El Gobierno prevé que los españoles puedan moverse en libertad entre provincias a partir del 21 de junio

El Gobierno aprobará el martes y someterá a la votación del Congreso el miércoles la última y definitiva prórroga del estado de alarma, que llegará hasta el 21 de junio. Esto supondrá, como ha explicado Pedro Sánchez en rueda de prensa, que las restricciones a la movilidad acabarán con el comienzo del verano y los españoles recuperarán la libertad de movimientos también entre provincias en esa misma fecha. «Es el 21 de junio, en principio, cuando por toda España podremos circular», ha asegurado expresamente.

El presidente ha comenzado su intervención confirmando que España ha doblegado la curva del coronavirus y ha superado los peores momentos de la pandemia. El Gobierno, con datos sanitarios cada vez mejores encima de la mesa, considera que ya sólo va a ser necesaria una última prórroga del estado de alarma. Además, la negativa a apoyar las prórrogas del PP, de Vox y de los independentistas de Junts per Catalunya y de las CUP hacían cada vez más difícil su aprobación en las Cortes.

De esta forma y en principio, Madrid, Barcelona y Castilla y León, que estaba previsto que sufrieran restricciones hasta el 6 de julio, verían adelantada 15 días la libertad de movimientos a otros territorios del país. En respuestas a un periodista, Sánchez ha remarcado que «el 1 de julio» debería ser posible la movilidad «en todos los rincones» del país. Así, además, se evitaría la paradoja de que España estuviera ya abierta a la visita de extranjeros y, sin embargo, ciudadanos de determinadas provincias o regiones no pudiesen viajar a los territorios accesibles para los foráneos.

Cuando el estado de alarma expire el 21 de junio, el derecho a la libertad de movimientos y el derecho de reunión quedarán plenamente restablecidos, según ha explicado el presidente. Sánchez ha reiterado que «sólo el estado de alarma puede limitar estos derechos fundamentales». Y por eso este instrumento constitucional «ha sido muy eficaz para vencer esta pandemia».

Mientras tanto, España avanzará hacia las fases 3 y 4 de la desescalada y la gestión del proceso de desconfinamiento irá pasando a las comunidades autónomas. Como ha explicado el jefe del Ejecutivo primero en la 12ª Conferencia de Presidentes y después en su comparecencia, los gobiernos autonómicos disfrutarán de «gobernanza plena» a partir de la Fase 3 de la desescalada. Ellos decidirán su duración y las medidas que se implantan durante la misma.

Este último estado de alarma será «muy distinto» y «mucho más liviano», según ha avanzado el jefe del Ejecutivo, pero «necesario» para culminar el proceso de desescalada en la crisis del coronavirus.

Pedro Sánchez ha alertado en su comparecencia de que, a pesar de los buenos resultados alcanzados en la lucha contra la pandemia, es preciso actuar con «prudencia» y respeto a las reglas sanitarias «para evitar cualquier tipo de recaída», algo que supone un «riesgo real», ha advertido, no solo para España sino para todo el mundo.

Preguntado por el plan que tiene el Gobierno para limitar los movimientos si hay rebrotes de la pandemia una vez finalizado el estado de alarma, el jefe del Ejecutivo ha apuntado que «no hay otro instrumento para restringir la movilidad» de comunidades autónomas o áreas metropolitanas como las de Madrid o Barcelona si no es mediante esta medida excepcional y constitucional.

«Por tanto, lo que tenemos que hacer a medida que se levante el estado de alarma es reforzar, y no necesariamente tiene que haber cambios legislativos. Tendremos que hablarlo con las comunidades autónomas y reforzar el grado de cooperación», ha asegurado.

https://www.elmundo.es/espana/2020/05/31/5ed3b52cfc6c83e05e8b4620.html

Feijóo destaca un paquete extraordinario de medidas de conciliación para, cun investimento de 40 millóns de euros, atender ás necesidades que rexorden coa desescalada

As familias con nenos de ata 12 anos contarán cunha axuda de 500 euros ao mes e estará vixente mentres estean pechados os centros, podéndose aplicar con efectos retroactivos desde a declaración da emerxencia sanitaria

Avanza a reactivación dos campamentos de verán

O Bono coidado extraordinario para a dependencia contará cun investimento de 11 millóns de euros para a atención ás persoas maiores e con discapacidade que acudían a un centro de día ou ocupacional

As escolas infantís privadas poderán contar cunha liña de axudas extraordinaria cun orzamento de 6 millóns de euros e os centros de día privados dunha orde de axudas cunha achega de 4 millóns de euros

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, explicou hoxe na rolda de prensa do Consello un paquete extraordinario de medidas de conciliación para, cun investimento de 40 millóns de euros, atender ás necesidades que rexorden coa desescalada.

