os importes a conceder, no caso de que a entidade non acredite a existencia de categorías inferiores, terán ademais unha redución do 15%.
Entre as novas tendencias destacan os profesionais tecnolóxicos vencellados coa sanidade, coa robótica para a industria automobilística, atención telefónica e xestión de pedidos para o comercio electrónico e supervisores de limpeza industrial
A Xunta desenvolve un estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego que avalíe os cambios nos requirimentos do mercado de traballo
Algunhas destas tendencias xa foran remarcadas pola ‘Guía de ocupacións con mellores perspectivas de emprego’ elaborada antes da pandemia
A Consellería de Emprego e Igualdade, vén de detectar que, ao albur da crise sanitaria, existen actividades que precisan de traballadores especializados e nas que o mercado laboral se mostra máis activo. Entre estes nichos de emprego, a Xunta ve oportunidades en áreas relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á sanidade, ao comercio electrónico, ás cadeas de montaxe industrial e á ciberseguridade. A educación, a atención domiciliaria da dependencia e a loxística ou a consultoría informática se consolidan tamén como nichos de emprego a pesares da crise sanitaria, que está a repercutir de xeito negativo noutros sectores da economía galega vencellados co comercio, o turismo ou a hostalaría.
A situación de nova normalidade fixo que unha ducia de sectores estean a demandar perfís de traballadores e incrementaron nos últimos meses de ano as cifras de afiliacións á Seguridade Social con respecto a 2019. Trátase das actividades sanitarias, emprego público, educación, sector automobilístico, limpeza industrial e de edificios, actividades administrativas na xestión de chamadas, TICs, dependencia, telecomunicacións, servizos técnicos de enxeñaría, loxística e distribución e da industria farmacéutica.
Algunhas destas actividades xa viñan salientadas polo seu dinamismo na Guía de ocupacións con mellores perspectivas de emprego elaborada pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Observatorio de Emprego, antes da Covid-19. Como a atención á saúde, na que xa se subliñaban as boas perspectivas de emprego para médicos de familia, farmacéuticos e técnicos en emerxencias sanitarias; ocupacións cualificadas ben posicionadas no mercado de traballo galego e que, pola influencia da Covid, ven incrementada a súa presenza.
Os novos retos tecnolóxicos vinculados á sanidade apuntan cara a futuras necesidades de técnicos data scientist (para orientar as decisións a partir da análise de enormes cantidades de datos) e desenvolvedores de apps (dirixidas á mellora da atención aos pacientes).
Emprego público, automóbil, limpeza e informática
A gran oferta de emprego público impulsada dende a Xunta está a dinamizar tamén o mercado neste ámbito. Existe demanda crecente de profesionais ligados á educación. O menor aforo nas aulas e a rotación de profesores esixe de maior número de docentes e maior exixencia no uso de innovacións educativas.
As afiliacións no último trimestre do ano evidencian, por outra banda, un incremento de traballadores no sector do automóbil, sobre todo na provincia de Pontevedra, onde se demandan para traballos de enxeñaría e ensamblaxe nas liñas de produción. Neste eido existen perfís emerxentes, como técnicos en robótica e en diagnóstico por imaxe.
Tanto as actividades relacionadas coa limpeza, cos traballos de recollida e eliminación de residuos e a desinfección vense impulsadas, ao igual que as actividades administrativas vinculadas á xestión de chamadas polo estímulo do comercio en liña.
TICs, actividades de programación e consultoría informática atopan tamén un oco, animadas polo auxe do teletraballo e da ciberseguridade. A provincia da Coruña concentra neste caso un gran dinamismo con 2 de cada 3 novos empregos rexistrados no sector que, por outra banda, segue a demandar perfís emerxentes en materia de big data, desenvolvedores de aplicacións de realidade virtual ou traffic márketing product manager, cuxa misión é xerar tráfico web dentro da xestión dun plan de medios dixital.
Dependencia, servizos sociais relacionados coa atención en institucións e a domicilio crean emprego. Tamén as telecomunicacións, os servizos técnicos de enxeñería e a loxística e distribución, esta última moi vencellada co estímulo do comercio en liña e o auxe das entregas de comidas a domicilio.
Existe outro grupo de actividades cunha tímida evolución positiva no actual escenario de crise sanitaria como a industria farmacéutica, a industria química, a investigación e desenvolvemento, as actividades de seguros e a industria do papel.