Feijóo explicou que se trata dun Bono coidado extraordinario para a infancia, para que aquelas familias nas que os proxenitores traballan poidan conciliar; dun Bono coidado extraordinario para aqueles maiores e dependentes que acudían a centros de día; da reactivación dos campamentos de verán a partir de mediados de xullo; e dunha orde de axudas para escolas infantís e centros de día, co obxectivo de facer fronte aos seus custes fixos durante a suspensión da actividade.

Subliñou que este paquete de medidas coincide coa decisión de que “as escolas infantís, os centros de día e ocupacionais da Comunidade non retomen a súa actividade ata o curso que vén”, dada a imposibilidade de garantir a distancia física necesaria. Unha decisión adoptada despois de escoitar á comunidade médica e aos representantes dos centros de día e das escolas infantís, tanto públicas como privadas, e ás entidades de discapacidade.

Ao longo da súa intervención, Feijóo resaltou que este paquete extraordinario conta con catro grupos de beneficiarios: as familias con nenos de ata 12 anos; os rapaces de entre 8 e 18 anos; as persoas maiores ou con discapacidade que eran usuarias dun centro de día ou ocupacional; e as empresas que xestionan escolas infantís, espazos infantís, ludotecas e centros de día privados.

Así, para as familias con nenos de ata 12 anos, Feijóo subliñou que o Bono coidado extraordinario para a infancia, dotado cun investimento total de 18 millóns, contará cunha axuda de 500 euros ao mes e estará vixente mentres estean pechados os centros, podéndose aplicar con efectos retroactivos desde a declaración da emerxencia sanitaria, o pasado 13 de marzo.

As condicións son que os proxenitores traballen fóra da casa, que os ingresos da familia non superen os 806 euros netos ao mes por membro e que os servizos de atención a domicilio se contratasen despois de declaración de emerxencia sanitaria.

O presidente da Xunta avanzou tamén a reactivación dos campamentos de verán. “Entendemos que a mediados de xullo poderemos abrir eses albergues cunha serie de medidas e protocolos para intentar tamén a conciliación durante as vacacións a esas familias que teñan fillos de entre 8 e 18 anos“, explicou.

Atención a dependentes

Para ás persoas maiores e con discapacidade que acudían a un centro de día ou ocupacional, Feijóo resaltou a posta á súa disposición dun Bono coidado extraordinario para a dependencia, cun investimento de 11 millóns de euros e dotado igualmente con 500 euros ao mes, para cubrir a atención que se contratase desde a declaración da emerxencia sanitaria ata que reabran os centros.

Así mesmo, e para aquelas persoas dependentes que necesiten de atención terapéutica, o titular da Xunta destacou a creación dunha liña de axudas específica dotada con 1 millón de euros, co obxectivo de colaborar no pagamento de sesións de terapias de estimulación e rehabilitación.

En relación ás empresas que atendían a todas estas familias no ámbito da infancia e das persoas maiores, Feijóo subliñou que as escolas infantís privadas poderán contar cunha liña de axudas extraordinaria cun orzamento de 6 millóns de euros, vinculada a que se acollesen á gratuidade para segundos fillos e sucesivos. Ademais, os centros de día privados accederán a unha orde de axudas para facer fronte aos seus custes fixos durante a suspensión da actividade, cunha achega de 4 millóns de euros.

O presidente da Xunta incidiu en que se trata “dun paquete extraordinario ante unha situación extraordinaria para unha conciliación familiar nun momento de extraordinaria dificultade” e será trasladado á Mesa de Diálogo Social para a súa análise e aprobación definitiva.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49297/feijoo-destaca-paquete-extraordinario-medidas-conciliacion-para-cun-investimento

A Xunta destina 8 M€ a apoiar a traballadores incluídos en ERTE e traballadores a partir de 55 anos afectados pola extinción do seu contrato

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta mañá coa mesa do diálogo social, na que tamén participan a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos CCOO e UGT

Esta iniciativa, que xorde do consenso e da cooperación, permitirá axudar a 9000 familias galegas

Destaca que o diálogo social é o único camiño posible para lograr entre todos a reactivación económica e do mercado laboral en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou hoxe de que a Xunta de Galicia vai destinar 8 millóns de euros a apoiar a traballadores incluídos en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, e a empregados a partir de 55 anos afectados pola extinción do seu contrato. Así o comunicou no novo encontro do diálogo social que mantivo con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e dos sindicatos CCOO e UGT.