Adaptar a formación
O impacto das novas tecnoloxías emerxentes está modificando os requirimentos do mercado de traballo polo que, desde a Dirección Xeral de Formación e Colocación, se está a levar a cabo un Estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego. Trátase de coñecer os novos perfís para poder adiantarse ás necesidades formativas do futuro, tanto en competencias técnicas, como nas soft skills (competencias humanas como a creatividade, a xestión do tempo, a colaboración ou o pensamento crítico).
A detección das áreas emerxentes de emprego vinculadas aos novos retos tecnolóxicos permitirá incidir na formación destes novos profesionais e contribuír, a medio e longo prazo, á xeración de emprego de calidade para os galegos e galegas e, en definitiva, ao impulso económico da Comunidade.
A Xunta destina 6 M€ para impulsar plans de internacionalización dixital de pemes, autónomos e comercio
O obxectivo é impulsar as vendas no exterior das empresas galegas a través de ferramentas dixitais innovadoras
En 2020 concedéronse axudas para desenvolver 155 plans de internacionalización dixital en máis de 90 países que permitirán mobilizar 7M€
Complementa as medidas de impulso á dixitalización incluídas no Plan de reactivación e dinamización económica
A Xunta de Galicia activará, nas vindeiras semanas, unha nova convocatoria de Galicia Exporta Dixital, unha liña de axudas centrada na internacionalización dixital da empresa galega que en 2020 se reforzou e adaptou ás necesidades do tecido empresarial como consecuencia do novo contexto económico provocado pola pandemia da covid-19. Esta nova edición contará cun orzamento de 6M€ co obxectivo de apoiar a expansión internacional das empresas galegas e os establecementos comerciais, a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.
As axudas, destinadas a pemes, autónomos e comercio retallista, serán de concorrencia non competitiva e cubrirán ata un máximo do 80% dos gastos e investimentos necesarios para desenvolver e implementar o plan de internacionalización dixital. Poderase presentar unha única solicitude por empresa cun gasto subvencionable de entre 25.000 e 125.000 euros ou, no caso de comercio retallista, de entre 15.000 a 100.000 euros.
As axudas permitirán aos beneficiarios acometer actuacións de consultoría como diagnóstico de potencial exportador dixital, plans de internacionalización dixital multicanle, plans de mercados electrónicos concretos ou cubrir gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital. Tamén adquirir software relacionado con solucións tecnolóxicas para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais, programación a medida, solucións de analítica ou intelixencia automatizada así como de inbound márketing ou mesmo crear e adaptar tendas online.
Con esta liña preténdese apoiar a transformación dixital do tecido empresarial galego para favorecer o aforro de recursos, a simplificación dos procesos e a apertura de novas canles de comercialización de produtos e servizos que faciliten o acceso a clientes e mercados de todo o mundo.
Balance 2020
Ao longo do pasado ano 2020, a Xunta achegou preto de 5,6 millóns de euros ás pemes galegas –especialmente microempresas– para desenvolver 155 plans de internacionalización dixital en máis de 90 países.
As axudas aprobadas supoñen unha mobilización de 7M€ e o gasto medio por proxecto aprobado supera os 50.500 euros. Ademais, seis de cada 10 beneficiarios dos apoios foron microempresas, mentres que o 27% foron pequenas e o 11% medianas compañías. Por sectores, destacan as axudas concedidas ao comercio polo miúdo, que recibiu preto de 1,6 millóns de euros, o 28% do total.
En canto aos países de destino elixidos polas empresas para desenvolver os seus plans de internacionalización, ao redor do 56% son de Europa (53% da Unión Europea e 3% do resto de países europeos), con Francia como primeiro mercado escollido. Fóra de Europa, os países máis destacados son Estados Unidos e México, destinos principais das accións de promoción das vendas que serán apoiadas.
No que se refire ao tipo de medidas que se implementarán, as máis demandadas son as relativas ao software –co 37% sobre o total–, destacando especialmente os gastos de solucións de inbound márketing internacional para captar, reter, converter e fidelizar a usuarios..
Cofinanciado polos fondos Feder, este programa complementa o Galicia Exporta Empresas e o Galicia Exporta Organismos Intermedios, aos que en conxunto en 2020 se destinaron preto de 15 millóns de euros e cos que se espera apoiar a promoción no exterior de 1000 empresas. Ademais, o Galicia Exporta Dixital completa as medidas aprobadas polo Goberno galego para impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio ao abeiro do Plan de reactivación e dinamización económica de Galicia.