A medida adoptouse nos Acordos do Diálogos Social asinados entre o presidente da Xunta e estes axentes. De feito, a contía final duplícase con respecto á prevista inicialmente co obxectivo de adaptarse ao actual contexto e frear o impacto da covid-19 na actividade empresarial e no emprego. Estas medidas comunicadas hoxe chegarán a 9000 familias: “Hoxe, máis que nunca, desde a Administración, os sindicatos e a patronal queremos estar coas persoas que se están vendo máis afectadas pola situación económica e laboral destes momentos”, explicou Conde.

Tal e como indicou o conselleiro, unha das liñas está destinada a Ertes por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción motivado pola covid-19. Contará cun orzamento de 6 M€ e as axudas están dirixidas a Ertes que afecten a un máximo de 300 traballadores por centro da empresa con apoios que teñen un dobre obxectivo: compensar a perda adquisitiva dos empregados e compensar á empresa os custos de formación. Por outra banda, destinaranse 2 M€ a axudas para persoas traballadoras con 55 ou máis anos de idade que estean afectadas por extinción de contratos por empresas en crise. Inclúe dous programas: un de financiamento das cotas a ingresar polo convenio especial que estea subscrito ou subscriban, e outro de pagamento único dirixido a compensar a diminución do importe da indemnización recoñecida.

Conde destacou que estas medidas xorden do consenso e da cooperación entre todas as partes e subliñou que o diálogo social é o único camiño posible para lograr entre todos a reactivación económica e do mercado laboral en Galicia.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49265/xunta-destina-8-apoiar-traballadores-incluidos-erte-traballadores-partir-55-anos

A Xunta Electoral Central aproba que os electores poidan votar por correo sen necesidade de saír da súa casa

O acordo atende a maior parte das demandas do Goberno galego recollidas no protocolo de medidas preventivas fronte á covid-19 deseñado para garantir a seguridade na xornada electoral do 12 de xullo

Permitirase a solicitude do voto por correo por vía telemática a través da páxina web de Correos e a posibilidade de que o elector entregue o voto no mesmo momento que recibe a documentación electoral no seu domicilio

A Xunta Electoral Central vén de comunicar á Xunta as medidas a adoptar na tramitación do voto por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 12 de xullo. O acordo recolle varias das demandas incluídas no protocolo do Goberno galego de medidas preventivas fronte o coronavirus deseñado para a xornada electoral, no que se insta a fomentar o voto por correo.

En canto á solicitude do voto por correo, a Xunta propón ás administracións competentes que se poida realizar por vía telemática mediante un sistema de acreditación que garanta a identidade do solicitante. A Xunta Electoral Central aceptou esta proposta aclarando que a petición de forma telemática se realizará a través da páxina web de Correos mediante firma electrónica.

Tamén se aceptou a proposta da Xunta respecto á posibilidade de establecer protocolos para facilitar o emprego deste sistema de votación mediante o desprazamento dos empregados públicos de Correos. Nesta liña, o acordo da Xunta Electoral central, recolle que no mesmo momento en que o persoal de Correos entrega a documentación electoral no domicilio do elector este, unha vez comprobada a súa identidade e recibidos os sobres electorais, ten a posibilidade de devolvelos xa cumprimentados. Nese caso, recibirá un xustificante que acredite que xa exerceu o seu dereito a voto.

A Xunta Electoral Central aclara que se trata dunha posibilidade opcional e extraordinaria de emisión de voto, sen prexuízo do dereito dos electores tanto a solicitar o voto nas oficinas de Correos de forma presencial como a non ter que entregar o voto no momento que se recibe a documentación, podendo facelo noutro momento dentro dos prazos establecidos nunha oficina de Correos.

Dáse así cumprimento ás demandas da Xunta para que a Xunta Electoral Central e o Ministerio do Interior adopten medidas que favorezan que os cidadáns poidan exercer o seu dereito de sufraxio activo sen acudir ao local electoral o día da votación.

O Goberno galego tamén propón no seu protocolo ampliar o prazo do voto por correo ata dous días antes das eleccións.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49272/xunta-electoral-central-aproba-que-electores-poidan-votar-por-correo-sen-necesidade

Culleredo solicitará el POS por decreto de Alcaldía

El Concello de Culleredo solicitará por decreto de Alcaldía los fondos del POS provincial -el plazo acaba mañana- y ratificará la petición después en un pleno la próxima semana, el primero desde el estado de alarma, al ya contar con un programa informático que avalan los técnicos. Los presupuestos no los llevará a pleno hasta que se levante la suspensión de plazos administrativos, en junio.

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2020/05/28/culleredo-solicitara-pos-decreto-alcaldia/1505441.html

A Xunta realiza unha nova entrega esta semana aos concellos da provincia da Coruña de 49.032 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19

Enviouse unha nova partida de 17.900 luvas, 29.750 máscaras e 1.070 traxes antisalpicaduras

O Goberno autonómico enviou tamén un novo reparto de 118.623 Epis a 204 residencias e entidades sociais da provincia da Coruña

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou dun novo reparto de material de protección realizado esta mesma semana. Por unha banda, retomáronse os envíos de Epis aos concellos e por outro realizouse, como todas as semanas, o noveno envío de material de protección ás residencias e entidades sociais da comarca de Santiago.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos da provincia. No caso concreto dos concellos da Coruña a a partida inclúe 29.750 máscaras, 17.900 luvas e 1.070 traxes antisalpicaduras. En total, enviouse aos concellos coruñeses 49.032 unidades de protección esta semana.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 204 residencias e entidades sociais dos concellos da provincia. En total, 118.623 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións coruñesas, 64.400 luvas, 52.383 máscaras e 1.840 traxes antisalpicaduras.

ConcelloLuvas totaisMasc Quir. TotaiTraxesPantallas Faciales
Ames30050065
Boimorto20025043
Melide20040043
Ordes20045054
Oroso20040043
Padrón20045054
Pino, O20025043
Rois20025043
Santa Comba20040043
Santiso20025043
Teo20045054
Toques10015043
Tordoia20025043
Vedra20035043
Arzúa20035043
Baña, A20025043
Boqueixón20025043
Brión20040043
Dodro20025043
Frades10025043
Negreira20040043
Touro20025043
Trazo20025043
Val do Dubra20025043
TOTAL4700770027577

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49236/xunta-realiza-unha-nova-entrega-esta-semana-aos-concellos-provincia-coruna-49

El Gobierno suprime las franjas horarias para los paseos con niños y para el deporte en la fase 2

La población gallega podrá salir a la calle a pasear más de una vez por día y sin limitación kilométrica

Las franjas horarias para los niños y las personas que practican deporte dejan de existir desde este mismo miércoles en todas las provincias que se encuentren en la fase 2. Así aparece reflejado en una orden recogida en el BOE de esta mañana, que además elimina las limitaciones en el número de veces que se pueden realizar estas actividades diariamente.

De esta forma quedan suprimidos los horarios que el Gobierno había establecido el pasado 25 de abril: los menores de 14 años podían salir desde las 12.00 horas hasta las 19.00 y las personas adultas podían pasear y hacer deporte de 06.00 a 10.00 y de 20.00 a 23.00.

La otra limitación es la que hace referencia a la distancia se podía recorrer con los hijos desde el domicilio, de máximo un kilómetro de distancia y que quedaría también suprimida. «No serán de aplicación a los desplazamientos de la población infantil y a la práctica de la actividad física no profesional las franjas y limitaciones respectivamente previstas en el segundo párrafo del artículo 2.1 de la Orden SND/370/2020, de 25 de abril, y en el artículo 2.4 de la Orden SND/380/2020, de 30 de abril», establece el Boletín Oficial del Estado.

Por el momento, solo se beneficiarán de esta suavización del estado de alarma Galicia, Asturias, seis provincias de Andalucía, Aragón, las Islas Baleares, las Islas Canarias, Cantabria, dos provincias de Castilla-La Mancha, tres territorios de Cataluña, Extremadura, Murcia (a excepción del municipio de Totana) País Vasco, La Rioja y las ciudades autónomas de Ceuta y Melilla.

Cuatro metros cuadrados por bañista

Por otro lado, el Gobierno central indica en el decreto que los ayuntamientos podrán establecer limitaciones de acceso a la playa, siempre de forma gratuita, como de aforo en los arenales a fin de asegurar que se respeta la distancia interpersonal de, al menos, dos metros entre bañistas. Además, a efectos de garantizar su disfrute por el mayor número posible de personas en condiciones de seguridad sanitaria, se podrán también establecer límites en los tiempos de permanencia en las mismas, así como en el acceso a los aparcamientos en aras a facilitar el control del aforo de las playas.

Para poder calcular el aforo máximos permitido en cada playa, el Ejecutivo estima que la superficie a ocupar por cada persona en la arena debe ser aproximadamente de cuatro metros cuadrados.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/05/27/gobierno-suprime-franjas-horarias-paseos-ninos-deporte-fase-2/00031590564041121881232.htm

A Xunta e as principais operadoras do sector colaboran na posta en marcha de sistemas para a detección e control da evolución da covid-19 nas augas residuais

O Goberno galego participa en tres proxectos de investigación coas universidades e seis empresas co obxectivo de detectar posibles rebrotes e controlar a evolución da pandemia

Tomaranse mostras nas depuradoras de Vigo, Ourense, Sanxenxo, Ribeira, Viveiro, A Coruña, Baiona, Nigrán e Cambados, que poderán ser ampliadas a máis

Estes estudos constituirán unha ferramenta valiosa e útil para facer seguimento da evolución da covid-19 e tamén para a detección temperá de posibles rebrotes

O presidente da Xunta recoñece o esforzo dos profesionais da auga que traballaron durante todo este tempo de emerxencia sanitaria para garantir a calidade deste ben básico e esencial

A Xunta e as principais operadoras do sector da auga en Galicia colaboran na posta en marcha de sistemas para a detección e control da evolución da covid-19 nas augas residuais.

Este foi un dos asuntos abordados na reunión que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá, por videoconferencia, cos representantes das entidades que prestan os servizos de auga en Galicia, na que tamén participou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Por unha banda, a través de Augas de Galicia, e en colaboración con cinco empresas do sector e coas universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, respectivamente, a Xunta está a traballar en dous proxectos de investigación en oito depuradoras, que poderán ser ampliables a máis, coa toma de mostras que permiten a detección e control da evolución da pandemia a través das augas residuais.

Un deses proxectos de investigación no que participa Augas de Galicia, a Universidade de Santiago e o hospital Álvaro Cunqueiro ten por obxecto estudar o impacto da covid-19 nas augas residuais e no medio receptor. Para iso tomaranse mostras en distintos puntos da rede dos sistemas de depuración de Vigo, Ourense, Sanxenxo, Ribeira e Viveiro, contando coa colaboración das empresas concesionarias. A análise desas mostras permitirá seguir a evolución epidemiolóxica e actuar como sistema de alerta temperá fronte ao virus.

O segundo dos programas de detección e modelización levarase a cabo entre Augas de Galicia, as empresas que prestan o servizo, a Universidade de Vigo e o CSIC en tres estacións depuradoras que son xestionadas directamente pola Xunta: as depuradoras de Baiona, Nigrán e Cambados. Neste caso, a toma de mostras centraranse, principalmente, no punto de vertido ao dominio público hidráulico.

A estes estudos hai que sumar un terceiro que se está a levar a cabo na depuradora da Coruña, na EDAR de Bens, no que colabora a Xunta a través do Complexo Hospitalario da Coruña e a Universidade herculina.

Estes estudos serán unha ferramenta moi valiosa e útil para facer seguimento da evolución da covid-19 e tamén para a detección temperá de posibles rebrotes.

Na xuntanza coas operadoras dos servizos da auga en Galicia, o titular do Goberno galego puxo en valor o labor dos profesionais da auga, especialmente, durante a emerxencia sanitaria pola covid-19.

Núñez Feijóo destacou a anticipación, a previsión e a planificación das empresas do sector para dotarse desde o primeiro momento de plans de continxencia que permitiron asegurar o seu funcionamento nestas circunstancias excepcionais. O sector adquiriu equipos de protección individual, acumulou remanentes de subministros e mesmo organizou quendas de traballadores especializados. Isto fixo posible que os profesionais e as infraestruturas hidráulicas seguisen traballando para garantir a calidade das augas mentres a poboación galega ficaba confinada na casa.

O presidente da Xunta lembrou que a auga é un ben básico para a vida e para a saúde e que a situación actual fixo valorar aínda máis a súa esencialidade. Así o entendeu desde o primeiro momento da pandemia o Goberno galego, quen defendeu ante o Executivo español a importancia de que os servizos da auga fosen declarados esenciais, algo que quedou recoñecido no Boletín Oficial do Estado do pasado 24 de marzo.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49164/xunta-principais-operadoras-sector-colaboran-posta-marcha-sistemas-para-deteccion